5.1 A recuperación económica
O século iniciouse coas consecuencias do desastre do 98 (perda das últimas colonias) que traería un desastre económico, ó final non tan forte como se esperaba.
Recuperouse con rapidez, reduciuse a débeda pública e a repatriación de moitos capitais, estimulárona creación de bancos e empresas. A longo prazo foi favorable, pois renovou a estrutura produtiva.
5.2 A coxuntura da Primeira Guerra Mundial
A neutralidade española fixo que se expandise a economía española, aumentou a demanda exterior grazas ó conflito, xa que os países en guerra non producían máis que o necesario, e isto estimulou o crecemento da produción, especialmente na siderurxia vasca, minaría asturiana e industrias téxtiles e metalúrxicas catalás.
A alta demanda provocou o aumento dos prezos.
A pesar disto, as clases populares empeoraron o seu nivel de vida xa que subiu o custo da vida pero non os salarios, que provocou folgas e reivindicacións obreiras. A fin da guerra e da demanda acabou coa euforia económica e desencadeou unha forte crise. O mercado interno non puido superar a sobreprodución que supuxo a perda de demanda, e moitas empresas pecharon. Prodúcense de novo folgas que fixeron notar o descontento social.
5.3 Os efectos da crise do 1929
Causada polo crac da Bolsa de Nova York , a crise internacional tivo repercusións en España, aínda que afectou menos que noutros países industrializados.
Foi máis notable nos sectores máis dinámicos, que orientaban a súa produción ao comercio exterior.
Repercutiu de maneira relativa en España grazas á peseta(menor valor) favoreceu as exportacións e á limitada importancia do comercio exterior por mor do proteccionismo arancelario anterior.
Os cambios sociais
No primeiro terzo do XX o mundo rural tivo importante presenza na vida,debido á lenta industrialización.
Os grandes propietarios rurais
O patrimonio rústico era visto como unha fonte de riqueza e signo de prestixio. Entre os grandes propietarios estaban: vella aristocracia, burguesía financeira e burguesía agraria.
A burgueśía financeiraadquiriu importantes patrimonios rurais para diversificar os seus investimentos e rendas, pero seguía residindo nas cidades.
A burguesía agrariaresidía no medio rural e proviña de antigos pequenos e medianos propietarios que incrementaron o seu patrimonio coas desamortizacións.
Os campesiños
O campesiñado español diminúe pero aínda e maior que no resto de Europa. Dentro deste grupo existían notables diferenzas: uns eran propietarios, outros arrendatarios, e había unha gran masa de xornaleiros.
En Galicia eran frecuentes os foros e subforos, e en Cataluña os campesiños gozaban dunha mediana propiedade ou contratos estables. O latifundismo de Andalucía implicaba a presenza masiva de xornaleiro sen situacións precarias.
6.2 A sociedade urbana
O aumento das clases urbanas significou a irrupción na historia de España da denominada sociedade de masas.
En España a burguesía industrial era escasa, formada por industriais cataláns e vascos.O desenvolvemento industrial fixo que medrase a súa importancia consolidando tamén unha burguesía financeira.Estes grupos sociais integráronse nas clases altas e moitos se foron fusionando coa vella aristocracia de sangue.
O desenvolvemento tamén implicou o crecemento das clases medias, formado por un novo tipo de empregados. Os obreiros industriais constituían o groso das capas populares urbanas. A maioría dos asalariados concentrábanse en determinadas zonas como Cataluña País Vasco Asturias e Madrid.
T.11-Reformismo dinástico
1.1 O fracaso do 1º goberno rexeneracionista
En 1899 María Cristina otorgoulle a súa confianza para o goberno a Francisco Sivela (conservador) que convocou eleccións.
Iniciouse unha política reformista con procesos de descentralización administrativa, pero tamén unha política orzamentaria para facer fronte as débedas. As novas cargas fiscais implicaron un boicot dos contribuíntes á recadación de tributos (peche de caixas). Os ministros acabaron dimitindo e a rexente otorgoulles o poder ós liberais e aparece de novo a quenda de partidos.
