Por último atopamos a narrativa satírica con obras como Os europeos en Abrantes, o porco de pé (literatura satírica galega).  Tamén cómpre destacar o seu ensaio por obras como Mitteleuropa onde dase a coñecer o seu terror ante o marxismo e a xustificación da cruzada nazi.  No teatro escribiu tan só unha obra o bufón d-el Rei, corte simbolista.  Por outra parte temos a Ramón Otero Pedrayo (1888-1976) coñecido como o patriarca das letras, tiña unha orixe fidalga. Fundou en 1931 xunto con Risco o partido nacionalista republicán. Tamén cabe destacar que foi catedrático de xeografía e historia na Universidade de Compostela, participou tamén na fundación da editorial galaxia. Foi un escritor prolífico e plural. Tivo unha obra moi extensa e un saber humanístico enciclopédico. Foi poeta, dramaturgo, ensaista, xeógrofo e historiador, ademáis foi o fío entre o galeguismo de preguerra e as novas xeracións.   Podemos organizar a súa narrativa en 3 grandes subconxuntos ou temáticas. As novelas histórico-realistas, centrase na Galiza rural do s.XIX e o periodo de transición ao s.XX, fala de decadencia da fidalguía e dos cambios que experimenta a  sociedade tradicional en obras como Pantelas, home libre e O purgatorio de D.Ramiro (paisaxe ruralismo), Os camiños da vida (ten 3 partes onde fala de decadencia da decadencia da fidalguía desde o punto galeguista), O mesón dos Ermos (s.XIX), o señorito de Reboraina (pecha o ciclo fidalgo e tratase dunha parodia das súas obras anteriores cunha presenza do irónico). As novelas histórico-culturistas están ambientadas na idade media galega e no Romanticismo, cunha evocación máis cultural e relixiosa onde aparecen obras como Fra Verrero (novela-ensaio) onde ofrecenos un percorrido pola Europa de fins do XVII e comezos do XIX e A romeiría de Xelmirez, onde conta a viaxe do arcebispo compostelán de Santiago a Roma. As novelas psicolóxicas que se articulan arredor do conflito inerior dos seus protagonistas en oras coma Escrito na néboa (mozo fidalgo preocupado pola sua personalidade intelectual) Arredor de sí (reflexión sobre a conversión ao galeguismo) e Devalar (novelas innovadora caracterizada polo fragmentarismo, o simultaneismo e o protagonismo múltiple.psicolóxicas que se articulan arredor do conflito inerior dos seus protagonistas en oras coma Escrito na néboa (mozo fidalgo preocupado pola sua personalidade intelectual) Arredor de sí (reflexión sobre a conversión ao galeguismo) e Devalar (novelas innovadora caracterizada polo fragmentarismo, o simultaneismo e o protagonismo múltiple.