1. Atraso e desenvolvemento económico
O proceso industrial español presenta as seguintes características:
· Predominio das actividades relacionadas co sector primario.
· Protección arancelaria para defender da competencia internacional os produtos propios.
· Dependencia do exterior.
· Forte desequilibrio territorial e rexional, con zonas atrasadas e focos desenvolvidos.
Segundo o capitalismo, o Estado non debía intervir nas actividades económicas. A liberdade económica debía ser absoluta e basearse no libre xogo da oferta e da demanda. A man de obra considerábase unha mercadoría máis.
O capital considerábase o factor clave da produción. O seu propietario debía empregalo para obter beneficios continuos mediante o seu constante reinvestimento.
- Bases xurídicas da economía da España liberal.
A lexislación económica do Antigo Réxime foi modificada para facilitar a liberdade económica e o desenvolvemento capitalista.
A liberdade de mercado, no caso do mercado exterior, as opinións oscilaban entre a defensa do librecambismo e do proteccionismo. A lexislación arancelaria foi proteccionista. Esta protección arancelaria atrasou o crecemento, a industrialización e a modernización.

-Dificultades e limitacións do desenvolvemento.

O desenvolvemento económico da España liberal estivo marcado por numerosas dificultades:
· Obstáculos físicos e naturais: dificultan a explotación dos recursos existentes.
· Escasas transformacións nos sistemas agrarios. Mantemento dunha agricultura tradicional que empregaba grandes cantidades de man de obra con sistemas de cultivo de baixa produtividade.
· Reducida capacidade de consumo do mercado interior: os baixos ingresos dos campesiños e dos obreiros limitaban a súa capacidade de compra.
· Falta de competitividade dos produtos españois.
· Despreocupación polas innovacións tecnolóxicas e educativas.
· Escaseza de capitais e preferencia por investimentos inmobiliarios ou especuladores: os capitalistas españois realizaron escasos investimentos produtivos, de modo que os capitais estranxeiros dominaron as principais actividades produtoras e rendibles do país.
· Mentalidade tradicional dos empresarios e políticos: os primeiros procurando asegurar os seus beneficios mediante a sobreexplotación dos traballadores e os segundos garantíndolles o seu apoio legal.
· Escaso espírito de empresa.