LINGUAS MINORITARIAS Son aquelas linguas que contan cun número reducido de falantes. Hai que diferenciar este termo do de lingua MINORIZADA Este termo emprégase para referirse a un idioma quesufre unha marxinación, persecución ou inclusoprohibición nalgún momento da súa historia.As linguas minorizadas puideron sufrir ou seguirs oportando unha prohibición legal para evitar o seu uso público.
. 2 .LINGUA MINORITARIA E LINGUA MAIORITARIA As etiquetas minoritaria e maioritaria só son aplicables en termos numéricos a unha lingua sempre que se compare con outra nun territorio administrativo dado. Unha lingua autóctona é minoritaria no seu territorio cando a porcentaxe de poboación que a usa é baixa, ben pola chegada de poboación foránea, ben por abandono do idioma por parte do grupo que historicamente a empregou. Pola contra, unha lingua é maioritaria cando a porcentaxe de poboación que a usa nun territorio é a máis elevada.
● Lenda: relato de apariencia histórica. Seres con poderes sobrenaturais. Localización espacial e temporal concretas
● Conto: relato feito para entreter (páx. 256) 5 - O teatro
● Entremés de Bancrof Library (“Comedia de la sortija). Descuberto en 2001. Breve entremés en homenaxe aos arcebispo Rodrigo de Castro
COMENTARIO POEMA SOIA
Ten carácter intensamente lírico destas engádense notas de realismo que asocian o poema a unha estrutura social moi determinada, as xentes humildes.
Os traballos enumerados no poema só en Galicia son realizados por mulleres, e non só en ausencia dos homes, senón na súa compaña. Fixémonos en que ela di que, aínda que morra baixo o peso da carga, el non ha de vir a axudala a erguer e a pousar.
En Galicia, as mulleres labregas transportan, apoiándoos nos ombreiros ou sobre a cabeza, grandes pesos (feixes de herba, cestas e cántaros...) que outra persoa ten que axudarlles a subir e baixar.

A carón das notas realistas achamos no poema unha intensa vivencia da soidade -obsérvese a reiteración expresiva da palabra soia-, sentimento que, posiblemente, está moi presente na propia Rosalía, pero que é tamén unha característica galaica (a saudade é un trazo típico da nosa literatura)
. E, informando, envolvendo ao poema en unha atmosfera especial, sitúase como esencial a tenrura; tenrura disimulada baixo a dureza dos primeiros versos, que pintan a unha muller solitaria entregada a rudas tarefas, e que se manifesta por primeira vez nesa reiteración expresiva da palabra el: «él non ha de virme a erguer, él xa non me pousará», e nese adverbio xa, evocador de tempos pasados. A partir de ese momento, a afectividade maniféstase na proliferación de posesivos e diminutivos: «Ferve o pote, mais, meu caldo, soíña te hei de cear», «o meu homiño perdéuse»; perfectos exemplos estes do carácter afectivo e non cuantitativo dos diminutivos en galego.

As evocacións ao mundo natural poñen de relevo a súa sensibilidade a través da natureza que a rodea: vento, grilo, rulas e anduriña son outro elemento destacable funcionando como símbolos do paso do tempo en soidade, do amor e da saudade que sinte.
Polo seu realismo, a súa saudade e a súa tenrura, o poema constitúe un fermoso canto á personalidade da labrega galega no que se evidencia tamén ese pensamento protofeminista que Rosalía representa ao poñer a súa atención o seu centro de interese sobre a muller e as súas condicións de vida.
A sá soidade asociada a súa fortaleza e capacidade de valerse por si mesma en situacións duras
O REXURDIMENTO (I) ORIXE O labor dos precursores ten a súa culminación no REXURDIMENTO (finais do XIX comezos do XX) Inicio: publicación de Cantares gallegos (1863) de Rosalía.
