Crise Restauración Desastre de 1898 produciu conmoción xeral no país. Consecuencia, réxime da Restauración entrou nunha con Alfonso XIII no trono: A crise da Restauración. Períodotranscorre nunha profunda crise q afectou aos mesmos fundamentos da Restauración. Causas diversas: inestabilidade gobernamental;aumento das loitas sociais protagonizadas pola aparición dos sindicatos UXT e CNT; problema militar que reivindicaba a volta ao papel protagonista do Exército como garante da unidade da patria e da orde social ; os movementos nacionalistas; e finalmente o problema de Marrocos. A incapacidade do sistema da Restauración para se renovar e democratizar acabou propiciando o golpe de Estado de Primo de Rivera en 1923. Para poder comprender a crise que viviu o sistema da Restauración dende finais do século XIX ate o seu final en 1923 hai que situarse no ano 1898. A perda das últimas colonias, Cuba e Filipinas, sumiu á Restauración nunha grande crise política e moral, que rachou os fundamentos do sistema abrindo unha crise na que confluirán moitos problemas. Tralo desastre consecuencias políticas non foron inmediatas, conservadores e liberais seguiron turnándose no goberno a pesar da desaparición de Cánovas e Sagasta. Pero a falta liderazgo claro en cada un dos partidos provocaron inestabilidade que frustrou moito dos intentos reformistas.Tras esto cobrou forza a corrente Rexeneracionista, con Joaquín Costa á cabeza, sumándose outros como Unamuno ou Azaña e chegando a influír enpolíticos como Maura. Foi a principal expresión dunha renovada conciencia nacional que aspiraba á reforma do país. Facía un diagnóstico pesimista sobre o pasado español,denominándoa como unha “nación frustrada”, incluso dicindo que era necesario “fundar España outra vez”. A solución aos problemas había que buscalos nunha Europa máis avanzada, xa que o sistema da Restauración podíase resumir en dous rasgos negativos: oligarquía e caciquismo. O carlismo non fixo nada que puidese comprometer o éxito da guerra, axudando incluso a defender a integridade española en Cuba e Filipinas. Mais tras o desenlace,xeneralizouse a opinión de que os carlistas se lanzarían cara unha nova guerra civil polo queo goberno estivo ao tanto da posible conspiración, fracasando así calquera intento.Gozou de certo éxito electoral na primeira década do século. 1909 morre o pretendente Carlos VII, sucedéndolle o seu fillo Jaime de Borbón.Porén ao pouco tempo comezaron a aflorar diferenzas internas, as cales levaron á organizacióncase á desparición. 1906 inicio á aventura marroquí e futuro problema coa conferencia de Alxeciras q establecía un protectorado franco español na zona de Marrocos. A España correspondeulle o territorio do Rif, unha zona montañosa e con intereses para un sector da burguesía e o exército na procura de prestixio. 1907 chegaba ao goberno Antonio Maura cun programa rexeneracionista q se resume na frase: “Fagamos a revolución desde enriba ou faránnola desde abaixo”. Emprendeuse un ambicioso programa de goberno sendo a máis ambiciosa reforma a nova Leide Administración Local, pola que se creaban as mancomunidades. A pesar dos intentos rexeneracionistas do goberno de Maura, o seu mandato rematará como consecuencia da Semana Tráxica de Barcelona 1909. As causas deste conflito na cidade condal hai que buscalos no auxe das mobilizacións obreirasprotagonizadas pola Solidariedade Obreira; no crecente protagonismo do Partido republicano Radical de Alejandro Lerroux, cun discurso anticlerical e supostamente revolucionario logrou influír en amplos sectores das clases populares catalá; no anticlericalismo; no incremento do antimilitarismo tralas Lei de Xurisdicións; e no forte autoritarismo de Maura. Pero o desencadéante foi o desastre do Barranco do Lobo en Marrocos que deu inicio a unha folga que derivou nun revolta popular na cidade. As autoridades declararon o Estado de Guerra contestando cunha profunda represión que rematou cunha serie de execucións. Consecuencias Semana Tráxica demoledoras para o goberno de Maura q disolveu Alfonso XIII, afectou directamente aos fundamentos do propio sistema. O republicanismo convertíase na principal forza de oposición con partidos como a Unión Republicana ou o Partido Reformista.1910 a conxunción Republicano-Socialista outorgoulle o primeiro escano nas Cortes a Pablo Iglesias (fundador do PSOE