1.2 As reformas de Maura e Canalejas
En 1902 sube ó trono Afonso XIII coincidindo cunha renovación de liderado dos partidos dinásticos.Coa morte de Sagasta, acadou a xefatura dos conservadores Antonio Maura, mentres que no liberal se afianzaba José Canalejas. Esta nova xeración influída polo rexeneracionismo, impulsou importantes proxectos de reforma, pero o medo a aceptar os riscos dunha verdadeira participación mantivo a quenda e o falseamento electoral.
En 1904, Maura converteuse en xefe de goberno. A pesar das súas ideas conservadoras tiña un espírito renovador e reformista. Debía reformar desde o goberno para evitar unha revolución popular.
Intentou a rexeneración do goberno a partir dunha nova base social, as “masas neutras”, con cuxa axuda pretendían formar un Estado forte. Levouse a cabo unha reforma electoral (Lei electoral 1907) que fixo máis difícil o fraude.
O seu goberno tamén tomou medidas económicas para reactivar a industria (Lei de Colonización Interior: estimula a agricultura). Creou o Instituto Nacional de Previsión (seguros obreiros). Pero a brutal represión trala Semana Tráxica acabou có goberno conservador.
En 1910 Canalejas formou un novo goberno liberal. Propuña unha modernización da política, atraer certos sectores populares cunha reforma social e limitar o poder da Igrexa(separala do Estado). A negación da Santa Sé implicou a promulgación da Lei do Cadeado (lim.establecemento de ordes relixiosas).
Tamén se reformou a Lei do Recrutamento, pasando a ser obrigatorio en guerra, suprimindo a redención. Finalmente, unha serie de leis encamiñadas a mellorar as condicións laborais, como a normativa sobre o traballo da muller.
Intentou estabilizar o problema das autonomías rexionais. Elaborou a Lei de Mancomunidades que aceptaba a unión das deputacións provinciais para se facer cargo dalgúns servizos públicos. Pero as reformas víronse interrompidas polo asasinato de Canalejas en 1912.
2.1. O republicanismo
Principal forza de oposición e constituíu a minoría parlamentaria máis numerosa a comezos do XX, pero tivo o problema da súa fragmentación en diversos grupos. Naceu a Unión Republicana liderada por Nicolás Salmeron e Alejandro Lerroux. Conseguiu diversos éxitos e achegouse a nacionalismos rexionalistas.
Esta orientación foi rexeitada por un sector liderada por Lerroux de carácter anticatalanista (Partido Radical). Despois da Semana Tráxica perdeu apoio, moderou o seu discurso e trasladouse a Madrid.
Coa colaboración do republicanismo co PSOE levou á creación da Conjunción republicano-socialista con certo éxito nas eleccións de 1910.En 1912 aparece o Partido Reformista liderado por Melquíades Álvarez.
2.2. Os nacionalismos: Cataluña e o País Vasco
En Cataluña, a Lliga Regionalista (Enric Prat de la riba e Francesc Cambó), o Centre Nacionalista Republicà (1905) Unión Federal Nacionalista Republicana (1910). Contra a política anticatalanista créase a coalición electoral Solidaridad Catalana.
O nacionalismo vasco marcado polas disputas que debían predominar no Partido Nacionalista Vasco que en 1916 pasou a ser Comunión Nacionalista Vasca. En 1930 nace a Acción Nacionalista Vasca (republicana).
2.3. A dereita antiliberal: o carlismo
A principios do XX o carlismo mantivo a súa presenza e as súas bases. As disputas no seo do partido fixo que se dividisen, e Juan Vázquez de Mella fundou o Partido Tradicionalista. Tamén se crea o Partido Católico Nacional ou Integrista alleo ás formas de goberno, de visión monárquico-conservadora.
2.4. A oposición obreira
O partido e o sindicato socialistas
A comezos do XX o PSOE aínda era unha forza pequena, pero con bases sólidas que permitiron o seu crecemento progresivo. Presidido por Pablo Iglesias dende un Comité Nacional ata a súa morte.
O partido seguía unhas directrices que marcaron a súa actuación: preservación da organización, diferenzas cos partidos burgueses e a convicción de que o socialismo debía aproveitar as oportunidades que daba o sistema. Respecto da UGT , o crecemento foi maior, partidario de conseguir reformas sociais e laborais, e da participación de representantes obreiros nos organismos estatais. Salienta Francisco Largo Caballero que chega a ser secretario xeral da UGT.
