-XERACION DOS 50 OU DAS FESTAS MINERVAIS (tema 5).
Nacidos entre 1930 y 1940, non coñeceron a Guerra Civil. Teñen como referentes a Editorial Galaxia e Celso Emilio Ferreiro como autor prestixioso. Levan a cabo unha ruptura coa tradición literaria galega. :
-Restauración das Festas Minervais Compostelás / -Colaboración no diario La Noche / -Creación da colección literaria "Illa Nova" / -Fundación da Editorial e do Grupo "Brais Pinto" / -Aparición do nacionalismo revolucionario / -Fundan a Escola da Tebra: Constitúe unha adaptación do surrealismo ó espazo cultural da lingua galega.
-MANUEL MARÍA: "Muiñeiro de brétemas", "Morrendo a cada intre", "Terra Chá". UXÍO NOVONEYRA: "Os eidos", "Os eidos. Libro do Courel".
-XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN:
"Voce na néboa" / "Con pólvora e magnolias": Obra que contribúe a renovar o ambiente da poesía galega contemporánea. É unha das que da paso a unha nova etapa na historia da Literatura Galega. Temas: a nostalxia, o amor, relacionado co paso do tempo e co tema da morte. Destaca pola combinación de fórmulas estéticas vangardistas e polo simbolismo. "O fin dun canto", "Erótica" e "Estirpe".
TEMA 9: A LITERATURA NO EXILIO ENTRE 1936 E 1976
o centro da actividade trasladouse a México e Bos Aires. Nesta última cidade os exiliados entraron en contacto con outros que emigraron antes das sublevación militar e comezaron a impulsar revistas, libros e reimpresións. Destacar o traballo de Castelao que se converteu en guieiro da liberdade de Galicia, destes anos son “Os vellos non deben namorarse”, “Sempre en Galiza” e “As cruces de pedra na Galiza”.
1.-POESÍA
Os seus autores pertencen a xeración do 36
- EMILIO PITA: A súa primeira publicación no exilio “Jacobusland”. Mais tarde “Cantigas de nenos”, “Os relembros. As cantigas” e “O ronsel verdegal”. Na súa poesía alíanse musicalidade e elementos naturais con reiteracións no vocabulario.
- LUIS SEOANE: Fundou con Isaac Díaz Pardo o Laboratorio de Formas de Galicia. A súa obra iniciase con “Fardel de exiliado” epopea anónima da emigración galega. Posteriormente publica “Na brétema, Sant-Iago”, “As cicatrices” e “A maior abondamento”
- LORENZO VARELA: Redactor na revista Romance e mais tarde da revista Taller. Publica “Catro poemas para catro gravados” coñecida co título “María Pita e tres retratos medievais”.”Lonxe” a súa mellor obra, trátase dun libro dominado pola angustia do desterro , tinguido pola saudade , nunha visión case onírica do afastamento de Galicia.
2.- NARRATIVA
- RAMÓN VALENZUELA OTERO: “O naranxo“, ”Non gardei por ninguén”novela que desenvólvese nos anos da guerra civil e “Era tempo de apandar” que mantén a temática da anterior.
- SILVIO SANTIAGO: “Vilardevós” con intención crítica social, na cal exalta o popular e “O silencio redimido” novela autobiográfica na que relata a época da súa condena.
3.-TEATRO
- MANUEL VARELA BUXÁN: A súa primeira obra “Se o sei... non volvo á casa” tivo gran éxito. Mais tarde escribiu “Pola nosa culpa”, “Taberna sen dono”, ”O ferreiro de Satán e Taberna sen dono” e “O cego de Fornelos e outras comedias curtas, diálogos e monólogos”. O seu teatro é un teatro popular, de liña cómica e sentimental con ambientación no mundo rural.
TEMA 10: A POESÍA DE FINS DO XX E COMEZOS DO XXI
A partir de mediados dos 70 asistimos a unha apertura sen precedentes na historia das nosas letras canto á diversidade de temática, cunha eclosión de voces e tendencias que se vai prolongar ata comezos do XXI.
Características:
- Reflexión sobre a propia linguaxe poética.
- Apertura temática, primeiro con actitude cosmopolita e logo regreso a temáticas sociais.
- Movemento en canto a presenza do “eu” poético.
- Incorporación de elementos procedentes das artes musicais e plásticas.
- Presenza de mulleres escritoras.
Este período pódese analizar en tres movementos:
1.- PRIMEIRA FASE: Revisión do canon poético socialrealista e inicio do cambio de rumbo. A partir dos anos 80, abandono da poesía comprometida e búscase novas pautas estéticas. Dúas obras que marcan este cambio: “Con pólvora e magnolias” de Xosé Luís Méndez Ferrín e “Herba aquí e acolá” de Álvaro Cunqueiro.
2.-APROMOCIÓN DOS 80: Grupo de autores que participan en revistas de expresión poética, en premios literarios ou colaboran en volumes colectivos. Características comúns:
- Formalismo: rexistro culto, preocupación pola forma...
- Establecemento do “eu” poético.
- Apertura temática: desacougo vital, problemática social e política...
- Aceptación do exemplo de Méndez Ferrín de “Con pólvora e magnolias” e de Álvaro Cunqueiro con “Herba aquí e acolá”
Principais tendencias e autores:
- Estética formalista ou culturalista:
- XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ CÁCCAMO: “O lume branco”
- XESÚS MANUEL LÓPEZ VALCÁRCEL: “En voz baixa”
- CLAUDIO RODRIGUEZ FER: “Vulva”
- RAMIRO FONTE: “Adeus Norte”
- MIGUEL ANXO FERNÁN-VELLO: “Trópico de lúas”
- MANUEL FORCADELA: “O regreso das ninfas”
- ROMÁN RAÑA
- A poesía da experiencia: linguaxe fluída , experiencias intimas e cotiás...
- MANUEL RIVAS: “Costa da Morte blues”
- CESÁREO SÁNCHEZ IGLESIAS: “Mar do fin da terra”
- O experimentalismo:
- VICENTE ARAGUAS: “Xuvia”
- VICTOR VAQUEIRO: “Traxectorias”
- A recuperación da voz feminina:
- PILAR PALLARÉS
- XELA ARIAS: “Darío a diario”
- ANA ROMANÍ: ”Palabra de mar”
3.- A DECADA DOS 90 E OS INICIOS DO XXI: Características comúns:
- Presenza de voces femininas.
- Agrúpanse en colectivos poéticos.
- Procura de novos formatos para a difusión da poesía.
- Novas coleccións de comunicación poética e aumentan os certames literarios.
- Preocupación pola linguaxe.
- Ó carón dos temas clásicos deixarán ver o seu compromiso social e lingüístico en temas de actualidade.
Poetas e tendencias:
- Poesía de transición
- GONZALO NAVAZA: “A torre da derrotA”
- MIRO VILLAR
- Poesía provocadora e contestataria:
- MARÍA XOSÉ QUEIZÁN: “Elas”
- YOLANDA CASTAÑO: “O libro da egoísta”
- OLGA NOVO: “A teta o sol”
- CHUS PATO
- Poesía do íntimo e o cotián: