No eido da poesía a primeira metade dos oitenta supón a consolidaión dfinitiva da renovación poética que comezará durante a década anterior, sobre todo a través da irrupción do panorama poético galego dunha nova fornada de voces novas que representan a Idade de Ouro de nos universo poético. Estes poetas coñecidos baixo a denominación de Xeración dos 80 presentan unha serie de cracterísticas comúns que os cohesionan como grupo, os volumes colectivos De amor e desamor I e De amor e desamor II, a súa colaboración en revistas como Dorna, Luzes de Galiza e a súa participación no Festival de Poesía do Condado. A producción poética destes novos poetas caracterízase polo afán culturalistae o decadentismo estético que producen un distanciamento entre o poeta e a sociedade. A súa producción supón unha síntese entre a modernidade e a tradición, ainde que sen esquecer a exploración de novos mundos e artificios poéticos. Na súas composicións mantéñens fieis á liña intimista, de expresión de sentimentos do eu poético. A linguaxe vai ser sometida a un proceso de experimentación en base a súa cocepción da linguaxe como arte, e non como a simple transmisora dunha mensaxe. Na década seguinte fai a súa aparición no panorama poético galego unha nova fornada de trobadores coñecidos como xeración dos 90. Este novo grupo vai iniciar un proceso de transformación da poesía profundo e positivo. Este cambio de situación na lírica galega débese fundamentalmente a que os poetas dos oitenta estan en plena madurez expresiva e de calidade. Aparecen tamén novas voces que fan unha aposta forte pola innovación e a exploración de novos nícleos temáticos pero tratando de harmonizar esta ruptura coa tradición poética anterior. Hai un abandono do culturalismo en favor dunha maior presenza das vivencias focalizadas a través dunha linguaxe directa. A palabra convértese na esencia do poema. Metricamente conviven a aposta polos metros clásicos, poetas como Miro Villar recuperan o soneto, co versolibrismo que ultivan moitos destes novos poetas, chegando en moitos casos case ao prosaísmo, co emprego de versos longos como é o caso de poetisas como Yolanda Castaño ou Emma Pedreira.