Como consecuencia da G.C desaparece case por completo a produción literaria en galego durante máis dunha década. A actividade cultural continuada só é posible no exilio, onde poetas como Luís S, Lorenzo V e Emilio Pita fan poesía crítica e de compromiso. //-Luís Seoane, escribiu Fardel de exiliado en 52. Polifacético (máis coñecido como pintor) en Bos Aires tivo unha actividade variada e intensa. Podemos caracterizar a súa poesía cos seguintes trazos: *Estilo realista, ás veces case xornalístico.*Poesía sobria, chea de forza e de paixón comunicativa.*Dominio do verso longo, case prosaico.*Temática preferentemente social, con predominio do tema da emigración tratada desde a perspectiva dos propios emigrantes.*Escaseza de poemas persoais.--Lorenzo Varela, escribe dous libros de poesía en galego, aínda q o máis significativo dos cales é Lonxe (54). Dúas temáticas do libro: unha mítico-histórica baseada na g.c. n que canta ós guerrilleiros antifranquistas e outra saudosa, en torno á ausencia da Terra e ao exilio. //Desde 1936 a litgalega deixa de existir durante máis dun decenio. A actividade literaria desprázase para Latinoamérica, onde os exiliados manteñen viva a cultura galega. A narrativa é realista, con elementos autobiográficos que tratan o tema da guerra civil, o mundo dos fuxidos, a guerrilla antifranquista e a represión. Autores: Ramón de ValenzuelaSilvio SantiagoAntón Alonso Ríos. No exilio publícanse A Esmorga, de Blanco Amor ou Memorias dun neno labrego de Neira Vilas.// O teatro sufriu as consecuencias da guerra e a ditadura, ao ser impensable un espectáculo público teatral en galego e a súa pervivencia é posible grazas ao labor do exilio. Castelao estreou Os vellos non deben de namorarseen Bos Aires.// -Manuel Varela Buxán foi un dos principais animadores do teatro galego na Arxentina. As súas obras son de corte rural-costumista e humorístico, aínda que non están exentas de crítica social. A súa compañía “Maruxa Villanueva” representou Os vellos non deben de namorarse. //Tamén en BosAires Eduardo Blanco Amor dirixiu o Teatro Popular Galego e escribiu varias pezas q se coñeceron en Galicia recompiladas en dous volumes Farsas para títeres  e Teatro prá xente. Unhas son obriñas de realismo costumista, outras son farsas, non realistas, cheas de elementos fantásticos e satíricos; están pensadas para un público culto.