A preocupacion antropoloxica: A condicion natural do ser humano: o pensamento de Marx orixínase a partir dunha actitude crítica cunha realidade asentada nun sistema económico, político e social. / A reflexión teorica nesta primeira etapa da revolución da sua filosofía supón un enfontamento coa filosofía idealista en xeral, e a de Hegel en particular. Marx considera que Hegel esqueceu o home real, concreto, para especular sobre unha abstracción que pouco ten que ver co real existente. / Para Hegel, cada momento presente supón a superación dialéctica do momento anterior. Marx admite esta lóxica dialéctica, pero dende unha concepción materialista da historia. O motor dos cambios na historia é o ser humano, polo que debe partirse dunha análise concreta do que o home é, das súas condicións materiais de existencia. / Para Marx, o home real é un ser con necesidades, sendo as primarias aquelas que se refiren á sua propia supervivencia (alimentarse). Descóbrese entón como suxeito fronte ao obxecto que é a natureza. /A actividade encamiñada a solucionar as suas necesidades usando e transformando o que hai é o traballo ou actividade produtiva. E esta actividade é a primeira e mais importante, ainda que non a única. Para entender o que o home é, deberán analizarse as condicions nas que se desenvolve a sua actividade esencial: o traballo. // A natureza social do home: a condición natural do ser humano é a vez unha condición social. Da súa condición de ser pasivo con necesidades xorde necesariamente o seu ser comunitario. Non existe o home só, illado na natureza, nace entre outros seres humanos e relaciónase con eles. / A presenza doutros individuos no mesmo contexto natural impón analizar as relacions sociais que se establecen entre eles. Isto significa que coñecer ao home supón ter que coñecer a sociedade na que se desenvolve. / Pode dicirse que o que determina o ser do home en cada momento histórico provén de analizar como se realiza esta dobre relación: a actividade produtiva que relaciona o home coa natureza a través do traballo; e a que explica como se relaciona cos outros homes. / A historia demostra que tanto a producion dos medios de subsistencia coma as relacions sociais nas que se leva a cabo a producion foron diferentes nos distintos grupos humanos e foron cambiando a través do tempo. Na nosa sociedade capitalista, o home é un ser económico. / Para Marx, a filosofía idealista sancionou os fundamentos da economía capitalista ao aceptar de maneira compracente esa concepción positivista do home, por iso, acúsaa de ser ideoloxia ou falsa conciencia, é un conxunto de ideas e xuízos de valor que teñen os individuos sobre asuntos filosóficos, sociais ou politicos // Diagnostico para unha epoca: o home alineado: Cando Marx denuncia a filosofía idealista de Hegel, faino porque as suas especulacions quedan na simple teoría. Ocúpanse de comprender o sucedido na historia e de sitúalo nunha lóxica que se presenta como necesaria e racional. / Marx condena esa pasiva autocompracencia idealista insensible co home real existente. O filosofo non pode nin debe permanecer pasivo. / Trátase de transformar o mundo porque a realidade presente é inxusta. Marx non pode estar de acordo, xa que non é racional que as condicións de vida da maior parte dos homes supoñan un estrañamento da sua propia natureza humana. / A sociedade burguesa capitalista aliena ao traballador, o trata como un obxecto mais. Marx propugna a acción revolucionaria para acabar coa alienación do ser humano. / A alienación que sofre o home é o resultado da confluencia de: 1)Unha filosofía cómplice coa inxustiza: alienación filosófica. 2)Unha metafísica relixiosa posta ao servizo do poder: alineación relixiosa. 3)Unha instrumentalización interesada das leis e da política: alineación xuridico-politica. 4)Un sistema económico que sanciona a desigualdade humana: alineación socio-economica. / De todas as alineacions que sofre o ser humano, a mais determinante é a socioeconómica que produce o capitalismo. O traballador asalariado perde a súa esencia humana porque: a sua actividade é considerada unha mercadoría máis propiedade do capitalista; o que produce empobréceo máis e enriquece ao empresario; a sua forma de traballar deixa de ser creativa para ser deshumanizadora e escravizante; e convértese nun ser absolutamente dependente do seu traballo. / Contra todo iso Marx proponse unir teoría e a práctica para construir verdadeiramente un mundo racional, é o sentido do seu pensamento. Ese é o obxectivo do materialismo histórico. /// O materialismo histórico: composición e dinamismo das formacions económicos-sociais: Marx parte da idea de que as sociedades humanas atravesaron ao longo da historia por diferentes estados de desenvolvemento. Denomina formacion economico-social a cada sociedade concreta nun momento determinado do seu desenvolvemento. / a)Composicion da sociedade: esta composta de dous elementos: 1)A estrutura economica ou modo de producion é a sintese resultante da relacion entre as forzas produtivas da sociedade e as relacions de producion. As forzas produtivas son elementos humanos ou materiais que interveñen no proceso da producion, sendo o mais importante o traballador. As relacions de producion son as condicions economicas que establecen os homes no proceso de producion e son diferentes dunha epoca a outra. 2)A superestrutura ideoloxica componse do resto de elementos non economicos que se dan en calquera formacion social que se concretan en ideas e institucions. Toda a superestrutura ideoloxica conforma a conciencia social. /