Consecuencias Semana Tráxica demoledoras para o goberno de Maura q disolveu Alfonso XIII, afectou directamente aos fundamentos do propio sistema. O republicanismo convertíase na principal forza de oposición con partidos como a Unión Republicana ou o Partido Reformista.1910 a conxunción Republicano-Socialista outorgoulle o primeiro escano nas Cortes a Pablo Iglesias (fundador do PSOE Tralo final da Semana Tráxica, Alfonso XIII chama a formar goberno ao liberal Canalejas ). De novo propuña a modernización política, e intentaba atraer a certos sectorespopulares. Para levar a cabo este plan de goberno desenvolveu medidas que beneficiaban as clases populares. O seu maior éxito foi a Lei de Mancomunidades, que permitía un inicio de autogoberno e satisfacía as peticións catalanistas. Pero o 12 de novembro caía asasinado en Madrid. Coa súa morte iniciábase unha etapa de crise permanente nos dous partidos dinásticos. No ámbito internacional, o reinado de Alfonso XIII cadra coa etapa da carreira de armamentos q desembocou no estoupido da Primeira Guerra Mundial (1914-1918). O comezo da Gran
Guerra foi seguido dunha declaración de neutralidade do Goberno español. Esta situación Historia de España Composición Crise Restauración supuxo unha extraordinaria oportunidade para a economía do país, permitindo a exportación
de produtos industriais e agrarios aos países en conflito. Pero as consecuencias económicas positivas durante un primeiro momento, traducíronse posteriormente nun proceso de inflación. As masas populares foron as que máis sufriron, vendo encarecerse os produtos básicos. O conflito social latente xerado por esta situación desembocará na crise social de 1917. Chegado o ano 1917 a crise da Restauración puxo de manifesto os grandes problemas que viña arrastrando o sistema: militar, político e social. Trala crise de 1917 xa nada será igual, o sistema político está ferido de morte. Os partidos dinásticos (Conservador e Liberal) seguen padecendo crises internas e loitas polo liderazgo, isto xera, ademais, unha inestabilidade política permanente. A alternancia acabouse, pero no seu lugar fórmanse gobernos de concentración. As diferenzas entre os integrantes (partidos dinásticos e Lliga Regionalista) imposibilitou aos gobernos levar a cabo reformas e o restablecemento da orde social. A última
saída foi o retorno á quenda dinástica pero a inestabilidade dos gobernos deixaron patente que o exército era a única solución para conservar a orde social e a monarquía. Ademais, aconflitividade social despois de 1917 estaba instaurada en España como queda patente coafolga Canadiense e o trienio bolxevique en Andalucía. Todo isto propiciaría o golpe de Estadode Primo de Rivera, o que demostraba o protagonismo gañado polo
13.O desastre de 1898 produciu unha conmoción xeral no país. Como consecuencia disto, o réxime da Restauración entrou nunha nova fase con Alfonso XIII no trono: A crise da Restauración. Este período transcorre nunha profunda crise que afectou aos mesmos fundamentos da Restauración. As causas foron diversas: a inestabilidade gobernamental; o aumento das loitas sociais protagonizadas pola aparición dos sindicatos UXT e CNT; o chamado problema militar que reivindicaba a volta ao papel protagonista do Exército; os movementos nacionalistas; e finalmente o problema de Marrocos. A incapacidade do sistema da Restauración para se renovar e democratizar acabou propiciando o golpe de Estado de Primo de Rivera en 1923.O reinado de Alfonso XIII cadra coa etapa da carreira de armamentos que desembocou no estoupido da Primeira Guerra Mundial (1914-1918). O comezo da Gran Guerra foi seguido dunha declaración de neutralidade do Goberno español. Esta situación supuxo unha extraordinaria oportunidade para a economía do país, permitindo a exportación de produtos industriais e agrarios aos países en conflito. Pero as consecuencias económicas positivas durante un primeiro momento, traducíronse posteriormente nun proceso de inflación. As masas populares foron as que máis sufriron, vendo encarecerse os produtos básicos. Chegado o ano 1917 a crise da Restauración puxo de manifesto