RAMÓN OTERO PEDRAYO
Características
- Fillo dunha familia burguesa liberal e culta.
- Escritor máis prolífico e plural da súa xeración (poeta, dramaturgo, xeógrafo e historiador).
- Entre 1931 e 1933 é elixido deputado polo Partido Nacionalista Republicano por Ourense.
- Trala Guerra Civil é expedientado e expulsado da súa cátedra de instituto.
Obra literaria
Narrativa
- Destaca como narrador grazas ás súas novelas e ás múltiples colaboracións en xornais.
Narrativa breve
- Pantelas, home libre: 1ª achega literaria coa que obtén un premio do SEG.
Ambientación rural. Nela introduce 2 elementos constantes na súa obra: a
identificación do home galego coa paisaxe e unha fidalguía decadente incapaz de
asumir os cambios sociais desa época.
- O Purgatorio de don Ramiro de humor macabro.
- Escrito na néboa fai o primeiro retrato xeracional.
- Contos do camiño e da rúa, Entre a vendima e a castañeira, Contos de Santos e Nadal
(publicación póstuma).
Narrativa longa
Características:
+ Supoñen a incorporación definitiva da prosa galega á modernidade.
+ Técnicas narrativas: monólogo interior, estilo indirecto libre, alteración da estrutura
narrativa e mestura de xéneros literarios.
- Os camiños da vida: triloxía na que narra a transformación da sociedade rural galega
do séc. XIX mediante o relato da decadencia de dúas familias fidalgas.
- Arredor de si: retrato da evolución ideolóxica da súa xeración a través do personaxe de
Adrián Solovio quen realiza unha viaxe exterior (Europa) e unha interior na procura da
súa identidade.
- Devalar de protagonista colectivo (Galicia). Técnica innovadora.
Ensaio
- Obra ensaística ampla e variada. Galicia tema central.
- Ensaio histórico sobre a cultura galega: síntese do desenvolvemento histórico e cultural
de Galicia desde a Prehistoria ata principios do século XX.
- Polos vieiros da saudade: crónica dunha viaxe.
- O libro dos amigos: carácter biográfico.
Teatro
- Innovación. Importancia do teatro como elemento normalizador da cultura galega.
- A lagarada: drama rural vangardista.
- O desengano do prioiro: sobre a implantación da industria dos cadaleitos.
Poesía
- Bocarribeira: 65 poemas cuxos temas principais son a paisaxe trasalbesa e o fluír do
tempo.