 b)Dinamismo da sociedade: as relacions de producion tenden a ser estaticas, mentres que as forzas produtivas son dinamicas, polo que as relacions de producion, de formas de desenvolvemento das forzas produtivas, acabaran convertendose en obstaculos para estas. Esta é a explicacion do cambio social: cando esta situacion se produce é necesaria unha revolucion social. // A dialectica da historia: as clases sociais. Marx concibe la historia como un escenario dinamico no que o devir da realidade sucede de forma dialectica. Constatou a existencia de catro etapas de desenvolvemento na formacion economica da sociedade o que lle interesa é o modo de producion burgues capitalista. A analise dialectica do real percibese na propia estutura da sociedade burguesa, formada por dúas clases sociais con intereses contrarios: burguesia e proletariado. / Marx entende por clase social unha agrupacion humana que posue unhas condicions especificas con relacion a propiedade dos medios de producion. No capitalismo, os propietarios dos medios son os burgueses, e os non propietarios son os proletarios. No modo de producion capitalista a explotacion duns por outros acabara conformando a conciencia de clase, que sera o punto de partida da loita de clases. // A loita de clases e a revolucion social: segundo Marx, a revolucion social é inevitable. Imponse a toma violenta do poder politico para desmantelar as formas de conciencia social burguesas dominantes e as relacions de producion existentes baseadas na propiedade privada, que quedará abolida. Coa sua eliminacion desaparecen tamen as desigualdades de clases. Marx aventura asi o fin da historia nun sentido dialectico materialista. /// Burgueses capitalistas e traballadores proletarios: A desaparición do Antigo Réxime dividiu a sociedade en dúas grandes clases sociais, burgueses e proletarios: os burgueses son os propietarios dos medios de produción, posúen os bens que se precisan para producir as mercadorías e son os donos da capacidade de traballo do traballador, o conxunto deses bens é o capital; os proletarios non posúen nada agás a capacidade de traballo, que deben vender aos capitalistas a cambio dun salario. Para Marx, esta diferenza xera a desigualdade existente na sociedade capitalista e, é o factor que explica as clases sociais. / A Revolución Industrial levou o centro da economía ás cidades, agora a riqueza xérase no contexto da produción. O traballo, a actividade orientada á produción de mercadorías convértese na principal actividade económica. A relación que se teña co traballo vai marcar o lugar que se ocupa na sociedade, e esa relación depende de se se posúe ou non a propiedade dos medios necesarios para a produción de mercadorías. // O funcionamiento do sistema capitalista: O obxectivo da economía capitalista é a acumulación constante de capital, é dicir, o continuo enriquecemento dos donos dos medios de produción, que se consegue producindo mercadorías para vendelas e obtenendo un beneficio. / As mercancías son os bens que se producen para sastisfacer as necesidades humanas e están unidas ao traballo necesario para producilas. Toda mercadoría ten un valor, este representa a capacidade dunha mercadoría para satisfacer as necesidade humanas, é un valor de uso, o valor ligado á utilidade da mercadoría. / Cando a mercadoría aparece no mercado, o capitalista incorpóralle a ela un valor engadido ao valor de uso, o valor de cambio, inclúe o valor de uso da mercancía e o valor do traballo que o traballador necesitou para producila, e que o capitalista mercou. Ese valor pode flutuar en función da lei da oferta e da demanda, o valor dunha mercadoría depende da dúa dispoñiblidade no mercado e da necesidade que se teña dela. // A plusvalía: Se o salario que o capitalista paga fose idéntico á cantidade de valor que pon o traballador na mercadoría non habería ningún beneficio, por iso o capitalista queda cun “plus de valor” da mercadoría, que é a causa do seu progresivo enriquecemento. Esta, entre outras, entre outras é a inxustiza do sistema de produción capitalista que denuncia Marx. /// Ética e política: A alienación do home polo home significa a expropiación do valor humano por excelencia, que é a liberdade. Se uns poucos allean a liberdade dos moitos, o resultado é a desigualdade dos homes, e a igualdade é o segundo gran valor que conculca a sociedade capitalista. / Fronte a esta inxustiza xustificada pola ideoloxía, Marx propón a praxe revolucionaria. A moral marxista esixe loitar para lograr a emancipación do home, a súa liberdade, e abolir as diferenzas de clase para alcanzar un mundo de seres humanos iguais. / O Estado liberal aliena ao home e representa soamente os intereses dun grupo dominante, a burguesía. / O Estado liberal declara aos homes iguais, pero permite que a propiedade privada dos medios de producción por uns poucos sancione a desigualdade. A denuncia marxista, traerá a nova sociedade comunista: 1)O primeiro paso será a conquista do poder polo proletariado co obxectivo de expropiar o capital da burguesía capitalista. Este primeiro momento será violento pola forza. Conseguido o poder, a ditadura do proletariado faise necesaria, é o Estado socialista. 2)Alcanzado o primeiro obxectivo, lograríase a desaparición da clase explotadora. O Estado proletariado poderá ir perdendo o seu carácter político para pasar a ser un Estado administrador dos bens da sociedade, un Estado comunista. / O home recuperará a sua esencia como ser natural activo a través do traballo non alineado, que lle permitirá resolver as suas necesidades vitais de forma humanizada e solidaria na nova sociedade comunista.