oll00A que denominamos Era Compostelá? A Era Compostelá corresponde co período de máximo esplendor da sociedade galega medieval, entre os séculos XII e XIII. As causas deste período de esplendor foron: o feito de Galiza como terra de retagarda nas loitas contra os árabes e o cesamento dos ataques por vía marítima dos normandos, melloras na agricultura que permitía alimentar ás poboacións e xerar riqueza nas urbes, o crecemento das urbes, intercambios culturais e o poderío da nobreza galega. Desde cando existe o galego como idioma diferenciado?Que probas temos da súa existencia? O galego existe como idioma diferenciado desde o século VIII. As probas que temos son a aparición de expresións e palabras romances e incorrectas latinizacións en textos escritos. Por que denominamos galego-portugués á lingua medieval? O galego-portugués denomínase lingua medieval porque a lingua era a mesma ao norte e ao sur do río Miño e xa levaba centos de anos sendo una lingua oral usada por individuos de todos os estamentos.En que data se comeza a escribir en galego-portugués? As mostras máis antigas de textos escritos en galego-portugués datan de finais do século XII/comezos do século XIII. Eses textos son: Noticia do Torto, Testamento de Afonso I de Portugal e a cantiga "Ora faz ost'o senhor de Navarra" Onde ten a súa orixe a cultura trobadoresca? A cultura trobadoresca ten a súa orixe na Provenza ou Occitania, actual sur de Francia. Comeza no século XI e ten o seu esplendor durante os séculos XII e XIII. Cal é o ámbito xeográfico da nosa poesía medieval? O ámbito xeográfico da nosa poesía medieval é a zona das actuais Galicia e Portugal e Toledo. Reino de Galiza > Compostela; Reino de Castela > Toledo; Reino de Portugal › Lisboa e Barcelos

  Elabora un esquema coas etapas da nosa literatura medieval? Período pre-trobadoresco (durante boa parte do século XII): predominan as cantigas de amigo e os cantares de esta, pero non conservamos textos escritos.

Ciclo trobadoresco:

Etapa pre-alfonsina(1196-1245):

-Ámbito xeográfico: Galicia (Santiago de Compostela)-Autores: Martín Códax, Pero da Ponte, Bernal de Bonaval // Paio Gómez Chariño.-Textos conservados: Pergamiño Vindel.

Etapa alfonsina ou período áureo (1245-1284):

-Ámbito xeográfico: Castela (Toledo)-Autores: Afonso X o Sabio, Airas Nunes, Johan García de Guilhade, Nuno Fernández Torneol.-Textos conservados: Cantigas de Santa María.

Etapa dionisíaca (1284-1325):

- Ámbito xeográfico: Portugal (Lisboa)-Autores: Don Dinís I, Johan Méndiz de Briteiros, Johan de Gaia, Johan Zorro // Lopo...- Textos conservados: Cancioneiro de Ajuda, Pergamiño Sharrer.

Etapa pos-dionisíaca(1325-1354):

- Ámbito xeográfico: Portugal (Barcelos)- Autores: Conde don Pedro.- Textos conservados: Livro das Cantigas.

Etapa de decadencia ou escola galego-castelá (1354-1445):

- Contexto xeográfico: Portugal e Castela consolidan e Galiza entra nunha fonda decadencia.- Autores: Macías do Padrón e Alfonso Álvarez de Villasandino.- Textos conservados: Cancioneiro de Baena.

Etapa de recompilación (Roma, século XVI):

- Autores: Angelo Colocci / Conde Brancuti- Textos conservados: Cancioneiro da Vaticana (1200 cantigas dos tres xéneros), Cancioneiro Colocci - Brancuti ou Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa (1647 cantigas dos tres xéneros. Contén un apéndice que se chama Arte de Trovar, onde se explican todos os recursos métricos das cantigas) e Cancionero de Ben Keley (copia exacta do Cancionero da Vaticana 1 século despois).