Antigo Réxime

Sistema político e socioeconómico propio dos séculos XVI ao XVIII .Denominación utilizada polos historiadores para referirse á época moderna. Baseábase nunha economía de base agraria. A monarquía absoluta era a forma predominante de goberno.

Paz de Utrecht

Paz que pon fin á guerra de Sucesión española que enfrontara ás casas de Borbón e Austria polo dominio ao trono español. Foi firmada en 1713 na cidade holandesa de Utrecht e vai marcar o inicio da hexemonía británica. Os países asinantes comprometéronse a manter unha política de equilibrio continental a fin de evitar o predominio dunha potencia sobre as demais.

Decretos de Nova Planta

Conxunto de decretos promulgados por Felipe V, datados na primeira década do século XVIII, que aboliron os privilexios e institucións da Coroa de Aragón.Foron promulgados a raíz da Guerra de Sucesión (1702-1714). Supuxeron a imposición da organización político-administrativa e as leis de Castela, ademais do uso do castelán como lingua administrativa. . Foron promulgados entre 1707 e 1716.

Catastro de Ensenada

Inventario da riqueza da Coroa de Castela realizado no reinado de Fernando VI, a instancias do seu ministro, o Marqués de La Ensenada. O seu obxectivo era a racionalización do sistema fiscal castelán, atendendo á filosofía do reformismo borbónico. As protestas dos grupos privilexiados frustraron a aplicación do proxecto; pero constitúe unha fonte de gran valor para o estudo da poboación e a economía castelá da época.



Despotismo ilustrado

Forma de goberno característica das monarquías absolutas europeas da segunda metade do século XVIII ; mantendo os fundamentos do Antigo réxime, aplicaba reformas baseadas nas ideas ilustradas; pretendía promover o benestar dos súbditos sen alterar os principios esenciais do A.R. (absolutismo político e sociedade estamental) (con polo menos unha destas precisións, notable).

Motín de Esquilache

Levantamento popular que tivo lugar en Madrid durante o reinado de Carlos III. Foi froito da oposición ás medidas impulsadas polo ministro real, Esquilache. A orixe do conflito foi o descontento pola subida do prezo do pan provocada polas malas colleitas e a especulación; desenvolveuse nun contexto de malestar popular por outras medidas reformadoras do momento. Tivo lugar en 1766.

Regalismo borbónico

Doutrina política que defendía a autoridade e as p.rerrogativas da monarquía fronte aos intereses eclesiásticos vinculados á Santa Sé.