os grandes problemas que viña arrastrando o sistema: militar, político e social.O problema militar estivo protagonizado polas Xuntas de Defensa que eran asociacións de militares que se estenderon por todo o país na demanda do aumento salarial e a oposición aos ascensos por méritos de guerra (Marrocos), reivindicando a antigüidade como único criterio, e culpando ao goberno dos males do exército e do país. As demandas foron atendidas coa Lei do Exército de xuño de 1918. De novo o Exército convertíase en piar da Monarquía e do Goberno fronte ao problema social; pero cunha matización, agora dominaba ao Goberno porque este o necesitaba. O problema político foi protagonizado pola Asemblea de Parlamentarios, que resultou un tento por parte da burguesía de facer a súa revolución contra o sistema da Restauración. Desde febreiro de 1917 as Cortes estaban pechadas, como reacción e aproveitando a situación de crise aberto polas Xuntas de Defensa organizouse en Barcelona unha Asemblea de Parlamentarios cataláns por iniciativa da Lliga Regionalista que convocou a unha reunión a todos os deputados e senadores españois. As súas esixencias eran a formación dun goberno provisional que convocase Cortes constituíntes para reformar o sistema político e descentralizar o Estado. Asemblea fracasou pola oposición dos partidos monárquicos e as Xuntas de Defensa, as diferenzas cos partidos de esquerdas e o medo á revolución que defendían os integrantes da folga do 17. O problema social traduciuse na folga xeral de 1917 dirixida pola UXT e a CNT. O movemento obreiro organizado coñeceu un aumento significativo de militantes sindicais, e as vellas federacións de oficio foron deixando paso a un novo sindicalismo de masas. Porén, o sindicalismo obreiro influía pouco na vida política española e só tivo como recurso o uso da folga que se multiplicaron dende os inicios do século. En marzo de 1917, os sindicatos CNT e UXT acordaron un manifesto que instaba ao goberno para conter os prezos baixo a ameaza de convocar unha folga xeral. A tensión estalou e a protesta adquiriu un carácter político e revolucionario. A folga fracasou, tivo unha incidencia moi desigual e non contou co apoio doutros sectores. Historia de España Composición Crise RestauraciónTrala crise de 1917 xa nada será igual, o sistema político está ferido de morte. Os partidos dinásticos (Conservador e Liberal) seguen padecendo crises internas e loitas polo liderado, isto xera, ademais, unha inestabilidade política permanente. A alternancia acabouse, pero no seu lugar fórmanse gobernos de concentración.
As diferenzas entre os integrantes (partidos dinásticos e Lliga Regionalista) imposibilitou aos gobernos levar a cabo reformas e orestablecemento da orde social. A última saída foi o retorno á quenda dinástica pero a inestabilidade dos gobernos deixaron patente que o exército era a única solución paraconservar a orde social e a monarquía. Ademais, a conflitividade social despois de 1917estaba instaurada en España como queda patente coa folga Canadiense e o trienio bolxevique
en Andalucía.Pero o detonante da fin do sistema virá dende o problema Marroquí. O ano 1921 terá lugar o chamado desastre de Annual. A aventura marroquí iniciada coa conferencia de Alxeciras
(1906) converterase nun problema constante, xerando constantes problemas no país. Na
ratoeira de Annual as tropas españolas dirixidas por Silvestre son masacradas polas cabilas de
Abd-ElKrim. As consecuencias foron inmediatas na península: o goberno dimite e fórmase
un goberno de concentración presidido por Maura; e iníciase un proceso de procura de
responsabilidades que terá a súa plasmación no expediente Picasso (Comisión de
Responsabilidades, presidida polo xeneral Juan Picasso, para elaborar un expediente sobre o
sucedido. O exército opoñíase porque temía as responsabilidades militares, que chegaban ata
o rei Alfonso XIII. O Expediente Picasso acusaba de neglixencia a varias decenas de mandos
militares). O debate en torno ás responsabilidades foi un elemento decisivo que levou aos
militares a optaren por unha decisión de forza. Pero o expediente non chegou nunca ás Cortes,
xa que días antes da data prevista para súa discusión se produciu o golpe de Estado de Primo
de Rivera.
