2-O S.XIX supón un enorme acance científico e tecnolóxico grazas ao desenvolvemento do espíritu ilustrado do século anterior,donde o ser humano sae da súa minoría de idade medieval e entra na madureza da razón,a ciencia e o progreso.A ilustración aparece como inseparable do espírito crítico(Hume,Kant) aludindo o lema kantiano:Atrévete a saber por ti mesmo.

En Nietzsche a herdanza da Ilustración despregase en relación cos dous primeiros períodos do seu pensamento:o período romántico e o ilustrado.O Romanticismo oponse contra o racionalismo ilustrado.Pero tamén cabe decir que o Romanticismo e unha consecuencia da autrocrítica da mesma ilustración moderna.

Nos dous períodos en Nietzsche son claramente visibles as ambiguas relación entre ilustración e romanticismo.En relación co seu período romántico é seducido pola música de seducido pola música de Wagner e a filosofía de Schopenhauer.O seu pensamento reivindica a vida libre sen domesticar fronte á niveladora construción da realidade que o utilitarismo positivista burgués planifica. Tamén detesta do orde burgués a súa conformista e confortable felicidade,criticando esta actitude dunha maneira constante de toda a súa obra. A condición tráxica e abismática da vida expona na súa primeira obra O nacemento da traxedia.Nietzsche considera a arte como o medio de penetrar na realidade ,no dondo nocturno da existencia(o dionisíaco),contraposto á luminosidade do apolíneo.O predominio de Apolo(arte escultura,soño,consciencia) sobre Dionisos(arte da música,éxtase,inconsciente)marca a decadencia da cultura grega e occidental.Entón Dionisio,o deus da noite, e o artista son as figuras da actitude auténtica ante a vida.
No período positivista ou ilustrado o centro de gracidade desprázase da arte á ciencia.Prodúcese unha ruptura co período anterior e tamén rompe con Wagner e Shopenhauer.Inspírase en Voltaire e nos ilustrados franceses adopta unha postura positivista e científica.Rexeita a metafísica,a relixión e a arte.A figura é ahora o home libre.A fortaleza é aceptar as cousas tal e como son.
Nietzsche non herda da ilustración o seu positivismo científico senón a súa negatividade crítica,realizando de xeito radical o lema kantiano de atreverse a pensar.Por iso someteu os valores da tradición ilustrada a unha crítica radical que se despregará tras do período ilustrado nos conceptos fundamentais do seu pensamento,a morte de deus,a vontade de poder;o superhome e o eterno retorno.