CAUSAS DO REXURDIMENTO
● Influencia das ideas da Ilustración (XVIII)
● Repercusión da Guerra da Independencia→ conciencia de autogoberno
● Ideoloxía romántica, que xa triunfara en Europa → exaltación da liberdade e das culturas autóctonas.
● Postulados políticos liberais → necesidade de descentralización e defensa das particularidades de Galiza. CARACTERÍSTICAS XERAIS
● Ausencia dunha tradición literaria culta. Descoñecian a existencia da literatura da IM (descuberta a comezos do XX)
● Reivindicaciónd o carácter diferenciado de Galiza. Os intelectuais procuran as raíces do País: historia, tradicións, linguaE
● Predominio da lírica. Xénero hexemónico no Rexurdimento por cantidade e calidade.
CARACTERÍSTICAS XERAIS ● Ausencia dunha tradición literaria culta.
Descoñecian a existencia da literatura da IM (descuberta a comezos do XX)
● Reivindicaciónd o carácter diferenciado de Galiza. Os intelectuais procuran as raíces do País: historia, tradicións, linguaE
● Predominio da lírica. Xénero hexemónico no Rexurdimento por cantidade e calidade.--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
OS PRECURSORES Fracaso Provincialista → vertente cultural Xogos Florais (CO, 1861) →
poetas comprometidos coa recuperación da lingua. Álbum de la Caridad (1862) Antoloxía bilingüe. 40 poemas en galego. 1ª recompilación de poesía galega do XIX. Trazos da poesía dos precursores: Forma: mestura de pezas populares (cantigas, coplas) e do estilo culto (soneto, églogas). Contido: 2 temas principais → descrición da vida popular, as ofensas que recibe Galiza.
O REXURDIMENTO (I) XO ÁN MANUEL PINTOS (1811 -1876) Principal precursor do Rexurdimento. A gaita gallega (1853) Combinando prosa e verso é un diálogo dun gaiteiro e o seu tamborileiro (de orixe non galega) . OBXECTIVOS: método para falar e escribir en galego, dignificación da lingua galega. (páx 271)
FRANCISCO AÑÓN (1812 -1878) Participante na revolta Provincialista → desterro (Madrid) Publicou poesías en xornais. Moitas inéditas. Temática costumista: “A leiteira”
LOS DE ARRRIBA SON LOS PRINCIPALES PRECURSORES
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
“O QUEIXUME DOS PINOS (1886) Recolle 91 composicións, 89 en galego e 2 bilingües. Celtismo, bardismo, misoxinia e helenismo son os compoñentes temáticos e ideolóxicos básicos. A obra inclúe un poema , o intitulado, “Os pinos” cuxas primeiras estrofas serán elixidas polos emigrados en Cuba como letra para o Himno galego, con música de Pascual Veiga.
CURROS ENRIQUEZ (Celanova,1951- A Habana,1908) ●Infancia triste. Con 15 anos marcha a Madrid á casa dun irmán. ●Protexido por Modesto Fernández estuda Bacharelato e comeza Dereito. ●Actos e proxectos culturais dos intelectuais galegos: Galicia Literaria ●Gaña o “Certame Literario” de Ourense e establécese como funcionario. ●No 1880 aparece Aires da miña terra. ● O ton anticlerical (non antirelixioso) dalgúns poemas (“A igrexa fría”, “Mirando ao chan”, “Pelegrinos a Roma”" supúxolle a pena de excomuñón así coma un procesamento civil. Apelou e foi declarado inocente. ● En 1984 emigra a Cuba. Colaborou en varios xornais e axudou a fundar a RAG. ● Faleceu na Habana e os seus restos respousan hoxe no coruñés cemiterio de Santo Amaro. A recepción dos seus restos en Galiza foi multitudinaria.
AIRES DA MIÑA TERRA (1880) ● Colección de poemas heteroxéneos. ● A edición definitiva conta con 32. ● É un poemario de carácter cívico e de denuncia social, malia incluír tamén poemas costumistas e intimistas.