En conclusión, os máis de vinte anos de problemas sociais, de inestabilidade política, do
conflito marroquí... propiciaron o golpe de Estado de Primo de Rivera, en Barcelona o 13 de
setembro de 1923, co apoio de diversas personalidades políticas e militares, o que demostraba
o protagonismo gañado polo exército ao longo da crise da Restauración. O ditador presentouse
como un ciruxán de ferro, capaz de acabar cos problemas de España a través dun profundo
rexeneracionismo. A súa ditadura caracteriza pola heteroxeneidade ideolóxica estará dividida
en dúas etapas: O Directorio Militar e o Directorio Civil.
A desamortización foi un longo proceso histórico-económico iniciado en España a finais do século XVIII por Godoy e pechado xa moi entrado o S. XX . O procesodesamortizador consistía en poñer no mercado mediante subasta pública as terras e bensnon produtivos en poder das chamadas “mans mortas” que non as cultivaban, case sempre igrexa ou as ordes relixiosas, e as acumulaban. Enténdese por desamortización o paso da propiedade institucional. En toda desamortización
hai dous pasos: primeiro a nacionalización dos bens e nun segundo momento eses bens véndense a propietarios privados, aínda que sempre previa obtención duns beneficios por parte do estado. A motivación principal práctica de iso eran xeralmente solucionar os problemas da Facenda Pública do estado. Mais primeiramente para ter unha visión completa do proceso, hai que aclarar unha serie de termos. Por un lado os bens comúns pertencen á comunidade veciñal
(municipio/concello) sendo aproveitados por todos, suelen ser os bosques, prados, augas, etc. Os bens de propios son propiedades dos municipios e con cuxos beneficios se pagaban os gastos municipais coma a policía, a ensinanza pública, o arreglo de camiños, etc. Por outro lado o clero regular é o conxunto de persoas ordenadas no servicio relixioso, as cales viven en comunidade acordo a determinadas regras e normas. Dentro deste existen numerosas ordes, cada cal é rexida por normas de conduta determinadas por unha autoridade máxima, quen á súa vez depende do Papa. Mentres que o clero secular é o conxunto de persoas ordenadas no servicio relixioso, as cales viven na comunidade humana sen estar nun servicio relixioso (bispos, sacerdotes, diáconos...). Aínda que o groso das desamortizacións danse durante o período isabelino cos progresistas no poder, xa nos inicios do S. XIX durante o reinado de Carlos IV temos o primeiro exemplo con Godoy. Godoy leva a cabo a primeira desamortización das propiedades eclesiásticas coa finalidade de obter ingresos para costear as guerras nas que estaba inmerso o reino. O seguinte paso terá lugar en pleno contexto de Guerra de Independencia co reinado de José I Bonaparte., firme defensor dos principios do liberalismo francés, levou a cabo unha pequena desamortización que non implicou a supresión da propiedade, senón a confiscación das rendas para sufragar o gasto das tropas francesas durante a Guerra de Independencia. Un par de anos máis tarde e neste mesmo contexto, as Cortes de Cádiz aprobarán un dos decreto máis importantes eliminando os señoríos xurisdicionais que pasaban a ser propiedade privada individual
tendo a nobreza que aportar os títulos de propiedade ou a través de tribunais para recoñecer a nova situación xurídica das súas propiedades. Comezaría a falarse tamén da desvinculación dos morgados, que permitía liberar a propiedade que estaba vinculada ou ligada ás liñaxes mediante dita institución. Tralo final da Guerra chega ao trono Fernando VII, un período caracterizado pola alternancia entre absolutismo e liberalismo. Será nos momentos de triunfo do liberalismo (Trienio Liberal) cando se pretenderon levar a cabo procesos de desamortización pero estes proxectos eran freados polo retorno ao absolutismo (Sexenio Absolutista e Década Ominosa). Foi durante o reinado de Isabel II e cos liberais progresistas no poder cando se levan a
cabo o proxectos máis ambiciosos de desamortización: Mendizábal e Madoz. Estes proxectos hai que entendelos dentro do proceso de construción do Estado liberal no que a antiga monarquía absoluta transformábase nunha monarquía constitucional e parlamentaria. Ademais, a defensa da propiedade privada, o asentamento dos principios de liberdade económica, o nacemento dunha nova clase dirixente (a burguesía agraria) que controlou o sistema político e económico; fannos comprender a importancia e a posta enmarcha dos dous proxectos de desamortización máis importantes do século XIX.
