1.Situación do idioma en Galicia ata os anos 50.

Co triunfo dos franquistas na Guerra Civil (1936-39) a ditadura practica unha represión feroz contra os intelectuais e a lingua galega perde o seu uso público e institucional. O galego úsase no ámbito da familia e coloquial pero segue sendo o idioma máis falado. Na escola, na Igrexa e na administración só se usa o castelán e reprimirán calquera uso do galego.

Todo isto acentuou o proceso de desgaleguización idiomática e unha difusión dos prexuízos e dos comportamentos diglósicos na sociedade.

A cultura galega só sobrevive no exilio sobre todo en Bos Aires. Alí aparecen as editoriais Galaxia, Nova e Citania e úsase o galego en conferencias, emisións radiofónicas e publicacións periódicas.

Despois do triunfo aliado na 2ª Guerra Mundial (1945) aparecen os primeiros indicios de recuperación para o galego. Os escaso continuadores galeguistas centraron a súa actividade no plano cultural. Nesta recuperación tiveron un papel importante a Editorial Galaxia (creada en 1950) e a revista Grial (1952). Xa en 1947 Aquilino Iglesias publicara Cómaros verdes e en 1949 Celso Emilio Ferreiro fundara a colección d poesía Benito Soto.

2.A situación do idioma a partir da década dos 60

Nesta época prodúcese un éxodo masivo de poboación rural ás cidades, xa castelanizadas, que unido á opresión política provoca a deserción lingüística de moitos falantes, sobre todo das novas xeracións. O castelán convértese nunha lingua urbana.

Na década dos sesenta e setenta incrementouse a actividade pública clandestina coa creación dos partidos nacionalistas (UPG e PSG). Arredor deles nacen asociacións culturais orientadas á difusión da cultura galega. ( O Galo, en Santiago; O Facho na Coruña; Asociación Cultural en Vigo). Prodúcese unha intensa actividade en galego, conferencias, obras teatrais, emisións radiofónicas ... Nos anos 70 prodúcese un fenómeno novo, moitos rapaces e rapazas que tiñan o castelán como primeira lingua comezaron a promovelo e defendelo. O idioma entra na prensa e na radio. Diversos colectivos estudiantís converten o galego na lingua habitual das asembleas. En paralelo, o movemento “Nova Creación Galega”, impulsado polo colectivo “Voces Ceibes”, emprega o galego nas súas cancións. Con enfoque máis comercial Ana Kiro, Juan Pardo e Pucho Boedo.



3.Características lingüísticas fundamentais.

O galego escrito na posguerra non segue ningunha norma pero avanza cara a unha maior simpleza. Este período coñécese como protoestándar.

Os autores de Editorial Galaxia levan á práctica un criterio simplificado de ortografía, rexeitando os castelanismos, e que amosa un intento de depuración léxica.

Na década dos 60 a Universidade de Santiago incorporou de xeito opcional os estudos de lingua e literatura galegas, sendo o primeiro profesor Ricardo Carballo Calero. A Real Academia Galega a principios dos 70, publica as primeiras normas minimamente completas.