1. HISTORIA.
A orixe do fútbol é difícil de determinar, pois atopamos xogos de características similares, practicados
en distintas civilizacións; así cara ao ano 2.000 a. C. practicábase en China un xogo que consistía en levar un pelello
de animal inchado desde un pobo a outro, golpeándoo co pé. Pero uno dos xogos con máis similitudes co fútbol
actual foi o “ gioco dei calcio” que se practicaba en Florencia cara ao ano 1400 d. C.
Como na maioría dos deportes, foi na Inglaterra do sigo XIX onde se lle deu forma e regulamento ao
fútbol:
Na universidade de Cambridge ideáronse as regras do fútbol, coñecidas como as “Catorce regulas de
Cambridge”.
En 1866 xogouse o primeiro partido de fútbol entre os equipos de Sheffield e de Londres (Inglaterra).
En 1988 iniciouse a primeira liga de fútbol en Inglaterra.
En España, foron os traballadores ingleses quen introduciu o fútbol, formando os primeiros equipos
españois; destacan pola súa antigüidade o Huelva Recreation Club (1878) e o Aguias C. F., uníndose
posteriormente outros club: Athletic de Bilbao (1898), F. C. Barcelona (1899), R. C.D. Español (1900),
R.Madrid (1902) e Atlético de Madrid (1903).
O fútbol sala naceu en Uruguai en 1930, coincidindo coa vitoria da súa selección nacional no Campionato do
mundo de fútbol. Este feito foi a causa do gran entusiasmo pola práctica do fútbol entre os nenos e a necesidade
promocionar a súa práctica nos meses de inverno, para o que se ideou un xogo baseado no fútbol e realizado nun
recinto pechado. Posteriormente, en 1949, Brasil elaborou o primeiro regulamento deste deporte e a partir dese
momento estendeuse por todo o mundo.
2. TÉCNICA.
No pé diferenciamos varias zonas de golpeo, con usos e fins distintos no manexo da pelota:
• Empeine: zona frontal do pé, transmite a maior forza ao balón.
Empeine total: permite lograr a máxima velocidade e desprazamento do balón sen excesiva
precisión, emprégase nos lanzamentos fortes, pases moi afastados, saque de portería,
despexes e na condución de velocidade.
Empeine interior: permite lograr gran velocidade e potencia do balón con gran precisión,
emprégase en lanzamentos con efecto do balón, na maioría dos pases afastados e na
condución e caneo co balón.
Empeine exterior: permite lograr un efecto contrario ao do empeine interior do mesmo pé,
emprégase na condución e caneo co balón, e como pase de recurso cando non dominamos o
empeine interior da outra perna, ou non temos tempo para utilizalo.
• Interior: zona interna do pé, é unha superficie ampla que permite obter o máximo control da
pelota, emprégase en pases de precisión e controis.
• Exterior: zona externa do pé, é unha superficie ampla pero con pouca mobilidade, emprégase nos
controis laterais e na condución e caneo co balón.
• Punta: zona da punta do pé, é unha superficie pequena con pouca precisión, emprégase nos
lanzamentos rápidos e fortes.
• Talón: zona traseira do pé, permite un golpeo con certa potencia e escasa precisión, emprégase en
lanzamentos rápidos, cando non dá tempo a virarse.
• Planta: zona inferior do pé, permítenos dominar o balón, especialmente en fútbol sala (non hai tacos nas
zapatillas), emprégase no control do balón e nalgúns casos para a condución do mesmo.
• Coxa: zona central da coxa, permítenos controlar o balón cando vén por o aire, para amortecelo e
baixalo ao chan.
• Peito: zona central do tronco, permítenos controlar o balón cando vén polo aire, para baixalo ao chan.
• Cabeza: zona frontal da cabeza, permítenos desviar a traxectoria da pelota, emprégase no remate dun
corner, e tamén como pase de recurso para devolver un pase elevado, ou mesmo controlalo.