O PSOE e a UGT estiveron moi relacionados, compartindo así algúns militantes, por iso que o crecemento do PSOE estivo moi achegado ó da UGT, partidarios dunha política reformista e moderada.
Fundase o Partido Comunista de España polo estalido da Revolución rusa.
Os anarco sindicalistas: a CNT
En Barcelona as sociedades obreiras e os sindicatos autónomos anarquistas crearon Solidaridad Obrera, de carácter apolítico, reivindicativo e favorable á loita revolucionaria. Impulsou a fundación da Confederación
Nacional del Trabajo (CNT).
A CNT definíase como revolucionaria con 3 principios: independencia do proletariado da burguesía, a necesidade da unidade sindical e a vontade de derribar o capitalismo. A acción revolucionaria debería levarse a cabo con folgas e boicots ata proceder á folga xeral revolucionaria.
3.1. O conflito colonial de Marrocos
A partir de 1900 España consolidou a súa penetración en África, coa Conferencia de Alxeciras e o Tratado hispanofrances, estableceron un protectorado en Marrocos. A España correspondeulle o RIF, coa obriga de pacificalo e organizado, o interese que tiña España era o de dar prestixo ó exercito tras o desastre de Cuba.
Recibiron continuos ataques rifeños , que derrotaron ás tropas españolas no Barranco do Lobo , decidiuse aumentar o número de soldados, o que causou revoltas populares.
3.2. A Semana Tráxica de Barcelona
Durante o embarque de tropas cara a Marrocos, iniciouse a mobilización contra a guerra 16 xullo. O 24 constituíuse un comité de folga, para facer folga xeral no 26, que derivou nunha revolta popular sendo un estalido de todas as tensións sociais acumuladas.
As autoridades declararon o Estado de guerra e enviaron reforzos para reprimir as manifestacións. O elevado numero de mortos, radicalizou o movemento aínda mais.
A represión posterior foi moi dura por parte do goberno de Maura. Ditáronse 17 condenas de morte das que se cumpriron 5, entre eles Francisco Ferrer Guardia, pedagoxico anarquísta fundador da Escola Moderna, castigado polo seu carácter anticlerical, aínda que non intervise na revolta.
Esta represión provocou unha vaga de protestas pola arbitrariedade e virulencia. A oposición de Maura conseguiu que Afonso XIII disolvese as cortes e pasase o goberno ós liberais.(Maura non!).
3.3. O impacto da Gran Guerra
No verán de 1914 con Eduardo Dato ó fronte estalou a 1º GM. Dato declarou de inmediato a neutralidade española, que supuxo unha extraordinaria oportunidade para a economía, que favoreceu as exportacións a altos prezos. Isto provocou o aumento desorbitado dos prezos interiores, sen subas de salarios, o que iniciou unha protesta obreira que desembocou nunha folga no verán de 1917.
3.4. A crise de 1917
En 1917 en Europa producíronse conflitos sociais e políticos, como a revolución bolxevique en Rusia. Nese contexto revolucionario, España comeza unha protesta xeneralizada antigobernamental contra as dificultades do sistema da Restauración e a conflitividade social.
A protesta militar
O exercito español contaba cun exceso de oficiais en relación co nº de soldados.A demais a inflación fixo diminuír o valor real dos baixos salarios. Isto desembocou na creación das Xuntas de Defensa que reclamaban aumento salarial e opúñase aos censos por méritos de guerra. (manifesto de xuño 1917).O goberno cedeu a esas demandas.
A crise política
En 1916 Dato foi substituído polo conde de Romanones (liberal) que continuou coa corrupción política e clausurou as Cortes en xullo do 1916. En abril de 1917 volve Dato e unha representación da oposición reclamoulle a reapertura das Cortes , ó que se negou, e a demais aumentou a censura da prensa.
Como reacción organizouse en Barcelona unha Asemblea de Parlamentarios cataláns que esixiu a creación dun goberno provisional que convocase cortes para reformar e descentralizar o Estado. Non tivo continuidade e desapareceu sen conseguir a reforma.
