As teorías que negan o desprazamento continental denomínanse fixistas e as defensoras da mobilidade continental son mobilistas. En 1915 Alfred Wegener defendía que os continentes se desprazaban. Todas as terras estiveran unidas e formaran un gran continente chamado Panxea, tiña argumentos, Xeográficos: A forma dos continentes permitía encaixalos. Paleontoloxicos: A presenza simultánea das mesmas especies en lugares tan separados. Xeoloxicos: Cordilleiras e outras formacións xeolóxicas a ambos lados do atlántico. Paleoclimaticos: Depósitos glaciarios da mesma antigüidade. Teoría da expansión oceánica: Dorsais oceánicas onde hai unha dorsal atlántica cara ao índico e o Pacífico superando os 60 000km de lonxitude. Distribución e escaseza dos sedimentos. Xuventude da codia oceánica. Teoría das placas litosfericas: As zonas de subducion son lugares nos que se destrúe a litosfera. Tipos de subducion: Os límites das placas teñen movemento converxente, tipos: Converxencia continental-oceanica, converxencia oceánica-oceanica, converxencia continental-continental.
Teoría da tectónica global. 1. A litosfera atópase dividida nun conxunto de fragmentos ríxidos denominados placas. 2. Os límites ou bordos das placas litosfericas poden ser de tres tipos.
3. As placas litosfericas desprazanse sobre os materiais dúctiles do manto sublitosferico. 4. Os desprazamentos das placas litosfericas son causados pola enerxía térmica do interior terrestre e a enerxía gravitacional. 5. A Litosfera oceánica e renovada continuamente, mentres que a litosfera continental ten un carácter máis permanente. 6. Ao longo da historia da terra non só cambiou a posición das placas litosfericas ou a súa forma, se non que o seu número. O magma e un fundido silicatado que contén unha cantidade máis ou menos importante de Gases que acompañan a fracción líquida. Fórmase por que interior da terra se encontra a temperaturas moi altas, é o que queda da calor xerada durante a formación do planeta, e en parte ven da desintegración de elementos radioactivos. As rochas poden fundirse por estas causas: Diminución da presión, aumento local da temperatura e incorporación da auga. As illas Canarias son de orixe volcánica, xeraronse por un magmatismo intraplaca que se estendeu a longo dos últimos 50ma. As illas Canarias son un punto quente e son bloques elevados por compresión. Os emprazamentos magmáticos en profundidade son: Plutón, más de rochas intrusivas de grandes proporcións, batolito. Lacolito, forma lenticular con base plana e teito abombado. Sill, masa tabular paralela ás estruturas da rocha encaixante. Dique, corta as estruturas da rocha encaixante. Emprazamentos en superficie: Cono, edificio volcánico. Cheminea volcánica, conduto de sección circular. Caldeira, depresión circular de maior tamaño ca o cráter. Emisión de gases, coadas de piroclastos, explosións, coadas de barro e coadas de lava, fan perigosa unha erupción.