Os enfrontamentos coloniais: A Conferencia de Berlín (1885) intentara establecer medidas de acordo e arbitraxe entre os impe rios, pero o ascenso de potencias como Alemaña, que chegara con atraso á carreira colonial, volveu reabrir os conflitos entre os países europeos. A comezos do século XX, Marrocos foi o escenario principal de en-frontamentos. Pero a tensión podía estalar en cr'quera lugar e en calquera momento B AS RIVALIDADES ENTRE AS POTENCIAS. O NACIONALISMO As potencias europeas tamén adoptaron posición nacionalis-tas, exacerbadas pola defensa dos seus intereses en Europa e nos seus imperios colonias. Produciuse una exaltación dos valores e a identidade de cada nación, que xerou un clima de desconfianza mutua. Dese mesmo xeito, no ascenso dos nacionalismos contribuíron as aspiracións de independencia dalgúns pobos europeos que se querían librar canto antes da tutela e do control dos vellos imperios tradicionais. Como consecuencia disto, a rexión dos Balcáns, denominada desde había séculos polo Imperio turco, converteuse nun foco de importantes tensións internacionais. Así mesmo, franceses e alemán enfrontábanse pola ocupación alemá das rexións francesas de Alsacia e Lorena, a raíz da guerra franco-prusiana. Por último, existía unha forte rivalidade entre Gran Bretaña e Alemaña polo control comercial e económico de Europa e das rutas comerciais. OS CONFLITOS BALCÁNICOS: Nos Balcáns, ante a decadencia do Imperio turco, Austria-Hungría aspiraba a expandirse na zona. Pero enfrontábase ás ambición de Serbia e do Imperio ruso que tamén quixeron aumentar a súa influencia e ocupar os estreitos do Bósforo e dos Dardanelos, que abrían os seus dominios ao mar Mediterráneo. A anexión de Bosnia-Hercegovina a Imperio austrohúngaro (1908) agra-vou as tensións nos Balcáns e orixinou a sucesión en poucos anos de dúas guerras (1912 e 1913) que empeoraron a situación. As guerras consolidaron Serbia, co apoio de Rusia, como a potencia da zona. Este liderado alarmou a Austria-Hungría que temía un levantamento xeral dos pobos eslavos baixo o seu dominio. Por iso buscou o apoio de Alemaña fronte a Rusia.
O Tratado de Versalles
O tratado más importante foi o da paz con Alemaña, asinado en Versalles. Nel declarábase Alemaña responsable da guerra e obriábaselle a pagar fortes indemnizacións. Así mesmo, era desposuída do seu imperio colonial, que se repartiu entre Reino Unido e Francia. Por último, reducíanse o seu exército e mais a súa mariña ao mínimo e dividiase parte do seu territorio entre os vencedores.
D. ALIANZAS MILITARES E CARREIRA DE ARMAMENTOS: As potencias lanzáronse a un complexo sistema de alianzas militares para prepararse ante un po-sible enfrontamento. En 1882, Alemaña, Austria- Hungría e Italia asinaron a Tripla Alianza. Francia, temerosa do poderío militar e do expansionismo alemán, aliouse con Rusia e mello- rou as súas relacións co Reino Unido, deterioradas polas disputas coloniais. As tres potencias acabaron asinando o Triplo Acordo (1907). O malestar existente entre as grandes potencias orixinou ademais unha carreira de arma-mentos. Os Estados investiron grandes sumas de cartos en fabricar armas (canóns, obuses, metra- Iladoras...), construir barcos de guerra e adestrar as súas tropas. A comezos do século XX, todos se preparaban para a guerra e calquera incidente podía desencadear o conflito. O asasinato do arquiduque austríaco Francisco Fernando (xuño de 1914) foi a chispa que incendiou Europa, pero as causas fraguáranse durante décadas. As crises marroquis: En 1905, o goberno alemán ofreceulle o seu apoio ao sultán de Marrocos para que se enfrontase aos franceses, que querían establecer un protetorado na zona. A Conferencia de Alxeciras (1906) frustrou as aspiracións alemás ao establecer un protectorado francoespañol sobre Marrocos. Pero Alemaña, en 1911, co gallo dunha insurrección no sur de Marrocos, enviou barcos de guerra ao porto de Agadir, baixo o pretexto de protexer os súbditos alemáns. Gran Bretaña apoiou incondicionalmente a Francia, pero a presión alemá acabou conseguindo a cambio a ampliación da colonia de Camerún. O estalido da guerra O 28 de xuño de 1914 asasinaron o herdeiro do Imperio austrohúngaro, Francisco Fernando, e Saraxevo, capital de Bosnia (ocupada polos austríacos desde 1908). O atentado foi realizado por un estudante bosníaco relacionado coas or-ganizacións nacionalistas serbias. Austria, animada por Alemaña, acusou Serbia de ter instigado o magnicidio e declaroulle a guerra o 28 de xullo. Rusia interveu para protexer Serbia e declaroulle a guerra a Austria. Alemaña, aliada de Austria, declaroulles a guerra a Rusia e a Francia. Reino Unido declaroulles a guerra a Alemaña e a Austria cando os exércitos alemáns invadiron Bé-Ixica, país aliado de Francia. Só Italia se mantivo neutral nun principio. O enfrontamento austro-serbio converteuse nunha guerra europea.