O DIVINO SAINETE (1888) ● Longo poema narrativo inspirado na Divina comedia de Dante. ● Narra a viaxe a Roma de Curros e Añón nun tren de 7 vagóns que simbolizan os 7 pecados capitais (envexa, luxuria, preguiza") ● Critícase acedamente os estamentos da Igrexa, as clases sociais máis poderosas ou os seus inimigos persoais.
CAMPO SEMANTICO DE CANTIGA DE AMOR
-A loanza da dama. Na cantiga faise un panexírico (descrición laudatoria) da dama no que se destacan as súas calidades físicas e morais. A descrición física é moi abstracta, limitándose case sempre a resaltar a súa gran beleza (“fremosa”, “de bon parecer”, “ben talhada” (ben feita). A descrición dos seus atributos morais é máis extensa e céntrase nas calidades corteses: “bon siso” (razoable), ben falar (sabe expresarse de acordo coas normas corteses), mesura (comedimento na expresión dos sentimentos), largueza (xenerosidade), bondade, etc –
O amor do poeta.
O amor do poeta aparece como consecuencia inevitable de ter visto á amada, de feito ás veces o trobador maldí o día en que a viu. É un amor adquirido no pasado (é dicir, consolidado) e na maioría dos casos é secreto, non se atreve a manifestarllo á amada, por medo a que esta se anoxe e lle impida falar con ela ou velo.
Trátase dun amor casto e puro, desinteresado ( pois non espera ser correspondido) e debe ser mesurado, é dicir, o poeta debe ser comedido ou moderado na expresión dos seus sentimentos, en caso contrario pode anoxar á dama e facerse odioso. A MESURA é a principal lei cortés, á que deben aterse tanto o amante como a amada. –
A Coita de amor (sufrimento amoroso). O amor do poeta convértese en tormento e dor ante a imposibilidade de ser correspondido pala persoa que ama e tamén de deixar de amala. Este sufrimento maniféstase nunha serie de síntomas, que poden acabar na loucura ou na morte do namorado. Estes síntomas son, de menos a máis graves: o Pranto (choro ou queixa amorosa), a perda do sono (o tormento impídelle durmir), a louruca (perde o sentido a causa do sufrimento), a morte por amor (tópico presente por exemplo nas cantigas de Roi Queimado).
-A reserva da dama (actitude). A actitude da dama cara o seu namorado vai desde a indiferencia ou o simple enfado, ata a “ira” ou “sanha”, pasando polo consentimento. Non obstante, o que se lle esixe, de acordo coas leis corteses, é Mesura, o que implica ser precavida, pero non cruel co namorado, o que sucede cando esta o trata con “sanha”. Así, ás veces, atopamos unha actitude de permisividade: a dama permite que o poeta lle exprese os seus sentimentos e ela acéptaos, o que non implica que o corresponda. En moi poucos casos o amor do poeta será correspondido pola súa amada, e en ningún caso a correspondencia chega ata unión carnal. Ás veces debido á actitude hostil dela prodúcese un cambio de “senhor” polo poeta, abandona a súa amada por outra (en moi raras ocasións)
COMENTARIO LITERARIO DE TEXTOS POÉTICOS
LECTURA E COMPRENSIÓN DO TEXTO Lectura do texto cantas veces sexa necesario ata entendelo completamente. Numeración dos versos (poema) ou das liñas (en prosa) de cinco en cinco.
I. II. LOCALIZACIÓN Indicación do xénero literario ao que pertence o texto, encadre dentro do período que corresponda, identificación do autor/-a e das características xerais da súa obra e o contexto da mesma.
II. III. ANÁLISE DO CONTIDO 1. ASUNTO ou ARGUMENTO Redución do contado aos seus compoñentes básicos.
III. 2. TEMA Indicación da idea central do texto. Debe expresarse de forma breve, clara e exacta. 3
IV. . ESTRUTURA Partes en que se divide o texto (non teñen que coincidir necesariamente coas estrofas ou cos parágrafos) e a relación entre elas. Este apartado non se pode limitar a indicar as liñas que ocupa cada parte, senón que se debe analizar como evoluciona o tema, a actitude do autor, etc.