A folga xeral revolucionaria
En marzo de 1917 a CNT e UGT ameazaron ó goberno de convocar unha folga xeral se non se contiñan os prezos . A folga estalou en agosto por mor do conflito ferroviario en Valencia. A UGT apoiada polo PSOE decidiu chamar á folga xeral.
Tivo unha incidencia desigual, apenas contou coa participación campesiña, e o goberno actuou con represión , declarando a Lei marcial enviando ó exercito a aplacar o movemento. A folga fracasou pero debilitou o réxime e radicalizou a oposición.
4.1. A descomposición política
O réxime da Restauración entrou nunha progresiva descomposición por mor dos nulos desexos re renovación política.
Os partidos dinásticos fragmentáronse en grupos encabezados por diferentes políticos o cal facía imposible construír gobernos estables con maiorías parlamentarias. En 1917 recorreuse á solución dos gobernos de concentración , o máis salientable foi o chamado Goberno Nacional (Maura) que configurou un gabinete con líderes dinásticos, e dos rexionalistas cataláns. As diferenzas entre eles imposibilitoulle ao goberno levar a cabo reformas. Con fracaso destes volveuse á quenda dinástica.
.2. Conflitividade obreira e pistoleirismo
Despois da 1º GM o triunfo dos Bolxeviques déronlles ás e esperanzas a todos os grupos revolucionarios. En España as condicións económicas cambiaron bruscamente, descende a produción, aumenta o paro e subiron os prezos, que provocou a mobilización obreira e o aumento do sindicalismo.
En Barcelona iniciouse unha folga en La Canadiense que finaliza cun acordo coa patronal. Pero o incumprimento da promesa de liberar ós detidos fixo proseguir a folga, e a patronal pechou empresas e exerceu unha dura represión ós sindicatos.
En Andalucía, a miseria do campesiñado deu paso ó Trienio bolxevique. Os anarquistas impulsaron revoltas campesiñas. Púxoselle fin á rebelión cá ilegalización das organizacións obreiras e detención dos seus lideres.
Para deter a forza sindical, a Federación Patronal contratou pistoleiros a soldo para asasinar os dirixentes obreiros. O xeneral Martínez Anido exerceu unha forte represión contra os sindicalistas, e puxo en practica a Lei de Fugas.
4.3. O problema de Marrocos: Annual
O comezar a década 1920 as tribos rifeñas fustrigaban o exercito español permanentemente, para dirixir ó exercito nomeouse ó xeneral Silvestre, relacionado con Afonso XIII. A ofensiva foi un verdadeiro desastre, foi derrotado en Annual, perdeuse todo o territorio e producíronse 13000 baixas, incluída a de Silvestre.
5 Ditadura de Primo de Rivera
En 1903 Primo de Rivera establece unha ditadura militar có apoio do monarca Afonso XIII.
5.1. As causas do golpe militar
Defendeu a súa acción como unha solución para lles poñer fin á crise política e á conflitividade social que atravesaba o país. Xustificou o golpe militar a través dun discurso centrado na “vella política” criticándoa. así no seu manifesto inaugural anunciou a súa vontade de acabar cos caciques es coa bandinaxe política.
A ditadura foi unha solución inconstitucional para frear a posible reforma dos sistema que podía ser ameazadora para certos sectores e intereses sociais.
5.2. A reorganización do Estado
A ditadura atravesou 2 fases sucesivas, ata 1925 gobernou o Directorio Militar:As primeiras medidas amosaron o seu carácter ditatorial: suspensión do réxime constitucional, disolución das cámaras lexislativas prohibición das actividades dos partidos políticos e sindicatos...
Elaborouse un Estatuto Municipal e outro Provincial e a rexeneración prometida quedou nunha gran farsa,
xa que se substituíron uns caciques por outros e suspendéronse todos os mecanismos electorais. Pero logo incluíu personalidades civís entre os seus ministros e pasouse ao Directorio Civil, aínda que o carácter do réxime non abandonou o seu estilo autoritario. A partir do 1926 houbo unha clara influencia do fascismo italiano. Convocaron unha Asemblea Nacional Consultiva, de carácter corporativo polo que os seus membros serian elixidos por designación entre os cidadáns pertencentes ás grandes institucións públicas
Formase a Unión Patriótica, cuxa misión era proporcionarlle apoio social á ditadura e seguir as directrices do poder.