A guerra de movementos a guerra relampago: As operacións bélicas iniciáronse na fronte ocidental, cando nunha rapidísima operación (Plan Schlieffen) os exércitos alemáns atacaron Francia, entrando por Bélxica e Luxemburgo, coa esperanza de vencer rapidamente e poder concentrar todos os seus esforzos na fronte oriental. A comezos de setembro de 1914, os alemáns atopábanse a 40 quilómetros de París. Así e todo, os exércitos francés e in-glés conseguiron reorganizarse e deter o avance do exército alemán na batalla do Marne. Na fronte oriental, os alemáns derrotaron os rusos na bata-Ila de Tannenberg, pero estes reaccionaron e chegaron ás fronteiras do Imperio austrohúngaro. Nos Balcáns, a ofensiva austríaca contra Serbia foi detida. A guerra de trincheiras: Tras a batalla do Marne, as frontes imobilizáronse. Na fronte ocidental abríronse trincheiras dende Suíza ata o mar do Norte, e iniciouse unha fase da guerra na que gañarlle un palmo de territorio ao inimigo significaba decenas de milleiros de mortos. Daquela fixose necesaria a busca de novos aliados que achegasen máis soldados á fronte. A finais de 1914, Turquía entrou na guerra, o ano seguinte fixérono Italia e Bulgaria e, en 1916, incorporouse Romanía. Ese mesmo ano, os alemáns lanzaron unha nova ofensiva na fronte ocidental, pero na batalla de Verdún os franceses resistiron durante meses. En xullo, británicos e franceses atacaron as liñas alemás (batalla de Somme), con escaso éxito. 1917: a entrada dos EUA e a fin da guerra: O ano 1917 foi decisivo para a guerra. Dunha banda, os duros combates da guerra de trincheiras provocaron entre os soldados deserción e producironse nurherosos motíns na fronte. Doutra banda, en Rusia triunfo a Revolución bolxevique e os revolucionarios, ocupados en consolidar o seu go-berno, asinaron a paz con Alemaña e retiráronse da guerra (paz de Brest-Litovsk). O abandono de Rusia foi compensado coa intervención dos Estados Unidos, que, como consecuencia do afundi-mento do transatlántico Lusitania por un submarino alemán, decidiu entrar no conflito. Aínda que xa se estendera a guerra ás colonias, a presenza dos EUA supuxo a definitiva mundialización do conflito. En 1918, na fronte oriental, británicos, franceses e italianos derrotaron os austríacos e mais os seus aliados. Os imperios austrohúngaro e turco pediron o armisticio*, e os combates cesaron. Na fronte occidental, os alemáns foron derrotados na segunda batalla do Marne e producironse revoltas no exército e na mariña, ademais de manifestacións obreiras contra o goberno alemán. O alto mando alemán desmoralizouse ante o fracaso e suxeriulle ao kaiser Guillerme II que pedise a paz. 0 11 de novembro de 1918, Alemaña asinou o armisticio. A Primera Guerra Mundial rematara.
A implicación da poboación civil En primeiro lugar, o novo tipo de exército nacional, que xurdiu coas revolucións do século XIX, implicou a participación nos comba-tes, non de mercenarios ou voluntarios, senón do groso da po boación civil masculina en idade militar, e, polo tanto, os desastres da guerra golpearon de forma xeneralizada a poboación, cuxos maridos ou fillos participaron na contenda. Así mesmo, o avance dos exércitos en 1914, podía ser moito máis veloz ao contar con medios como os ferrocarrís ou os vehículos a motor. Como consecuencia disto, tanto en Bélica e no nordés de Francia, como en Prusia, Rusia ou Serbia, provocou o éxodo de mi-llóns de civís ante o pavor ao saqueo, a destrución ou as represalias, e deu orixe a un dos primeiros grandes movementos de refuxiados motivado por un conflito bélico no mundo contemporáneo. A guerra requiriu unha enorme produción de armamento, municións, avituallamento... Para iso utilizouse masivamente o traballo de mulleres e homes en idade non militar, e alongáronse as xornadas laborais. Ademais, as necesidades de guerra eran prioritarias e a produción de bens de consumo resentiuse. Faltaban víveres e produtos de primeira necesidade. A principios do século XX unha boa parte da po boación xa vivía nas cidades e non tiña recursos, como no campo, para alimentarse: a fame fixo a súa aparición. Propaganda e control da opinión Para que o conxunto da poboación mantivese a moral e contribuíse ao esforzo bélico, os Estados recorreron por primeira vez á pro-paganda, con métodos modernos ideados coas técnicas de mercadotecnia. Esta propaganda permitiu mobilizar a opinión pública de cada bando, utilizando de forma recorrente a exaltación da patria e o odio ao inimigo como forma de comprometer toda a poboación no conflito. Recorreuse así mesmo á censura de prensa, manipuláronse os comunicados militares para crear un estado de opinión unánime. Os pacifistas ou os socialistas opostos á guerra foron detidos e silenciados. Propaganda e control da opinión Para que o conxunto da poboación mantivese a moral e contribuí-se ao esforzo bélico, os Estados recorreron por primeira vez á propaganda, con métodos modernos ideados coas técnicas de mercadotecnia. Esta propaganda permitiu mobilizar a opinión pública de cada bando, utilizando de forma recorrente a exaltación da patria e o odio ao inimigo como forma de comprometer toda a poboación no conflito. Recorreuse así mesmo á censura de prensa, manipuláronse os ¡ comunicados militares para crear un estado de opi-nión unánime. Os pacifistas ou os socialistas opostos á guerra foron detidos e silenciados.
