COMPARATIVOSCA e COMA: obrigatorias se o 2º termo da comparación é pronome persoal. CA tamén obrigatorio se o 2º termo da comparación é:Unha subordinada condicional (se), temporal (cando) e relativ (qen). COMO e DO QUE obrigatorios se o 2º termo da comparación é verbo.QUE pode usarse nos casos en que é recomendable (non obrigatorio) CAIMPORTANTECA pode ou non contraer co artigo mellor CA A túa amigo. CA nunca contrae: con preposicións con contraccións xa feitas: é mellor ir a Tui CA O Porriño.Uso do Artigo con PosesivosÉ obrigatorio o uso de artigo ante adxectivo posesivoExcepcións: Fórmula de Tratamento: Fálalles Súa Excelencia o Embaixador.-Vocativos: Meu pequeño, onde vas?. -Exclamacións: Meu Deus!, como fixeches isto?. Cando vai precedido de demostrativo: Este meu coche é do mellor que hai. -En enunciados distributivos: Foron collendo cada un súa folla (pode aparecer con artigo “foron collendo cada un a súa folla” pero resulta redundante). Con nomes de parentesco próximo:Normalmente sen artigo: Nai – pai – avós – tíos – sogros Frecuente o uso do artigo: neto – sobriño – xenro – nora – fillo.Valores dos Posesivos:-Relación de familiaridade e afecto: O noso Xoán… -Os de 3ª persoa acompañados de numerais poden indicar cantidade aproximada ou ponderación; xa ten os seus 20 anos. -Indical unha acción habitual: xa volveron ao seu -Valor ou pertenza á familia: Os meus, os teus… -Bastante, boa cantidade: Xa traballaches o teu. -Algo propio ou natural de alguén: O meu é ler libros policíacos. -O que se adoita facer ou dicir: falcatruadas, trasnadas, tarefas: xa anda a facer das súas / xa che pasei as miñas. -O que lle corresponde: Traballa ti que eu xa fixen o meu. -Posesivo de propiedade exclusiva (De meu, de noso, de teu, de voso, de seu): teño casa de meu Posesivo con sentido Distributivo, algo para cada un (Cadanseu, súa, seus, súas): Colleron cadanseus cartos. Neste caso o posesivo distributivo sempre vai ao lado da cousa posuída, nunca co pusuidor. (*Cadanseus colleron os cartos).



Perifrasis:-temporais: futuridade, inmediatez.*ir + infinitivo: movemento, futuro. *haber (de) + infinitivo: futuro..*estar a/para + infinitivo: futuro inmediato. *andar para + infinitivo: futuro inmediato..- modais: obriga ou hipótese/probabilidade.*haber (de) + infinitivo: hipótese.en pretérito : acción a piques de se realizar(ou imperfectiva). tropezou e houbo caer.*haber que + infinitivo: obriga. *ter que/de + infinitivo: obriga. *deber (de) + infinitivo: obriga ou hipótese. *poder + infinitivo: hipótese.3.- aspectuais (os tempos non expresan o aspecto):a) imperfectivas: acción na súa duración, desenvolvéndose.*estar + xerundio (=a+inf). andar + xerundio (=a+inf): movemento continuado, prolongado. .*levar + xerundio (=a+inf): incide sobre o inicio. .*seguir + xerundio (=a+inf): continúa un proceso anterior..*ir + xerundio: progresivo. r.*vir + xerundio: segue o anterior. b) perfectivas: acción acabada, proceso concluído.*acabar de + infinitivo. cando acabedes de charlar, poñédevos a estudar.*. vir de + infinitivo: fin dun movemento.*deixar de + infinitivo.*dar + participio en interrogativas e negativas: non se consegue rematar o proceso iniciado.*levar + participio: matiz reiterativo. *ter + participio: matiz reiterativo: non substitúe perfectamente o pretérito perfecto castelán. c)terminativas (fin dun proceso):*chegar a + infinitivo.*acabar por + infinitivo. *vir a + infinitivo d) reiterativas: acción que se repite.*volver (a) + infinitivo. se volves (a) tusir, estragarás o concerto. e) incoativas: proceso no seu inicio.*botarse a + infinitivo. *poñerse/pórse a + infi*romper a + infinitivo.*dar en + infinitivo. *empezar a + infinitivo. *comezar a + infinitivo. f) pasivas:*ser + participio. por fin, xa foron explicadas as máis importantes, que non todas.





Semantica;1.- A sinonimia: un significado ten varios significantes. Os sinónimos perfectos son moi escasos, sempre hai matices de uso, afectivos, etc.2.- A antonimia: oposición de significados.2.1.- Complementarios ou privativos: exclúense un ao outro, non admiten graduación, comparación.2.2.- Antónimos graduais: non se exclúen totalmente, hai graos intermedios.2.3.- Inversos ou recíprocos: son dous aspectos dunha mesma relación ou concepto, a presenza dun supón a existencia do outro.Pola súa formación poden ser léxicos (palabras diferentes) ou gramaticais (mediante prefixos).3.- A polisemia: un significante ten varios significados. É beneficiosa para a lingua xa que reduce o número de palabras para memorizar.4.- A homonimia: sincronicamente é un significante con varios significados, mais diacronicamente son tamén diferentes significantes.Homófonos (non homógrafos): pronúncianse igual pero escríbense de xeito diferente.Homógrafos (non homófonos): escríbense igual pero pronúncianse de xeito diferente. 5.- As relacións de inclusión ou xerarquía:5.1.- Hiponimia: é a relación de significado entre un termo máis específico (subordinado) e outro máis xeral:can-animal, caravel-flor, león-mamífero (hipónimo-hiperónimo)5.2.- Hiperonimia: é a relación de significado entre un termo máis xeral e outro máis específico.5.3.- Cohiponimia: é a relación entre hipónimos dun mesmo hiperónimo.