5.3. A política económica e social
Aproveitando a boa coxuntura económica tras a 1º GM, o réxime puxo en marcha un programa de fomento da economía. O Estado tivo un notable protagonismo grazas ao fomento das obras públicas. Tamén se concederon grandes monopolios e a exclusividade na importación. Todo isto foi iniciado mediante os Orzamentos Extraordinarios, de modo que os ordinarios parecían equilibrados pero íase acumulando unha gran débeda extraordinaria.
Creouse a Organización Corporativa Nacional có fin de eliminar os conflitos laborais mediante a intervención do Estado.
5.4. A oposición á ditadura
Os antigos partidos da quenda criticaron a excesiva duración do réxime e varios realizaron conspiracións militares.
A ditadura pretendeu controlar ós intelectuais e ó mundo universitario o que fixo que se fundase un gran sindicato , a Federación Universitaria Española.
A Alianza Republicana protagonizaron o conflito político mais persistente. En Cataluña, as medidas de Primo foron tomadas como anticatalás e provocaron un distanciamento en certos sectores que acollían a ditadura con simpatía.
A CNT amosouse contraria ó réxime e foi perseguida. Créase a Federación Anarquista Ibérica (1927).
5.5. A caída de Primo de RiveraO Rei convenceuse de que a ditadura era un perigo para a monarquía , polo que lle retirou a confianza a Primo de Rivera que dimite o 30 de xan. 1930.
O xeneral Berenguer foi o seu substituto, coa misión de levar a cabo unhas eleccións, pero foi incapaz de preparalas e foi substituído polo almirante Aznar que puxo en marcha os comicios.
Primeiro convocou eleccións municipais por consideralas menos perigosas. Intentábase volver á normalidade pero Afonso XIII comprometérase excesivamente coa ditadura e as eleccións presentáronse como un plebiscito a prol ou en contra da monarquía.
T.12-A Segunda República española
1.1. As eleccións e o goberno provisional
O 12 de Abril 31 tiveron lugar as E.Municipais cunha alta participación e có triunfo dos republicano-socialstas nas grandes cidades.O día 14 os concelleiros de Eibar proclamaron a República , e ó longo do día os de Valencia, Sevilla e Oviedo. Mentres na rúa a poboación celebrábao pacificamente, e o rei Afonso XIII renunciou ó trono e ese mesmo día abandonou o país.
Os representantes dos partidos do Pacto de San Sebastián constituíron un goberno provisional en Madrid que proclamou oficialmente a Segunda República española e convocou inmediatamente eleccións a Cortes constituíntes para o 28 de xuño, que tiveron alta participación e gañou a coalición republicano-socialista.
Paralelamente o goberno decretou unha serie de medidas urxentes: Concesión dunha amnistía xeral para os presos políticos, liberdades políticas e sindicais e designación de altos cargos administrativos.
Tamén se reformou o exercito e negociaron cos cataláns e vascos para pactar unha solución autonómica. A república contou có apoio popular e dos grandes propietarios agrícolas, parte do exercito e da Igrexa.
1.2 A Constitución de 1931
As novas Cortes republicanas con Niceto Alcalá de xefe de goberno nomearon inmediatamente unha comisión encargada de elaborar un proxecto de constitución aprobado en 1931.
Esta Constitución foi moi avanzada para o seu tempo cun marcado carácter democrático e progresista, e establecía que todos os poderes emanan do pobo. Agrupaba os seguintes principios:
* O Estado configurábase de forma “integral” aceptando a posibilidade de constituír gobernos autónomos.
* O poder lexislativo residía plenamente nas Cortes unicamerais, con atribucións moi amplas. O xudicial confiábaselles a uns xuíces independentes.
* Ampla declaración de dereitos e liberdades, e existía unha preocupación polos problemas sociais. Igualdade absoluta ante a lei, educación e traballo, e a non discriminación por orixe,sexo ou riqueza.
Voto desde os 23 anos, incluídas as mulleres. Afirmábase a laicidade do Estado.
