Teatro
Tivo especial relevancia grazas ás numerosas compañías teatrais galegas que representaban con certa frecuencia. Represéntase tanto teatro culto como popular-costumista. Escriben obras Castelao, Seoane (en 1957 sae do prelo A Soldadeira e no 59O irlandés astrólogo), Blanco Amor (escribe moitas pezas, entre as que destacan O cantar dos cantares, Farsas para títeres e Teatro pra a xente), e o prolífico Manuel Varela Buxán,que encabezou a liña popular (escribe Se o sei non volvo á casa (1938), O cego de Fornelos, A xustiza dun mariñeiro ou Pola nosa culpa (1942) que recreaban os costumes e tradicións da Galiza campesiña e mariñeira que os emigrantes deixaran atrás. Fundou a compañía teatral galega máis importante en Bos Aires, a Compañía Maruja Villanueva (1938-44). Castelao confioulle a el e á súa compañía a estrea de Os vellos non deben de namorarse).