A LINGUA GALEGA NA IDADE MEDIA.- o galego é unha destas novas linguas románicas de uso común entre a poboación, sen distinción de clases sociais, dun terriotio algo máis extenso ca atual Galicia. E unha lingua oral, pois para os usos escritos aínda se utiliza o latín. Pouco a pouco os textos en latín empezan a incluir as formas romances, ben para facilitar a comprensión ou ben porque o enetendemento do latín faise deficitario entre os escribáns, Entre finais do século XII e a principios do seculo XIII aparecen os primeiros textos escritos en romance galego tanto ao sur coma ao norte do río Miño. Galicia e novo reino de Portugal comparten a mesma lingua que, nos séculos seguinte e ata remate da Idade Media, será a lingua lírica por excelencia da Península Ibérica.
E importante ter en conta que, tanto política como culturamente, Galicia é na baixa Idade Media un territotio moi importante entre os reinos cristiáns: Santiago de Compostela é unha das tres cidades santas da cristiandade e atarae a moitos peregrinos; a sé compostelá será o lugar onde se coroen varios reis de Galicia e León e, aínda que Galicia deixou de ser un reino independente a principios do século XII, a nobreza galega conserva o seu poder e influencia.
Santiago é tamén un importante núcleo educativo e cultural e a elección do galego como lingua da nova expresión poética cortésimportada de Francia ten moito que ver co enorme prestixio ultural que na epoca tiña Galicia. Temos que pensar polo tnto nuncha situacion ben distianta a ctual e que o galego era a lingua de expresion normal para todos os estratos sociais en calquera circunstancia, vehículo de expresión dunha importante tradición literaria que se exporta alén das súas fronteiras lingüisticas e que e capaz de atarer a poetas extranxeiros que se suman a esta corrente.
Durante a Idade Media escribianse en galego textos de todo tipo, tanto de índole práctica como de índole literaria.
A finais da Idade Media pouco a pouco foise introducindo o uso do castelán nos documentos escritos, alternando co galego, pero desde mediados do século XV unha seria de circunstancias políticas acelera a subsitución do galego polo castelán como lingua escrita ao tempo que se vai introducindo unha nova clase dirixente vida de fóra que non coñece o galego. É o primeiro paso para a diglosia entre o galego e o castelán. O proceso culmina coa política uniformadora e centralizadora dos Reis Católicos.
seculo XIX o rexurdimento
O castelán era a lingua do mundo oficial, das clases altas e instruídas que habitaban maiormente nas cidades e nas vilas. Cómpre ter en conta que existiría unha porcentaxe de persoas bilingües con capacidade para desenvolverse total ou parcialmente na outra lingua (castelán ou galego) pero este bilingüismo sempre estaba condicionado polo contexto, clase social e hábitat. É dicir, o uso dunha ou outra lingua aparecía ligado ás relacións de poder que rexían a sociedade, de maneira que falar galego estaba valorado negativamente e falar castelán estaba valorado positivamente.
Con todo, como vimos no tema anterior, o galego chegou ao século XIX como a lingua maioritaria de Galicia, gozando dunha gran vitalidade a nivel popular. No contexto político, social e cultural da Europa desa época a cultura popular vai experimentar unha constante revalorización e en Galicia a lingua galega será pouco a pouco recuperada para o seu uso no ámbito público e nos usos cultos e formais, entre eles a literatura.
Os primeiros textos en galego deste século son narracións de intención propagandística: antinapoleónica, xurdidas no contexto da Guerra da Independencia. O carácter de “lingua do pobo” do galego é tamén aproveitado pragmaticamente nos “diálogos e coloquios” de tendencia liberal que foron moi populares nos anos 20 durante o Trienio Liberal e na restauración constitucional do 1936.
Nas décadas seguintes é frecuente que aparezan textos nos que se reflexione sobre a marxinación do galego no seu propio territorio e se argumente a favor da súa recuperación pública e rehabilitación na súa valoración social: así o fai Xoán Manuel Pintos en A gaita gallega (1853) e Rosalía de Castro no prólogo de Cantares gallegos (1863). O Rexurdimento reivindica o galego como lingua propia de Galicia e fai un esforzo importante por volverlle a dar o brillo e o prestixio necesario, a través da literatura, para que se convirta nun dos elementos simbólicos máis importantes da nación.
Cara a 1860 aparecen os primeiros dicionarios e gramáticas de lingua galega e a Historia de Galicia (1865-66)de Manuel Murguía adícalle un capítulo ao galego. Algunhas destas gramáticas do XIX, ademais do interese pola lingua, preséntansse a si mesmas como guías útiles para que os forasteiros que viñesen a Galicia solventasen os problemas de comprensión cunha poboación maioritariamente monolingüe en galego.
En definitiva, a lingua galega ocupa un lugar importante dentro das reivindicacións do galeguismo, como símbolo fundamental da identidade nacional. Paralelamente vaise consolidando como lingua literaria, primeiro poética e máis tarde na prosa narrativa e o teatro, aínda que os prólogos escritos por Rosalía de Castro para as súas obras en galego, Cantares gallegos e Follas novas son un magnífico exemplo de ensaio en galego. A literatura galega contemporánea estaba ao final do século XIX plenamente asentada e o seu cultivo será de gran importancia para a recuperación do prestixio perdido pola lingua galega ao longo dos Séculos Escuros.