ORIXE DO COSMOS NA CORRENTE PRESOCRÁTICA
Os filósofos que consideramos como pioneiros na filosofía son os denominados presocráticos. En principio reciben este nome por ser simplemente anteriores a Sócrates. Co tempo fumos descubrindo a importancia e transcendencia do seu pensamento. O primeiro gran paso que deron é substituír a arbitrariedade propia dos mitos pola necesidade, é dicir, polo logos, comezando a interpretarse a realidade como Cosmos e non como Caos. Os filósofos do primeiro período, que pode definirse como cosmolóxico, son denominados presocráticos. Neles xurdiu unha preocupación pola physis (natureza) que é concebida como un todo ordenado dotado de beleza para que cada cousa cumpla coa súa esencia. Isto reflíctese tamén na busca de Arché (orixe). Os presocráticos que afirmaban que o arché era unha realidade única eran considerados monistas, mentres os que pensaban que o arché era múltiple eran considerados pluralistas.
Monistas:
-Tales de Mileto: O seu arché era o auga e destacou como político, astrónomo, matemático, xeofísico e filósofo. Con el comeza a doutrina do Hilozoísmo.
-Anaximandro: O seu arché era o apeirón, é dicir, o indeterminado ou indefinido.
-Anaxímenes: O seu arché era o aire.
-Pitágoras: O seu arché era a harmonía que estaba composta polo número e a medida. Moita importancia das matemáticas e crenza nun alma inmortal que transmigra que será básico para Platón
-Heráclito: O seu arché era o lume, a súa teoría era a pluraridade móbil e a súa filosofía é a súa vez unha cosmoloxía. É autor da frase “todo flúe, nada permanece” o que define a súa teoría. Para Heráclito o universo ten unha tensión harmónica de contrarios e o devir do mundo é un eterno xuntarse e separarse. Di que todo cambia pero non é un cambio caótico senón que está rexido polo logos que defende a harmonía detrás do cambio e a razón.
-Parménides: O seu arché era o ente, é dicir, o camiño do ser e a súa teoría era a unidade móbil. Enfrontado ao camiño do ser encontramos o camiño da opinión (doxa) na que apreciamos unha clara crítica a Heráclito. O camiño do ser é o camiño da verdade (aletheia). É autor da frase “O ser é e non pode deixar de ser”.
Pluralistas:
-Empédocles: O seu arché estaba formado polos catro elementos, é dicir, auga, aire, lume e terra que son denominados como as catro raíces do saber.
-Anaxágoras: A realidade está composta por homeomerías, que son movidas e rexidas por unha causa exterior, o nous ou entendemento, idea que el introduciu.
-Atomistas (Demócrito): O mundo componse de partículas homoxéneas non divisibles, que son os átomos que realizan movementos que consisten en choques azarosos. Entre estos átomos está o baleiro ou nada.