O reino visigodo de Toledo 

• Pero no 507 os francos expulsan aos visigodos da Galia.

 • Entón, os visigodos establecéronse na Península Ibérica, fixando a capital do reino en Toledo.

 • O reino visigodo de Toledo acadou o seu momento de esplendor entre o século VI e a primeira metade do século VII. Principais monarcas: Leovixildo, Recaredo e Recesvinto.

 • O reino visigodo de Toledo foi conquistado polos musulmáns en 711.


A monarquía visigoda

 • Monarquía electiva, o que deu lugar a frecuentes enfrontamentos polo poder.

 • O rei contaba coa axuda da Aula Rexia (consello formado por nobres e eclesiásticos) e dos condes e duques.

 • As decisións políticas e relixiosas tomábanse nos concilios (nos que participaban o rei, a Aula Rexia e o clero).


A organización social e política dos visigodos

 • Os visigodos eran minoría con respecto á poboación hispanoromana. 

• Grupos sociais: 

– Nobres e clérigos. Ocupan cargos políticos e son propietarios da maior parte das terras.

 – Campesiños libres. 

– Escravos.

 • Agricultura: principal actividade económica. As cidades e o comercio entraron en declive


A cultura e a arte visigodas 

• Destacou Santo Isidoro de Sevilla, autor das Etimoloxías.

 • Os visigodos construíron igrexas de pedra, nas que empregaron o arco de ferradura e as bóvedas. A decoración concentrábase nos capiteis. Exemplos: San Pedro de la Nave, San Juan de Baños, Santa Comba de Bande

. • Na ourivaría destacou a coroa votiva de Recesvinto (Tesouro de Guarrazar).


O Imperio Bizantino

• Imperio Romano de Oriente: resiste as invasións xermanas e dura ata o século XV. Toma o nome de Imperio Bizantino, con capital en Constantinopla (antiga Bizancio). 

• Acada o seu máximo esplendor na época de Xustiniano (século VI). A súa esposa, Teodora gozou de gran poder. 

• Na época de Xustiniano, o Imperio Bizantino chegou a controlar territorios no norte de África, en Italia e no sur de Hispania. 

• Na época de Xustiniano houbo unha gran prosperidade económica e un importante esplendor cultural. • Porén, os territorios conquistados por Xustiniano non se conservaron durante moito tempo.

 • Finalmente, en 1453 os turcos tomaron Constantinopla e o Imperio desapareceu.


A organización do Imperio Bizantino

 • O Imperio estaba gobernado polo emperador (basileus), que era xefe político, militar e relixioso. • Existían funcionarios e diplomáticos. O exército defendía as fronteiras do Imperio. 

• Xustiniano impulsou a recopilación de todo o dereito romano (Código de Xustiniano).