A pesar de seren aprobada por ampla maioría, existían discrepancias entre esquerda e dereita sobre todo
na cuestión relixiosa e autonómica.
1.3 Partidos e sindicatos na Segunda República
A etapa republicana inaugurou un período de grande actividade de formacións políticas e sindicais.
As formacións de esquerda
Na política destacaron 2 partidos republicanos: Radical-socialistas e Acción Republicana. O seu papel na República proviña do seu prestixio, o mesmo que aconteceu coa ORGA en Galicia.
O partido mais sólido era o PSOE, que tiña dúas correntes, unha socialdemócrata (Julián Besteiro e Indalecio Prieto), e outra mais revolucionaria (Largo Caballero). No 31 destacou o Partido Comunista xurdido da rama bolxevique.
Mención a parte da CNT que no 36 xa contaba con 1 millón de afiliados, enfrontáronse dúas correntes: os trentistas, orientación máis moderada e netamente sindicalistas, e a corrente mais radical formada por un sector ao redor da Federación Anarquista Ibérica.
Os grupos da dereita
Existían formacións republicanas de centro-dereita como o Partido radical (Lerroux) ou a Derecha Liberal Republicana. Estes grupos derivaron cara a posicións conservadoras contrarias as reformas.
Os partidos conservadores e católicos derrubáronse coa proclamación da República. Algúns opúñanse radicalmente á República e outros mostraron certa aceptación pero con ideas conservadoras.
O gran partido da dereita católica e conservadora foi a Confederación Española de Derechas Autónomas (José Mª Gil). En Cataluña os conservadores estaban representados pola Liga Regionalista, e no País Vasco, polo PNV.
Máis extremos eran os grupos monárquicos como Renovación Española (Calvo Sotelo) que chegou a acordos cos carlistas na Comunión Tradicionalista.
Os pequenos grupos nacionalsocialistas e fascistas, crearon as Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista, unidas máis adiante a Falange Española (José Antonio Primo de Rivera, fillo do ditador).
2.1 A cuestión relixiosa
Un dos principais obxectivos da República era limitar a influencia da Igrexa e secularizar a sociedade española. Todas estas intencións plasmáronse na Constitución. O temor á influencia que as ordes relixiosas exercían no ensino, levou ó goberno a prohibirlles dedicarse a el. O proceso completouse coa Lei de Congregacións que lles limitou a posesión de bens e previu a posibilidade da súa disolución en caso de perigo para o Estado.
Gran parte dos sectores católicos percibiron a nova lexislación como unha agresión ó catolicismo. O rexurdimento dos movementos populares anticlericais afondou eses temores.
2.2 A modernización do exército
Manuel Azaña impulsou unha reforma que pretendía crear un exercito profesional e democrático. Con esta finalidade promulgouse a Lei de Retiro da Oficialidade, que establecía que todos os oficiais debían prometer a súa adhesión á república, coa posibilidade de retirarse co soldo íntegro se o desexaban.
Ademais suprimíronse algúns rangos tradicionais, reduciuse o nº de unidades e oficiais e cerrouse a Academia Militar de Zaragoza. Posteriormente creouse a Garda de Asalto, forza de orde pública fiel á República.
A reforma tivo resultados limitados, a redacción do orzamento dificultou a modernización material. A reforma foi recibida,sobre todo polos africanistas, como unha agresión á tradición militar e ao poder do exército.
2.3 A reforma agraria
Pretendíase poñer fin ó predominio do latifundismo e mellorar as condicións de vida dos campesiños pobres.
Unha serie de 1º decretos estableceron a prohibición de rescindir os contratos de arrendamento, fixaron a xornada a 8 horas e determinaron un salario mínimo.
Pero a verdadeira reforma consistía na creación dunha Lei de Reforma Agraria, que permitía a expropiación sen indemnización das terras dunha parte da nobreza, mentres que as cultivadas de xeito deficiente se podían expropiar ofrecendo unha indemnización ós propietarios.
A aplicación desta lei foille encomendada ao Instituto da Reforma Agraria. Os resultados iniciais da reforma foron escasos porque se expropiaron moitas menos hectáreas das previstas. O fracaso estaría na complexidade da lei, na lentitude da súa aplicación, na falta de orzamento e resistencia dos propietarios.
