-Obra
Cantares Gallegos: O libro publícase na primavera de 1863 e está dedicado a Manuel Murguía e fechado có 17 de maio, o cumpleanos do literato. Foi impreso en Vigo por Juan Compañero. Conterá 32 poemas na primeira edición, 36 na segunda (coordinada por Rosalía) e 38 na terceira (coordinada por Manuel Murguía).
No prólogo, fálase do obxectivo do libro. É un intento de defensa ante o ataque secular a Galiza. Ten unha motivación patriótica e de exaltación da belleza do país, dos galegos e da propia paisaxe.
O poemario triunfará pola súa calidade literaria. Ten unha gran musicalidad e ritmo. Ten tamén un forte sentimento galego que conmoverá á xente e gustará. Rosalía creará escola e vinculará o seu nome a Galiza.
O libro está baseado no folclore galego, como así indica o seu título, xa que a fonte de inspiración (literaria e lingüisticamente) dos poemas son diversos cantares populares cos que ela crea a súa obra. Hai así unha fusión entre literatura culta e popular.
Hai un diálogo entre o 1º e o último poema. No primeiro, aparece a voz dunha nena a que se lle pide que cante a Galiza. No último poema volve aparecer a voz da nena para dicir que cumpriu a súa promesa e que cantou a Galiza como soubo facer.
Entre ambos poemas desenrólase o libro. Aparecen unha serie de poemas cun gran peso popular e plásmanse as ideas do prólogo neles. Falarase do amor (en abundancia), de supersticións, de festas, …
O libro contén algúns poemas políticos e ideolóxicos que impiden que o libro se clasifique coma un poemario folclórico, algo que estaba de voga naquela época. Dous destes poemas son Adiós ríos, adiós fontes e A gaita gallega, que trataban a emigración galega. Tamén hai outro par de poemas de temática intimista nos que se fala de Rosalía.
Rosalía puido inspirarse en diversos textos para desenrolar o seu libro, pois a poesía folclórica era recorrente na época.
Follas Novas: Libro publicado en 1880, 17 anos despois de Cantares, pero foi escrito durante a etapa na que viaxou por España con Murguía. O 1880 será un ano importante pola publicación deste libro, que acompaña a Aires da miña terra e a dous libros máis, un deles será unha novela.
O libro editouse na Habana e foi costeado polos emigrantes galegos en Cuba. O editor foi Alejandro Chao, un vigués amigo de Rosalía e Murguía e de Juan Compañero.
O poemario é moito máis extenso ca Cantares e estrutúrase en 5 libros con título. Estes libros son: Vaguedás, ¡Do íntimo!, Varia, Da terra e As viudas dos vivos e os mortos. As dúas primeiras partes teñen unha temática intimista, as dúas últimas presentan unha temática máis social e a terceira é unha mestura de ambas. É, polo tanto, unha poesía totalmente diferente da do seu primeiro libro.
En Varia atopamos algúns poemas semellares ós de Cantares, pero non son iguais, xa que é unha literatura máis radical.
Nas dúas
primeiras partes e nalgúns poemas da terceira aparece unha poesía tremendamente
intimista. Rosalía retrátase como unha persoa agobiada e moi sensible,