A desamortización de Mendizábal ten lugar no ano 1836. Para poder comprendela o é necesario analizar o contexto no que se desenvolveu: na primeira Guerra Carlista. Durante a rexencia de María Cristina terá lugar un conflito armado que enfrontara ao liberalismo bando isabelino ou cristino) fronte ao absolutismo (carlistas). A causa isabelina contou co apoio da alta nobreza e clero fernandinos pero tamén cos liberais a cuxas demandas políticas e económicas tivo que atender a rexente. A desamortización de Mendizábal desenvólvese durante o goberno dos progresistas (1836-1837) xurdido tralo pronunciamento dos Sarxentos da Granxa. Durante este curto período levouse a cabo o desmantelamento do Antigo Réxime mediante a promulgación da Constitución de 1837 ea reforma agraria liberal na que encádrase a desamortización de Mendizábal. Foi a máis importante de todas (non só polo seu volume e a rapidez con que se levou a cabo, tamén porque a partir dese momento a desamortización foi un proceso irreversible) e afectou aos bens eclesiásticos do clero regular. A desamortización plasmouse en dúas disposicións: A primeira suprimía as ordes relixiosas e nacionalizaba os seus bens. A segunda determinaba o sistema de venda, que se faría en pública subasta e podíase pagar en efectivo ou mediante Débeda Pública. As grandes motivacións da desamortización foron: Reformar o réxime de propiedade, convertendo en posesión individual e libre os bens desamortizados; obter recursos para cubrir os gastos do Estado provocados pola guerra carlista, reducir a débeda pública para acometer unha reforma do sistema tributario; e conseguir o apoio da burguesía liberal á causa isabelina. As subastas aceleráronse e sobre todo desde 1840, cando a vitoria na guerra carlista fixo irreversibles as ventas. O proceso continuou baixo a rexencia do liberal progresista Espartero, completándose coa desamortización dos bens do clero. Pero a partir de 1844 coa chegada da Década Moderada (1844-1854), os moderados paralizaron o proceso e alcanzaron un acordo co Vaticano (Concordato de 1851) polo que a igrexa aceptaba as vendas xa realizadas, a cambio de que o Goberno español sostivese
economicamente ao clero e se considerase ao catolicismo como relixión do Estado. Aínda que Mendizábal se levou a fama (sen dúbida polas implicacións anticlericais), desde o punto de vista de ventas e de superficies alcanzou maiores cotas a levada a cabo por Madoz. A desamortización de Madoz ten lugar durante o Bienio Progresista con Espartero como xefe de goberno. A actuación de maior transcendencia deste Bienio foi un ambicioso plan de reformas económicas no que enmárcase a dita
desamortización. Neste caso tratouse dunha desamortización civil que puña en venta os bens dos Estado e dos concellos sen esquecerse do que quedaba das propiedades eclesiásticas. O procedemento utilizado para as vendas foi unha copia do de Mendizábal; con todo, había dúas diferenzas claras. Unha referíase ao destino do diñeiro obtido. Sen os anteriores problemas de Facenda, o diñeiro foi dedicado á industrialización do país e sobre todo á expansión do ferrocarril. A outra diferenza estaba na propiedade de devandito diñeiro: o Estado non era o propietario, senón os concellos. Aquel percibiría o importe das vendas en nome destes, o cal significaba que este se convertía en "custodio" dos fondos dos concellos, utilizándoos para o ben de todos. A burguesía foi de novo a gran beneficiaria, aínda que a participación dos pequenos propietarios dos pobos foi moito máis elevada que na anterior de Mendizábal. Un feito importante é que a venda de propiedades municipais trouxo consigo o empeoramento das condicións de vida do pequeno campesiñado.s.