Orixinou un aumento da tensión social, os grandes propietarios opuxéronse á reforma, e os campesiños quedaron decepcionados polos resultados, e fóronse orientando cara a posturas máis revolucionarias.
2.4. A reforma do Estado centralista
O 14 de abril do 31, Francesc Macià, proclama a República Catalá. A negociación entre o goberno provisional da república e os dirixentes cataláns permitiu a anulación de esta decisión, a cambio de poder levar a cabo a formación dun goberno autonómico provisional, cuxa tarefa era elaborar un Estatuto de Autonomía. A aprobación deste contou coa oposición da dereita e algúns sectores republicanos, aínda así foi aprobada en setembro do 32.
No País Vasco, o PNV e carlistas aprobaron un proxecto de estatuto, pero a súa aprobación atrasouse indefinidamente debido á oposición. En outubro do 36 aprobouse un estatuto , froito dun consenso político entre nacionalistas, republicanos e socialistas.
2.5. A obra educativa e cultural
Outra reforma importante foi a do ensino. Pretendíase promover unha educación liberal e laica, e o centro da súa actividade foi o ensino primario. Intentouse acabar coa hexemonía do ensino relixioso e adoptouse unha escola mixta , laica, obrigatoria e gratuíta. Tamén pretenderon mellorar o nivel cultural, e promovéronse campañas culturais destinadas ós sectores mais humildes.
2.6. As reformas laborais
Largo Caballero iniciou unha serie de reformas par mellorar as condicións laborais. Aprobouse a Lei de Contratos de traballo e a Lei de Xurados Mixtos. Estableceuse tamén a semana laboral de 40 h e estimulouse o aumento de salarios. Estas medidas provocaron irritación das patronais, que se opuxeron conseguindo frear algúns proxectos.
3.1. Unha coxuntura económica desfavorable
O cambio de réxime coincidiu coa fase mais grave da depresión económica mundial, iniciada co afundimento da Bolsa de Nova York, e imposibilitou o crecemento económico a pesar de afectar de xeito máis débil que noutros países occidentais.
En calquera caso, a crise agravou os xa tradicionais problemas internos da nosa economía, e a estes sumáronselles os derivados da política económica do goberno republicano.
3.2. A conflitividade social
A lentitude das reformas provocou o desencanto e a impaciencia dos traballadores. A vontade revolucionaria dos partidos e sindicatos de esquerda agudizou os enfrontamentos. As folgas, as insurreccións, e as ocupacións de terras foron en progresivo aumento.
Estes feitos produciron un enorme desgaste do goberno,que se viu desacreditado como consecuencia das duras medidas policiais adoptadas para establecer a orde pública.
3.3 A reorganización das dereitas
As reformas republicanas foron vistas como cambios demasiado radicais e os sectores das clases medias foron organizándose ao redor dos tradicionais partidos conservadores, ou das novas org. Fascistas para opoñerse ó goberno.
O centro-dereita reestruturouse a redor do Partido Radical de Lerroux. A CEDA contou rapidamente cun bo número de afiliados. A Renovación Española, Comunión Tradicionalista, y grupos de Falange y de las JONS, realizaron unha actividade contra o marxismo e o perigo dunha revolución bolxevique.
O xeneral Sanjurjo foi protagonista dun golpe de Estado en agosto do 32 , pero fracasou estrepitosamente.
4.1. As eleccións de 1933: o goberno de dereitas
Leváronse acabo o 18 de novembro. A esquerda presentouse aos comicios desunida, ademais, importantes masas obreiras optaron pola abstención por petición da CNT. Pola contra, a dereita presentouse unida e organizada. Gañaron os partidos de centro-dereita, e comezou o Bienio Negro (conservador).
4.2 A paralización das reformas
O novo goberno, presidido por Lerroux, iniciou o seu mandato paralizando boa parte do proxecto reformista anterior. No campo freouse a reforma agraria. O goberno central tamén se puxo a mal cos nacionalistas vascos ao paralizar a discusión do proxecto de estatuto vasco impulsado polo PNV.
Tamén se aprobou un orzamento de culto e clero, e iniciáronse negociacións coa Santa Sede e anuláronse as reformas do exercito emprendidas por Azaña.
