Bardismo. O coñecemento dos "Poemas de Ossián", q publicara o escocés James Macpherson facéndoos pasar por auténticas creacións dun bardo do século III, influíron na orientación da poesía de Pondal. Centrouse na creación dun mundo mítico sobre o que asentar o seu ideario galeguista. Ao xeito dos bardos celtas, Pondal eríxese no vate que dirixe e constrúe o seu pobo. A partir dun pasado glorioso, o bardo albisca o camiño do destino colectivo dos galegos e intenta guialos cara un futuro de liberdade, en que prevalezan "os bos e xenerosos" artífices dun futuro solidario e digno e orgullosos do seu, fronte aos "imbéciles e escuros", q renegan da súa historia e da súa terra. O bardo é un líder e guía celta, q tamén é poeta, bohemio, incomprendido e descoidado. O bardismo oponse ao pobo sometido, as "almas escravas". O bardismo está relacionado co celtismo. O tema principal de moitas composicións é a recreación lírica dunha orixe celta e mítica do pobo galego. Para forxar ese pasado glorioso de Galicia, Pondal bota man duns heroes celtas con nomes que toma dos topónimos da súa comarca, Gundar, Brandomil... e dunha mitoloxía capaz de facer renacer nos galegos a conciencia da propia identidade e a recuperación da autoestima colectivda de Galicia como pobo diferenciado. Esta visión do pasado celta de Galicia ten o seu correlato na visión dos historiadores da época e serve para afianzar o ideario galeguista do rexionalismo e do provincionalismo.
Un cravo. Pertence ao libro "Vaguedás", o primeiro (de 5) de Follas novas. En "Vaguedás" a autora fala das súas vivencias e do seu estado d ánimo, caracterizado polo desacougo e o cansazo existencial, o pesimismo e a melancolía; ademais de reflexionar sobre a escrita feminina e sobre os trazos e contidos da súa obra. //Repetición, antítese, anáfora, paralelismo sintáctico, contrastes de campos asociativos antitéticos, comparanzas, metáforas, símbolos, epanadiplose (deserto e sempre deserto), aliteración, hipérbole. //Saudade da dor, a dor forma parte do ser humano e a bota en falta cando non está. O cravo é todo o que a atormenta, a dor que forma parte dela e do ser humano.
a pantasma, a viaxe, a análise, a síndrome, a suor, a dor, a calor, a canle, o fantasma, o diadema, o convite, o interese, a dínamo, a fame, a síndrome, o leite, o mel, o nariz, o sinal, o cárcere, o sangue. /rufiá, vilá, nugallá, marrá, truá. COMIGO