Na defensa da tese podemos empregar varios tipos de argumentos; os más habituais son
De sentido común: son as ideas aceptadas pola maioría da xente por moral, principios, tradición... Ex.: Evitar os accidentes de tráfico beneficianos a todas as persoas .
De autoridade: empregan o testemuño de persoas consideradas coñecedoras do tema; poden ser autores/as ou obras. Ex.:Unha importante porcentaxe das vítimasque sobreviviron a graves accidentes coincide ao sinalar a posibilidade de evitalos se se circulase a menor velocidade.
De datos: ofrecen datos que corroboran os feitos. Ex.: Segundo un estudo realizado recentemente , prodúcese un 70% más de accidentes cando as condicións climáticas son desfavorábeis.
De exemplo: un caso concreto serve como exemplo das ideas que se queren defender. Ex.; Un claro exemplo constitúeo o accidente acontecido en Vila de Cruces o mes pasado. Se a estrada non estivese mollada e se se mantivese a distancia de seguridade, poderia evitarse o impacto.
De experiencia persoal: empregan as propias vivencias ou experiencias para apoiar unha idea. Este tipo de argumentación daralle orixinalidade ao teu comentario, pero non é suficiente por si soa nin debes abusar del a caendo no anecdótico. Ex. : Eu mesma me teño visto envolta en máis duna ocasión en accidentes deste tipo.
De analoxía; compáranse dúas situacións semellantes. Ex.: No mes de agosto deste ano producíronse 67 accidentes menos que o ano pasado.
Legais : acódese ao establecido na lexislación. Ex.: Segundo as leis viventes é obrigatorio o uso do cinto de seguridade nos asentos traseiros.


Afonso Daniel Rodríguez Castelao nace en 1886 en Rianxo (A Coruña). A súa casa natal estaba situada a pocos metros da casa dos Dieste, cos cales mantivo lazos de amizade. Pocos meses despois de nacer Castelao, o pai emigra a Arxentina. En 1895 a familia reúnese na Pampa, onde o rianxeiro repara no valor da caricatura e comeza a forxarse a súa visión artística. A familia volta a Galiza no ano 1900 para que Castelao curse Medicina en Santiago de
Compostela; finalizada a carreira mostra escaso interese por exercer como médico e no 1912, despois dun desprendemento de retina, renuncia
definitivamente. Castelao participa do Agrarismo desde 1912; poco despois ingresa nas Irmandades
da Fala e engrosa as filas do Nacionalismo sen ter atravesado no inicio o proceso de estrañamento inicial en relación á cultura galega experimentado
polos outros membros do Grupo Nós.
Entre 1915 e 1936 traballa e reside en Pontevedra, onde participa activamente da vida cultural da localidade. En 1931 obtén acta de deputado e pro-
move a fundación do Partido Galeguista, a súa actividade política condúceo ao desterro.
en Badaxoz en 1934.


De volta á súa terra Castelao xoga un papel decisivo na campaña a prol do Estatuto de Autonomía. O día 16 de xullo reúnese co presidente da República, Manuel Azaña, para
iniciar os trámites estatutarios e dous días despois comeza a guerra civil. Durante a guerra pasa tem-
padas en Madrid, Barcelona e Valencia colaborando coas milicias galegas e vive en primeira persoa bombardeos e loitas. A fin de recadar apoios para
O goberno republicano no exilio, visita a URSS, Cuba e Estados Unidos. Instálase en Nova York e comeza a tramitar a documentación que le permite partir en 1940 cara a Bos Aires, onde é recibido como un heroe pola colectividade galega. Nesta cidade participa das actividades do Centro Gallego e desenvolve diferentes proxectos editoriais, ao tempoque perfecciona algunas das suas obras. En 1944 é nomeado presidente do Consello de Galiza e dous anos despois entra a formar parte como ministro do
goberno republicano no exilio presidido José Giral, que se disolve en 1947. Castelao falece en 1950.
A noticia do seu pasamento provoca a prohibición da Dirección Xeral de Prensa do goberno franquista de facer alusión á ideoloxía ou á actividade política desenvolta polo autor nas necrolóxicas. O desexo do rianxeiro de xacer en terra galega non puido cumprirse até 1984, ano en que os seus restos mortais foron trasladados a Panteón de Galegos Ilustres de Santo Domingo de Bonaval nun acto
multitudinario.