V. IV. ANÁLISE DA FORMA 1. Nivel fónico Estrofa, medida e rima. Artificios literarios baseados na sonoridade: onomatopea, paronomasia, similicadencia, aliteración... 2. Nivel morfosintáctico – Análise da frecuencia ou ausencia significativa dos elementos gramaticais e das oracións simples e compostas. Determinación do dinamismo expresivo do texto. – Figuras retóricas: elipses, asíndeto, polisíndeto, anáfora, epífora, paralelismo, hipérbato, etc. 3. Nivel semántico – Análise das cadeas léxicas (subst., verbos e adxectivos) e os seus valores connotativos, que contribúen a crear o ton do texto: sombrío, melancólico, optimista, reflexivo, máxico, irreal/ – Características do léxico utilizado: hipergaleguismos, lusismos, vulgarismos, arcaísmos, cultismos, castelanismos e outros barbarismos, neoloxismos, formas diatópicas, diastráticas/ – Artificios literarios: metáfora, metonimia, símil ou comparación, ironía, hipérbole, prosopopea, sinestesia, etc.
VI. V. CONCLUSIÓN Balance ou síntese dasnosas observacións e tamén unha impresión persoal. Valoración do texto pola súa actualidade, a súa intemporalidade, a súa orixinalidade, o seu estilo, etc. Opinión sincera, modesta e firme

COME TARIO LITERARIO DE TEXTOS POÉTICOS I. LECTURA E COMPRENSIÓN DO TEXTO Lectura do texto cantas veces sexa necesario ata entendelo completamente. Numeración dos versos (poema) ou das liñas (en prosa) de cinco en cinco.
II. LOCALIZACIÓN Indicación do xénero literario ao que pertence o texto, encadre dentro do período que corresponda, identificación do autor/-a e das características xerais da súa obra e o contexto da mesma.
III. ANÁLISE DO CONTIDO
1. ASUNTO ou ARGUMENTO Redución do contado aos seus compoñentes básicos. 2. TEMA Indicación da idea central do texto. Debe expresarse de forma breve, clara e exacta.
3. ESTRUTURA Partes en que se divide o texto (non teñen que coincidir necesariamente coas estrofas ou cos parágrafos) e a relación entre elas. Este apartado non se pode limitar a indicar as liñas que ocupa cada parte, senón que se debe analizar como evoluciona o tema, a actitude do autor, etc.
IV. ANÁLISE DA FORMA 1. Nivel fónico Estrofa, medida e rima. Artificios literarios baseados na sonoridade: onomatopea, paronomasia, similicadencia, aliteración... 2. Nivel morfosintáctico – Análise da frecuencia ou ausencia significativa dos elementos gramaticais e das oracións simples e compostas. Determinación do dinamismo expresivo do texto. – Figuras retóricas: elipses, asíndeto, polisíndeto, anáfora, epífora, paralelismo, hipérbato, etc. 3. Nivel semántico – Análise das cadeas léxicas (subst., verbos e adxectivos) e os seus valores connotativos, que contribúen a crear o ton do texto: sombrío, melancólico, optimista, reflexivo, máxico, irreal/ – Características do léxico utilizado: hipergaleguismos, lusismos, vulgarismos, arcaísmos, cultismos, castelanismos e outros barbarismos, neoloxismos, formas diatópicas, diastráticas/ – Artificios literarios: metáfora, metonimia, símil ou comparación, ironía, hipérbole, prosopopea, sinestesia, etc.
V. CONCLUSIÓN Balance ou síntese das nosas observacións e tamén unha impresión persoal. Valoración do texto pola súa actualidade, a súa intemporalidade, a súa orixinalidade, o seu estilo, etc. Opinión sincera, modesta e firme