A tradición, conta que un monxe veu unhas luces preto do cenobio de S. Fiz de Solovio; alí encontraron un sepulcro, que se considerou era a tumba do apóstalo Santiago. Visto esto o rei Alfonso III, iniciou a construcción do primeiro templo, o cal será consagrado no ano 899, e destruído no s.X nunha das razias de Almanzor.

A rápida difusión da noticia tivo unha enorme repercusión no continente, xa que xentes de todas partes acudiron a Santiago a render culto ás reliquias do Apóstolo. A ruta máis importante de peregrinación foi o Camiño francés. Grazas a este, o Románico vaise difundir por todo o seu percorrido.

A actual catedral románica, foi iniciada no ano 1075. Representa a culminación das grandes igrexas de peregrinación, e recolle aportacións dos precedentes franceses.

Houbo tres etapas constructivas:

·A obra, iniciouse no 1075, e traballaron nela ata o 1088, data na que foi deposto o prelado. Os mestres encargados das obras foron Roberto e Bernardo o vello. Empezaron a obra pola zona oriental da xirola e nos absidiolos adicados ao Salvador, San Pedro e San Xoan Evanxelista. As esculturas desta zona teñen vínculos estilísticos con Sta. Fe de Conques.

·As obras se ralentizaron ata o ano 1093 pola destitución de Diego Peláez, coincidindo co nomeamento de Diego Xelmírez como vicario e adminstrador da diócese, para continuar as obras.O mestre Estevo, dirixiu as obras ata resultou sustituido polo mestre Bernardo o xove. Xa se completara parte do deambulatorio e o cruceiro mentras se traballaba ñas portas do transepto.Cando no 1117 se produceu a revolta burguesa contra o obispo Xelmírez estaba rematada a fachada de Praterías, a cabeceira e os primeiros tramos das naves lonxitudinais.

·As obras ralentizáronse ata o derradeiro terzo do S.XII e os primeiros anos do S.XIII, nos que dirixe as obras o Mestre Mateo. Construíron os últimos tramos das naves e todo o conxunto arquitectónico occidental. Finalmente no ano 1211 daríanse por finalizadas as obras, tendo lugar a súa consagración definitiva.

No interior, prima a sensación de verticalidade e esbeltez. A nave central (nela atópase a tribuna) lonxitudinal e a do transepto son máis altas que as laterais. Aprimeira, está cuberta no brazo lonxitudinal dunha bóveda de canon reforzada con arcos de faixa, e con arcos formeiros peraltados e dobrados. Nas naves laterais, empréganse bóvedas de aresta. Destacan os piares cruciformes con capiteis decorados que funcionan como soporte.

No centro do cruceiro levántase un gran ciborio cuberto cunha cúpula montada sobre trompas que ilumina o espazo, ceñido no exterior por oito torres moi transformadas na actualidade con relación ó orixinal románico. Finalmente cúbrese a xirola con bóvedas de arista e os absidiolos con bóvedas de cuarto de esfera. O alzado interior, articúlase en dous andares: as arcadas do nivel inferior, e arcos formeiros peraltados que descargan sobre piares cruciformes; e unha tribuna no superior que se abre á nave central con arcos de medio punto xeminados sobre columnas pareadas.

O exterior, aparece moi reformado pola intervención posterior barroca. Do estilo románico inicial tan só queda a fachada de Praterías. Cos séculos, o conxunto sufriu importantes modificacións.

Debemos destacar as torres de base cadrada que encuadraban primitivamente a fachada oeste, o enorme desenvolvemento do cruceiro, e a complexidade da cabeceira. Ten contrafortes para reforzar os grosos muros, e os vanos eran pequeños e abocinados. O tellado, é de pedra.

No deambulatorio a parte máis antiga do conxunto atópase a capela central do Salvador que conserva o recordó do prerrománico pola súa planta rectangular externa.

Destacaba a harmonía do conxunto e a correlación de volumes que formaban a basílica. Esta, vese reflectada en que a anchura da nave central é o doble que a das laterais, e a lonxitude do transepto equivale á do corpo principal.

A decoración, concéntrase nas portadas, os capiteis, e o axedrezado do comezo da tribuna.