-Identifique os catro tipos de réxime fluvial que aparecen numerados na figura 1                                                                     

-Analice o tipo de documento da figura 2 e explique o valor “k”: A figura 2 presenta un hidrograma, un gráfico que expresa a evolución do caudal dun río ao longo dun ano hidrolóxico. Para ponderar o caudal dun río téñense en conta varios elementos: o volume de auga que pasa por un punto concreto, o tipo de precipitación (choiva ou neve) ou a distribución mensual do mesmo, que tamén está en función de factores como a altitude do relevo, o solo e a vexetación. O ano hidrolóxico iníciase en outubro e remata en setembro. No eixo horizontal represéntanse a sucesión de meses do ano; no eixo vertical represéntase un número que expresa a variación do caudal de cada mes con respecto ao caudal medio anual ou módulo. O valor “k” representa a relación entre o caudal medio mensual e o caudal absoluto

-Identifique e xustifique o tipo de réxime fluvial representado na figura 2: O réxime fluvial representado na figura 2 é un réxime pluvial mediterráneo puro. O réxime presenta tres picos máximos (un máximo en outono e outros dous en primavera), e un acusado mínimo de verán, coincidente co período de estiaxe.

-Sinale as principais características e usos do tipo de río correspondente ao réxime fluvial representado na figura 2: A distribución do caudal é coincidente coa distribución anual das precipitacións, dado que na área mediterránea, os máximos de choiva coinciden cos equinocios. Pola contra, o inverno e o verán coinciden cos períodos de menor caudal. Os caudais dos ríos mediterráneos son moi irregulares entre estacións, con grandes enchentes en tempos de choivas torrenciais e gotas frías, polo que non é de estrañar que se provoquen enormes inundacións. A escaseza de auga na cunca mediterránea, fará necesaria a construción de infraestruturas, como encoros, para tratar de regularizar o seu caudal. En canto aos usos destes ríos, as principais funcións son o abastecemento humano e o regadío.