3.Desigual evolución da agricultura en España.A pesares das medidas establecidas polos gobernos liberais, permaneceron vixentes os vellos sistemas de explotación agropecuaria.Esta falta de renovación impediu que se esaxerasenn os excedentes precisos para obter capitais cos que potenciar o desenvolvemento industrial. As desiguais condicións naturais e sociais deron lugar a unha evolución desigual da agricultura en España, na que se poden diferenciar zonas que se espacializaron en cultivos con saída ó mercado internacional(Cataluña,Levante,o cantábrico) e zonas que permaneceron estancadas(a maioría de Galicia).O mantemento do campesiñado arrendatario no norte e o incremento dos xornaleiros no sur, xeraron a aparición dunha conflitividade agraria..4.A diversidade rexional na industria.O desenvolvemento industrial en España presenta fortes desequilibrios rexionais..Cataluña foi a principal industrial.O seu desenvolvemento estivo fortemente ligado ó sector téxtil coa introdución do algodón, a mecanización do seu fiado e tecido, o reinvestimento constante dos capitais e o emprego das máquinas de vapor. O seu crecemento estivo favorecido polo proteccionismo do mercado interior. Desenvolvéronse tamén a metalurxia, xunto coa química, a industria papeleira e editorial, así como a transformación de produtos agrarios.Andalucía intentou crear unha siderurxia propia que fracasou polos elevados custos de produción e a competencia das instalacións do norte e dos produtos estranxeiros. A riqueza das industrias extractivas andaluzas e murcianas non xerou a riqueza desexable na zona, xa que foron explotadas mediante concesións a capital estranxeiro. En canto á industria téxtil, sobreviviu algún sector especializado e a seda pasou a concentrarse en Cataluña.En Asturias e o País Vasco o  sector clave na industrialización foi a siderurxia.En Asturias baseouse a explotación masiva do carbón con numerosas dificultades derivadas da calidade do mineral (escasa) e do tipo de minas (soterradas). Para defender o sector aplicouse unha política proteccionista que facilitou o seu crecemento.No País Vasco, a industrialización xirou arredor da explotación do mineral de ferro, moi abundante e de calidade. A exportación de ferro xerou importantes capitais e isto, unido á importación de carbón barato británico, permitiu crear a partir das décadas finais do S. XIX na ría de Bilbao o maior foco siderúrxico español e onde se instalaron as maiores empresas do sector (encabezadas por Altos Hornos de Vizcaya, capaz de producir máis do 50 % do ferro en España). Contou tamén o País Vasco cunha potente industria química e metalúrxica de transformación, coa fabricación de todo tipo de máquinas e motores.Galicia: os sectores artesanais tradicionais arruináronse pola competencia doutras zonas. O liño non resistiu a competencia do algodón. A salgadura de pesca deu lugar a unha importante industria conserveira de peixe, de rápido crecemento a finais do século XIX e que arrastrou a outros sectores. A potenciación do sector partiu da renovación das técnicas de Pasteur e Appert (conservación hermética dos alimentos e a súa esterilización). As conserveiras xiraban arredor da sardiña, que se convertía así na clave de todo o proceso. Xunto ás conservas, cómpre destacar a construción naval e o desenvolvemento, a partir de 1900, da produción hidroeléctrica aproveitando a abundancia de cursos de auga. As necesidades bélicas da Primeira Guerra Mundial permitiron unha explotación extraordinaria do volframio.