Diversidades lingüísticas
- Que é un pais plurilingüista ? Que no seu territorio fálanse varias linguas. Ej: O estado Español e a do resto da Unión Europea.
- Linguas oficiais: Son as que representan da maneira oficial e legal o Estado no que se falan.
- Linguas sen estado: Son as linguas propias de territorios.
- Linguas maioritarias: Son as que son utilizadas por moitos falantes.
- Linguas minoritarias: Son as que teñen un número reducido de falantes.
- Linguas hexemónicas: Son as que teñen un gran prestixio social porque hai un poder político-económico que as potencia.
- Linguas minorizadas: As que están nunha situación de inferioridade e non teñen recoñocemento oficial.
"Os Séculos Escuros e os precursores"
Desde o século XV ata o XVIII deixou de haber unha práctica literaria en galego.
. "A lingua galega: a resistencia"
Desde o século XV, coa derroa da nobreza, o galego quedou afastado dos centros de poder administrativo e eclesiástico, de maneira que o castelán foi ocupando o seu lugar como lingua de cultura. O galego aínda seguía a ser a lingua da maioría da poboación, quedou reducido aos usos orais, xa que se abandonou o seu uso na escritura.
Houbo dous factores que influíron neste proceso de castelanización: a imprenta que chegou a Galicia a finais do século XV, só usabase o castelán e o latín nas publicacións. O outro foi a Universidade, fundada en 1495 por Alonso de Fonseca, pero so se podía estudiar en latín ou en castelán.
Esta marxinación foi denunciada por primeira vez no século XVIII, por intelectuais da Ilustración. O Padre Feixoo e Martín Sarmiento.
Sarmiento reinvindicou a necesidade da escolarización en galego, e tamén que os forasteiros que viñesen exercer en Galicia a súa profesión, que tiveran que aprender a lingua.
. "Séculos Escuros: mostras literarias conservadas"
Aos longo dos Séculos Escuros, a práctica literaria galega foi escasa, aínda que se desenvolveu unha rica literatura oral.
Desta época é a primeira obra dramática en galego, data de 1671: o Entremés famoso sobre a pesca no río Miño, Gabriel Feixó de Araúxo, disputa entre galegos e protugueses, motivada pola pesca con redes nas aguas do río Miño.
Os textos literarios máis relevantes, atopámolos sobre todo a partir de 1833, ligados á aparición do provincialismo.