Alma mater “Nai nutricia”. Institución que vela polos cidadáns, que os alimenta , v.gr. a universidade, ou persoa relevante dentro de un grupo, que protexe ou coida dos demais.
Ad kalendas graecas “Para as calendas gregas”. Ou sexa, nunca.
Corpore insepulto “Corpo sen sepultar”. Dise do funeral que se celebra cando aínda non se enterrou o cadáver.
Condicio sine quae non “ Condición sen a cal non ... ”. Condición necesaria, indispensable.
Curriculum (vitae) “Carreira da vida”. Conxunto de méritos profesionais
Deo iuvante “Axudando Deus”. Coa axuda de Deus.
Deo volente “Se Deus quere”, “Deus mediante”
Exempli gratia “Pola gracia do exemplo”. Por exemplo. = verbi gratia
Ex libris (scientia) “A ciencia procede dos libros”. Marca ou anagrama nun libro que
indica, ademais da importancia dos libros, o posuidor do mesmo.
Ex professo “A propósito, voluntariamente”
Honoris causa (doctor) “Por causa de honor”. Cando a algún personaxe se lle outorga un honor que os demais conseguiron a forza de estudios ou traballo; usado sobre todo na concesión de doutorados universitarios.
Homo homini lupus “O home é un lobo para o home”.
Intelligentibus pauca “Para os intelixentes, poucas (palabras fan falta”.) Como di o
refrán: "a bo entendedor poucas palabras".
Habeas corpus “Teñas o corpo”. Dereito de todo cidadán detido ou preso de comparecer inmediatamente ante un xuíz ou tribunal, para que, oíndoo, resolva se o seu arresto é legal ou non.
In medio (stat) virtus “A virtude está no medio”. É dicir, igualmente afastada dos extremos.
In dubio, pro reo “En caso de dúbida, ó favor do acusado”. Principio xurídico.
Ipso facto “Polo feito mesmo”. Inmediatamente, no acto.
In extremis “No último momento”. Nalgún contexto pode asimilarse a in articulo mortis
Lapsus “Esvarón”. Erro ou esquecemento na dicción (linguae) ou na escritura (calami)
Lato sensu “en sentido lato”, “no amplo sentido da palabra ”. En oposición a strictu sensu
Mutatis mutandis “Cambiadas (as cousas) que deben ser cambiadas”. Salvando as
distancias...(o feito é o mesmo pero cambian as circunstancias,
tempo, lugares, etc..)
Motu proprio “Por propio movemento”. Voluntariamente, por propia iniciativa
Mens sana in corpore sano “Unha mente sa nun corpo san”.
Modus operandi “Modo de operar”. Maneira de traballar, de actuar.
Manu militari “Con man militar”. En momentos de guerra ou de estado de excepción confíanse á xustiza militar delictos que normalmente son xulgados por tribunais civís. Tamén pódese empregar no sentido de “con man dura”, “pola forza”, etc
Maremágnum “Mar grande”. Situación que supera a un, por tamaño ou complexidade; confusión, desorde.
Nasciturus “O que vai nacer”. Xuridicamente o ser humano meramente concibido mentres permanece no útero materno.
Numerus clausus “Número pechado” Número limitado de admisión de alumnos na universidade.
Peccata minuta “Pequenos pecados”. Cousas sen importancia nunha negociación
ou na actuación dunha persoa.
Per capita “Por cabeza”. É dicir, “por persoa”, como por exemplo a “renda per capita” dun país.
Requiescat in pace (R.I.P.) “Descanse en paz”. Inscrición habitual nas lápidas funerarias.
Sui generis “Do seu xénero, do seu tipo”. Especial, peculiar
Sine die “Sen día determinado, sen data fixa”. Dise dunha reunión aprazada ou dun xuízo para o que non hai posta data.
Si vis pacem, para bellum “Se queres a paz, prepara a guerra”
Superávit “o que sobrou”. Exceso do haber sobre o debe nun balance económico (os ingresos superan aos gastos).
Urbi et orbi “Para a cidade e para o mundo”, “Aos catro ventos”. Dise da bendición papal, que se estende ao mundo enteiro.
Ubi tu Caius, ego Caia “Onde ti sexas Caio, eu tamén serei Caia”. Fórmula coa que na antiga Roma a esposa se presentaba na casa do marido.
Ultimátum Ultima oportunidade a alguén para realizar unha acción, normalmente en contextos políticos ou bélicos.
Viceversa “Volta a vez”, ”cambiada a orde”. Ao revés.