B. REVOLUCIÓN FRANCESA
Coñecese co nome de Revolución Francesa ao movemiento político, social, económico e militar, que surxiú en Francia en 1789; como consecuencia do derrumbe da monarquia absoluta, que ata entonces rixeu en Francia, á vez que orixinou o establecemento dun goberno republicano democrático.
A Revolución Francesa difundeu polo mundo os ideales de liberdade e fraternidade, así como o da soberanía popular.
Modelo de revolución liberal
Derrubou o Antigo Réxime
Institucionalizou un novo concepto de Estado como expresión da soberanía popular, e creou un novo sistema baseado nos principios de respecto aos dereitos do home (liberdade, igualdade, propiedade). Estos dereitos do home permitiú a conquista do poder pola burguesía e provocou a aparición dunha sociedade moito máis dinámica e aberta: a burguesía.

CAUSAS: 
SOCIAIS: A sociedade estaba dividida en dous grupos, os privilexiados e os non privilexiados. Os primeiros gozaban de todas as vantaxes do sistema mentres que os segundos vivían sometidos e tiñan motivos de descontento e queixa, especialmente a burguesía e os máis pobres. Os grupos burgueses comezaron a obter mais poder económico pero toleraban con dificultade a súa marxinación dentro do sistema, por iso, desexaba participar nos cargos e honores públicos e eliminar os privilexios da aristocracia. Os campesiños estaban sometidos a un duro sistema fiscal e xurídico de tipo feudal que beneficiaba fundamentalmente a nobreza e o clero. Cada territorio pertencia aos privilexiados polo que os campesiños para poder traballalos debían pagar todo tipo de impostos a estos (corveas, taxas...)
IDEOLÓXICAS: As ideas da Ilustración espalláronse por toda Francia, especialmente entre os círculos da burguesía. A crítica á tradición, aos privilexiados e ao absolutismo monárquico, foron sentando as bases de novas formulacións sobre as que se debía fundamentar a sociedade e o sistema político: control do poder político, dreitos individuais, igualdade ante a lei...Estas novas ideas deron argumentos aos grupos burgueses para desexar un cambio na situación política e social na que estaban vivindo.
ECONÓMICAS:  A finais do século XVIII as dificultades agrarias e económicas foron frecuentes en Francia. As colleitas eran insuficientes e os prezos dos produtos agrículas, fundamentalmente o pan, subían, afectando duramente á poboación das cidades. O desemprego increméntase entre os obreiros dos talleres artesanais, isto provocou un malestar xeral e comezaron a protestar. En Xullo de 1789, o prezo do pan alcanzou a súa máxima subida en París e foi un dos detonantes da revolución. Os gastos realizados eran excesivos e superaban aos ingresos. O Estado necesitaba incrementar os seus ingresos e iso só podia facelo impoñendo nvoos tributos. Pero era imposible que o pobo pagase máis, por iso, o Goberno de Luís XVI tratou de conseguir que os privilexiados contribuísen e pagasen certos impostos. A súa negativa provocou a convocatoria dos Estados Xerais e o inicio da revolución.