A poesía de vangarda.
O nacemento do século XX supón para Galicia un cambio importante no eido literario. Prodúcese un movemento xeneralizado de modernización na nosa literatura a todos os niveis. A poesía non foi allea a este proceso. Así, a comezos do século prodúcense no ámbito poético, coa coñecida xeración do 25, os primeiros intentos de achegamento aos movementos de vangarda europeos e a superación da poesía feita no Rexurdimento. É o momento de publicación de revistas (Yunque, Alfar…), nas que se presentan as ideas vangardistas, e de obras de clara influencia surrealista ou creacionista. Tamén sae do prelo o primeiro manifesto poético galego, o manifesto Máis alá!
O movemento vangardista galego non é tan rupturista como o europeo xa que a realidade do galeguismo non aconsellaba tal posicionamento. Dentro do movemento vangardista galego podemos distinguir varias tendencias ou correntes. A vangarda plena, representada polo creacionismo de Manuel Antonio (sería a verdadeira vangarda galega), o ultraísmo de Euxenio Montes e o surrealismo de Cunqueiro; a vangarda matizada, representada polo movemento hilozoísta de Amado Carballo; e a vangarda creacionista, representada polo neotrobadorísmo de Bouza Brey e Cunqueiro. A popularización dos cancioneiros medievais supuxo para as novas voces poéticas o achegamento á nosa lírica medieval. Os poetas recuperan características da poesía medieval e trasládana a poemas actuais. É o caso de Bouza Brey e do seu poemario Nao senlleira. Outro xeito de adoptar a lírica medieval é a recreación do medievo en poemas que reproducen as formas e os estilos destas composicións. Segue esta tendencia Alvaro Cunqueiro con obras como Cantlga nova que se chama ribeira ou Dona do corpo delgado.
A presenza da natureza e a sensualidade vai ser unha das constantes do hllozoísmo. Este ismo ten o seu máximo representante no poeta pontevedrés Amado Carballo. En Proel e o galo atopamos a sucesión de imaxes como cerna do poema, a natureza humanizada e a presenza de rimas e metros tradicionais.
O movemento máis rupturista nos ismos galegos foi o creacionismo. Este movemento ten como único representante a ManuelAntonio. O poemario máis importante dentro dasúa produción é De catro a catro. 0poeta de Rianxo introduce na poesía galega léxico mariñeiro que ata ese momento estivera á marxe da lírica, constrúe os seus poemas a partir da sucesión de imaxes e converte o mar noseu mundo poético, un marestático epoetizado a travésdasúa imaxe interior. Malia sero poeta máis rupturísta, a súa poesía está chea de sentimentos e non chega a conseguir que osseus poemas sexan realidades completamente autónomas, tal e como se recolie nos príncipios do vangardismo europeo.
O derradeiro movemento europeo que ten a súa pegada no vangardismo galego é o surrealismo, da man do poeta mindoniense Alvaro Cunqueiro. No seu Poemas do si e do non reproduce inocen- temente o automatismo deste movemento.
Non se pode pechar o vangardismo sen facer mención ao poeta lugués Luís Pimentel, quen a través do seu mundo poético interíor trata o tema da morte coa sensibiiidade especial de quen se enfronta con ela acotío. Osseuspoemas aparecen recollidos no poemarío Sombra do alre na herba.