Qué permite explicar la teoría de expansión? 1. A distribución dos sedimentos nas cuncas oceánicas/ 2. O incremento da idade dos fondos oceánicos ao afastarse da dorsal/ 3. A distribución don bandeado magnético na codia oceánica/ 4. A importante actividade volcánica e sísmica das dorsais. A tectónica de placas: Esta teoría xurdiu a finais dos anos 60 e xuntou as ideas da deriva continental e dos fondos oceánicos; sinala que a litpsfera se move, e explica as causas destes movementos e as súas consecuencias. 1. A litosfera está dividida nun conxunto de fragmentos rixidos chamados placas. As placas son anacos de litosfera cun grosor entre 50-200km e posúen unha extensión superficial moi variable. A maioría delas conteñen litosfera continental e litosfera oceánica. Existen 7 grandes placas litosféricas: Euroasiática, Africana, Indoaustraliana, Pacífica, Norteamericana, Suramericana e Antártica. 2. Os límites ou bordos das placas litosféricas poden ser de tres tipos: a)Límites diverxentes ou dorsais, onde se xera nova litosfera, b)Límites converxentes ou zonas de subdución, nas que se destrúe litosfera e c)Fallas transformantes ou límites conservativos, nas que nin se crea nin se destrúe litosfera, senón que unha placa se despraza lateralemente respecto a outra. 3. As placas litosféricas desprázanse sobre os mateirais dúctiles do manto sublitosférico. Fano a unha velocidade entre 1 e 12 cm/ano, seguindo distintas direccións. Como entre as placas non existen ocos, o movemento de calquera delas afecta tamén ás que a rodean e provoca afastamento ou aproximacióm de continentes e incluso, colisións entre eles. Por isto, os límites de placa son as zonas da Terra onde máis actividade xeolóxica hai. Neles orixínanse a maior parte de volcáns e sismos. 4. Os desprazamentos das placas litosféricas son causados pola enerxía térmica do interior terrestre e a enerxía gravitacional. A enerxía térmica impulsa as correntes de convección do interior terrestre e permite a existencia dun manto dúctil baixo a litosfera, xa que sen ela non habería tectónica de placas. A enerxía gravitacional é responsable de que se produzca a subdución, e unha vez iniciada, o extremo frío e denso da litosfera subducida tira da parte superficial da placa e arrástraa. 5. A litosfera oceánica é renovada continuamente, mentres que a litosfera continental ten un carácter máis permanente. A formación de nova litosfera nas dorsais e a súa destrución nas zonas de subdución explica que a antigüidade dos fondos oceánicos sexa inferior a 180 m.a mentres que nos continentes atopamos rochas de case 4000 m.a. 6. Ao longo da hisotira da Terra non só cambiou a posición das placasa litosféricas ou a súa forma e tamaño senón que tamén o seu número. As causas disto son a creación de litosfera nas dorsais, a súa destrucion nas zonas de subdución, e os procesos de división e unión de placas.