R.FRANCESA:Pode considerarse o inicio dunha nova etapa histórica: a Idade Contemporánea. Provocou transformacións radicais(supresión do sistema señorial, proclamación de liberdades e da igualdade de todas as persoas ante a lei, establecemento dun Estado constitucional e parlamentario, baseado na soberanía nacional) e supuxo o inicio do antigo rexime.//
IMP.NAPOLEÓNICO: (1799-1814). Tras o golpe de Estado, Napoleón Bonaparte ini-ciou unha política de estabilización de Francia, rematando cos disturbios e cos conflitos interiores. Concentrou todo o poder nas súas mans, converténdose primeiro en cónsul vitalicio (1802) e proclamándose posteriormente emperador (1804). Este control absoluto do poder, que se acentuou grazas a unha férreacensura de prensa foi, en cambio, acompañado pola promulgación dun Código Civil, que recollía os dereitos dos franceses, a extensión da educación primaria e a estabilización da Facenda pública.//
A.REXIME: A monarquía (o rei) é de orixe divina, polo que ten todo o poder, ten a soberanía. Non hai diferenza entre o rei e o Estado.O rei exerce todos os poderes, non hai división entre eles. O rei exérceos persoalmente ou delega nunha serie de persoas que gobernan no seu nome//
S.LIBERAL:O poder está na nación, que decide o go-berno (soberanía nacional). A nación está formada polos cidadáns que teñen dereitos políticos.Poderes separados: o executivo exérceo o goberno (o rei); o lexislativo, que fai as leis, exérceo o parlamento; o xudicial, independente dos outros, exérceno os tribunais//
P.POL. ISABEL II:Moderados. Seguidores do sistema francés, da soberanía compartida entre coroa e cortes, e sufraxio censatario. Gobernaron durante a rexencia de María Cristina.
Progresistas. Defendían a soberanía nacional e o sufraxio censatario más amplo. Para poderen acceder ao poder, recorreron aos pronunciamentos, por causa da falta de pluralidade política.
Partido demócrata. Escisión dos progresistas que defendían o sufraxio universal, a política desamortizadora e a intervención do Estado na instrución pública.
Unión Liberal. Moderados e progresistas apoiados por militares como Prim, Serrano ou Topete.//
G.CARLISTAS:Tres guerras civís do século XIX que enfrontaron os partidarios de Carlos María Isidro (carlistas), irmán de Fernando VII e absolutista, e os partidarios de Isabel II (isabelinos ou liberais), filla do monarca, e que como mullerbnon podía acceder ao trono.//
PRON:
A restauración do Antigo Réxime que se pretendeu levar a cabo trala vitoria sobre Napo-león non se puido consolidar. Xurdiron importantes movementos revolucionarios que intentaron defender as ideas liberais e nacionalistas.//RES.POLITICA:Existencia de dous partidos dinásticos: conservadores e liberais. A estabilidade política baseábase na quenda, na alternancia pacífica no poder destes partidos Falseamento electoral: a quenda funcionaba sobre dous principios pactados: Implicación da Coroa como árbitro.Fraude electoral//CACIQUISMO: permitiu a consolidación do sistema. Os caciques eran os xefes locais dun partido, que controlaban unha área determinada, empregando as súas influencias (con amigos ou inimigos) para controlar a poboación, a nivel local ou comarcal, e o seu voto. O obxectivo era intercambiar votos por favores.//REXUR.GALICIA: O Rexurdimentoé o grande movemento cultural do século XIX en Galicia. Supuxo a recuperación do galego como lingua literaria e sentou as bases de posteriores reivindicacións políticas. A primeira manifestación política do galeguismo foio provincialismo, moi ligado ao levantamento de 1846. Os seus obxectivos eran a recuperación da unidade institucional de Galicia (contra a división provincial) e a reivindicación dun certo autogoberno. Este levantamento foi duramente reprimido.//REXIO.GSLICIA: O seu programa político, formulado por Manuel Murguía e Alfredo Brañas, reclamaba a autonomía política para Galicia, a eliMinación do caciquismo, a mellora económica e a galeguización da administración. Con todo, non chegou a contar cunha ampla base de apoio popular