A principios dos 70, a poesía social realista esgótase e faise necesaria unha renovación
estética onde teñan relevancia a linguaxe e os recursos formais.
Tres son os libros que marcan un cambio de rumbo na poesía galega no ano 1976:Con
pólvora e magnolias,de Méndez Ferrín,Mesteres, de López Casanova,Seraogna, de
A. Pexegueiro. Ademais, neste mesmo ano van aparecer unha serie de grupos poéticos que pretenden
ser unha alternativa para a poesía galega dos novos tempos: 1- ROMPENTE,enVigo(MéndezFerrín,AntónReixa,A.Pexegueiro...).
Caracterizábase polo protagonismo do mundo urbano, a simultaneidade con
outras artes e unha linguaxe orixinal na que se mesturaban os máis diversos
rexistros lingüísticos. 2-
CRAVO FONDO,en Santiago(Rábade Paredes, Ramiro Fonte, Helena Villar).
Defenden unha poesía coidada na forma e implicada no proceso social.
3.ALÉN,en Santiago(Salinas Portugal, Mato Fondo). Innovación lingüística.
4.DE AMOR E DESAMOR,na Coruña (Lois Pereiro,Pilar Pallarés).De amor e desamoré tamén o título dun poemario
que inclúe composicións deles. A posta en escena é o recital de formato clásico.
Algunhas das características da poesía galega dos 80poderían sintetizarse en:
-Afán culturalista e conexión con outras manifestacións artísticas.
-Reivindicación da tradición (Manuel Antonio, Pondal...)
-Recuperación da temática intimista e erótica.
-Preocupación polos aspectos formais e pola linguaxe, que leva á descoberta de
novas posibilidades de expresión.
-Exemplos: Pilar Pallarés (Livro das devoracións), Miguel A. Fernán Vello (Livro das
paisaxes verdes), Eusebio Lorenzo Baleirón... 
POESÍA 90: A derradeira década do século XX caracterízase pola eclosión dun numeroso grupo de
mulleres e homes novos que dinamizan a vida cultural e renovan o discurso poético
con estéticas plurais diversas. Porén, non se debe esquecer queseguen a publicar
abundantes poetas dos oitenta, e taménpoetas con máis veteraníaque ofrecen a súa
obra de madurez.
Así pois, os 90 son un espazo plural no queconviven variasxeracións e diversas
correntes estéticas e temáticas. Por iso, non convén deixar de lado o xurdimento de
poetasrelativamentetardíosqueofrecendiscursospoéticosdealtacalidade
(pensemos en autoras como Chus Pato, Anxo Angueira) hai que ter en conta a autores consagrados que seguen en activo
(Méndez Ferrín conEstirpe). R
esulta indiscutible o protagonismo dun numeroso grupo novo que se
forma culturalmente na etapa democrática, e recibe xa unha formación académica no
idioma do país; este conxunto de poetas non teñen unha estética común, pero amosan
unha actitude activa e dinamizadora do acto poético; a cantidade de nomes que
conforman esta lista resulta moi extensa: Fran Alonso, Celso Fernández
Sanmartín, Kiko Neves...  unha maioría intégrase
en grupos poéticos que non teñen en común máis que ogusto pola poesía, o desexo
de divulgala e o compromiso coa lingua galega(Batallón literario da Costa da Morte)



Tamén resulta igualmente significativa a contribución dasmulleresá renovación do
discurso poético dos 90; non se poden obviar nomes como os de Helena de Carlos,
Yolanda Castaño, María do Cebreiro, Enma Couceiro, Marta Dacosta, Lupe Gómez,
Olga Novo, María Lado ou Enma Pedreira (e moitas máis).
A actividad cultural e literaria dos poetas dos 90 reflíctese nos seguintes ámbitos:
-Creación de novas plataformas editoriais (Letras de Cal) e autoedicións.

-Proliferación de concursos poéticos ( Fiz Vergara Vilariño, Victoriano Taibo...)

-Combinación do acto poético con outras manifestacións artísticas, como a música,
a imaxe, as artes plásticas ou a linguaxe teatral.
-Por último, consolídase o soporte informático como medio de difusión da nova
poesía.    
TENDENCIAS POÉTICAS:

a)Unintimismo da experiencia(cos temas clásicos: amor, vida, memoria da
infancia, soidade, relacións familiares) que busca a expresividade coloquial, o
verso libre, a linguaxe directa dos sentimento (Rafa Villar,Casa ou sombra).
b)A abordaxe detemas sociais e patrióticosdesde sensibilidades alternativas
(insubmisión, antimilitarismo, feminismo, ecoloxismo).Marta Dacosta, Setembro.
c)A consolidacióndo mundo urbanoe da sociedade de consumo como ámbitos
poéticos, (Fran Alonso,Tortillas para os obreiros)
d)Ocanto nostálxico e pesimista sobre a evolución do rural galego, visto como un
mundo en extinción (Emilio Araúxo). Visión dun territorio mestizo onde convive o
tradicional e o moderno (Raúl Gómez Pato,Chuvia, vapor e velocidade).
e)O triunfo dunha poética construída desde apespectiva feminina, como un
instrumento de liberación da muller á marxe da tradición poética elaborada polos
homes (Yolanda Castaño,O libro da egoísta).

Xa no século XXI, pódese sinalar aexperimentación de novos soportes líricoscon
xéneros mixtos entre a poesía e o vídeo, ou a fotografía... Antía Otero (videopoemas)

asredes sociaiscomo canle de difusión, comunicación e lugar de
encontros interdisciplinares (Arancha Nogueira,Ismael Ramos, Rosalía Fdez Rial);

novaseditoriais(Apiario,ChandaPólvora);máiscertamespoéticos(Avelina

Valladares, Minerva); tendencia a facer dapoesía un espectáculoen vivo (LadoAldo

e María Lado, "Con dez poemas por barba”);poesía posmoderna e política(Daniel Salgado,Éxodo)

seguenvixentesasexploraciónsdouniverso femenino e reivindicacións feministas(Lupe Gómez conCamuflaxes);

poesía de tonalidade satírico-irreverente,querecolleaherdanzadoColectivoRonseltz(OLeo,Hai
cu); poesía orientada a unpúblico infantil e xuvenil, cunhas temáticas e linguaxes achegadas ás novas xeracións: Fran Alonso, O meu gato é
un poeta.