Esta viraxe, tivo como consecuencia unha radicalización do PSOE e da UGT. Este sector e os anarquistas declararon unha guerra aberta contra o novo goberno con folgas e conflitos.
4.3 A revolución de outubro de 1934
O dia seguinte de formarse o novo goberno, por iniciativa da UGT, producíronse folgas e manifestacións, para defender as reformas sociais ameazadas polo novo goberno. O movemento fracasou a nivel nacional pola falta de coordinación e a resposta do goberno, con acontecementos especialmente graves en Asturias e Cataluña.
En Asturias , os mineiros fixeron unha revolución social, froito dun acordo entre anarquistas, socialistas e comunistas, que ocuparon as vilas da conca armados. Asediaron Oviedo para defender a revolución e enfrontarse coas forzas. Pero o goberno levou a Lexión para reprimilos.
En Cataluña, a revolta foi mais de carácter político, có apoio do presidente da Generalitat, Lluís Companys, que pretendía evitar a entrada da CEDA no goberno e proclamou a República catalá dentro da R.Federal ao mesmo tempo que unha alianza de partidos e sindicatos de esquerda organizaba unha folga xeral.
Declarouse o estado de guerra e o exercito ocupou o palacio da Generalitat.
4.4 A crise do segundo bienio
As consecuencias da revolución foron notables, a CEDA aumentou a súa influencia no goberno e tiña a intención de aplicar as condenas con rigor e reorientar aínda máis o goberno. Tamén presentou un proxecto para modificar a Constitución, abolía o divorcio, a expropiación de terras, unha revisión restritiva das autonomías... En outono do 35 estalou una crise de goberno. O Partido Radical, viuse afectado por escándalos de corrupción, que agravaron as diferenzas no interior da coalición e facíase imprescindible o relevo no poder. Gil Robles intentou ser nomeado presidente pero Alcalá Zamora negouse, e convocou eleccións para febreiro do 36.
5.1 As eleccións de febreiro do 36
Os partidos de esquerda agrupáronse no Frente Popular e os de dereita formaron distintas coalicións constituídas pola CEDA , os monárquicos e os tradicionalistas (Bloque Nacional). Pero as dereitas non lograron redactar un programa electoral saído do consenso nin confeccionar unha candidatura unica. O Frente Popular converteuse na forza gañadora, e o novo goberno quedou formado por republicanos, mentres que o resto de partidos se comprometeron a prestarlle apoio parlamentario. Manuel Azaña foi nomeado presidente da República e Casares Quiroga , xefe do goberno.
5.2. O Frente Popular
Decretou unha amnistía, e obrigóuselles ás empresas a readmitir obreiros despedidos pola folga do 34.O goberno da Generalitat volveu de novo ao poder, restableceuse o seu Estatuto de Autonomía e en Galicia e País Vasco iniciáronse negociacións para aprobar un propio. Proseguiu o proxecto reformista interrompido.
Os partidos de esquerdas e os sindicatos botáronse a unha mobilización popular. Nas cidades convocáronse folgas para pedir mellora das condicións laborais no campo, e os xornaleiros ocupaban terras.
Esta situación foi rexeitada polas dereitas. A Falange Española asumiu un forte protagonismo e fomentou un clima de enfrontamento civil. Grupos de falanxistas iniciaron accións violentas contra os líderes esquerdistas, e estes enfrontamentos propagáronse por todo o país
5.3 Cara ao golpe de Estado
Este clima favorecía ós sectores decididos a organizar un golpe de Estado contra a República. A mesma noite das eleccións Franco intentou declarar o estado de guerra. A conspiración tivo escasa forza ó principio ata que se puxo Emilio Mola á fronte. Para frear os rumores de golpe de Estado, o goberno trasladou de destino os xenerais implicados nos complots, pero non se atreveu a destituílos.
A conspiración contaba co apoio de dereitas, tamén estableceron contacto coa Italia fascista e a Alemaña nazi. O 14 de xullo produciuse en Madrid o asasinato de Calvo Sotelo. A súa morte acelerou os plans , e a sublevación iniciouse en Marrocos o dia 17 de xullo, dando orixe a unha guerra civil de 3 anos.