A Santiago Casares vai substituilo Diego Martínez Barrio que fracasa no seu intento de negociar cos militares rebeldes. A día seguinte será Giral quen dirixa o goberno e quen autorice a entrega de armas ás organizacións obreiras para a defensa da orde constitucional da República. Comezaba así una querra que ia durar tres anos e que pode considerarse como un prólogo da Segunda Guerra Mundial. Un enfrontamento entre os partidarios da defensa da democracia fronte ao fascismo e á vez unha loita de clases entre patronos e obreiros, entre terratenentes e xornaleiros e incluso un enfrontamento entre a lgrexa e o anticlericalismo.Rapidamente o conflito orixinou implicacións internacionais, debido ás tensións políticas existentes nese momento en toda Europa. O auxe do fascismo en Italia e Alemaña provocara unha grande preocupación en países coma Gran Bretaña e Francia. Estes últimos tentaron non conferir un carácter internacional a conflito para evitar una nova guerra en Europa, acordando coas potencias fascistas un Comité de Non Intervención en agosto de 1936. Italia e Alemaña non cumpriron o establecido e proporcionaron material bélico e voluntarios, como Os Camisas Negras italianos ou a Lexión Cóndor no caso de Alemania. As forzas sublevadas tamén contaron co apoio de Portugal, que enviou aos viriatos (10.000 voluntarios). Alemaña xogou un papel fundamental xa que, grazas á súa ponte aérea, os militares rebeldes puideron atravesar o Estreito de Xibraltar, protexido pola Armada, afín á República. Por outro lado, a República case non tivo apoios, excepto a Unión Soviética e, en menor medida, México. A URSS, dirixida por Stalin, mostrouse prudente inicialmente mais, coa intervención de Hitler eMussolini, decidiu colaborar co goberno da República e enviar asesores militares e armas. Ese gasto militar pagariaselle a Rusia con reservas ouro do Banco de España. Ademais, acudiron a participar na Guerra Civil as Brigadas Internacionais, partidas de voluntarios (entre 40.000 e 60.000 en toda a guerra) procedentes de diversos países, estimuladas pola Internacional Comunista ou Komitern para defender a democracia fronte o fascismo e que se destacaron na defensa de Madrid e en elevar a moral das tropas republicanas. Entre eles estaban escritores como Hemingway ou Orwell  overán do 36, España quedou dividida en dúas zonas: a sublevada, que abarca rexións agrarias, fronte à España que se mantivo fiel á República que englobaba rexións de perfil más urbano e industrial pero tamén rexións agrarias como Castela- Mancha o que inicialmente daba una vantaxe aos republicanos. Porén os primeiros momentos foron moi importantes para a evolución do conflito. Faltou unidade de mando nas tropas republicanas e había diferentes criterios de actuación por parte das milicias obreiras. no bando rebelde había un mando concentrado no xeneral Franco. A guerra librouse no campo de batalla, pero tamén na retagarda onde se aplicou unha política de terror e aniquilación do contrario. O avance dos sublevados significaba a detención de alcaldes, gobernadores civis e de todo aquel da  defensa da República. A declaración do estado de guerra permitiuilles substituir aos xuíces por tribunas militares. As sacas e os paseos por parte dos cívicos e forzas da falanxe foron moi frecuentes. No bando republicano esa violencia foi contestada con detencións dos líderes dos partidos da dereita, terratenentes, queima de igrexas, morte de moitos membros do clero, ocupación de fincas e fábricas.