Un Imperio autocrático: A comezos do século XX, o Imperio dos tares era un inmenso territorio onde aínda se mantiña o absolutismo monárquico. Politicamente, o tsarismo era unha autocracia, isto é, o tsar tiña un poder absoluto: gobernaba por decreto, non estaba suxeito a ningunha constitución nin respondía ante un Parlamento.Unha fiel burocracia e un poderoso exército aseguraban o control do Impe-rio, mentres que a Igrexa ortodoxa constituía un dos grandes piares ideolóxicos do réxime. B UNHA AGRICULTURA FEUDAL E UNHA INDUSTRIA DEPENDENTE A economía e as estruturas sociais do Imperio ruso era das máis atrasadas do continente europeo. A agricultura constituía a principal actividade económica e a terra estaba en mans dunha aristo. cracia privilexiada, imensamente poderosa e rica. Os campesiños, a maioría da poboación, estaban sometidos a un réxime case feudal, desaparecido na meirande parte de Europa, que os condenaba a unhas condicións de vida miserables. A servi-dume persoal mantivose ata 1865 e, aínda que se aboliu, o poder da nobreza terratenente mantívoa intacta. Nalgunhas zonas do Imperio (Moscova, San Petersburgo, Urais..) iniciárase un proceso industrial impulsado, e boa parte, por capital estranxeiro. Ali urdira un numeroso proletariado indus- trial que traballaba en grandes fábricas, case a metade dos obreiros traballaban en empresas de máis de 500 traballadores, por uns salarios miserables. C A OPOSICIÓN AO TSARISMO As primeiras correntes de oposición, populistas (naródniki) e anarquistas desenvolvéronse entre os campesiños, pero sen establecer alternativas claras. Entre os obreiros industriais difundironse as ideas marxistas. En 1898 fundouse o Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso, que ti-ña como líder máis destacado a Vladimir llich Uliánov, Lenin. Logo, o partido escindiuse en dúas alas, a menxevique (ou minoritarios) e a bolxevique (ou maioritarios), partidaria do camiño revolucionario. convencida da incapacidade de reformas do tsarismo. A comezos do século XX apareceu un partido liberal-burgués, o Partido Democrático Constitucionalista, (denominados kadetes), e na esquerda, o Partido Socialista Revolucionario, (chamados eseristas) con grande influencia entre os campesiños. A revolta de 1905 En 1905 estalou unha revolta que esixía a fin da autocracia. Tivo lugar unha manifestación pacífica e o tsar responde cunha contundente represión (Domingo Sanguento). Pero as manifestacións e folgas continuaron e os traballadores crearon un consellos de obreiros, campesiños e soldados, denominados soviets, para organizárense. Ante a situación, o tsar comprometeuse a convocar eleccións por sufraxio universal ao Parlamento (Duma) e a propiciar unha reforma agraria. No entanto, as promesas non se cumpriron e en pocos anos o tsar clausurou a Duma e gobernou de novo autocraticamente.
A revolución de febreiro de 1917. Caída do tsarismo O 23 de febreiro de 1917 produciuse unha gran manifestación en Petrogrado (nome eslavo que adoptara San Petersburgo en 1914), seguida dunha folga xeral e de motins nos cuarteis. O tsar abdicou e proclamouse unha república dirixida por un goberno provisional, que se comprometeu a convocar eleccións constituintes para converter Rusia nunha democracia parlamentaria. O novo goberno, dominado polos partidos burgueses (kadetes e eseristas), iniciou unha serie de reformas políticas e sociais. Pero ao mesmo tempo decidiu manter os compromisos cos seus aliados na guerra. Isto impedia mellorar as condicións de vida da po boación e iniciar a esperada reforma agraria O descontento popular aumentou, e os soviets, que pedian a retirada da guerra, empezaron a esixir a destitución do goberno. A unidade de forzas que derrocara ao tsar empezou a romper, e xerouse unha dualidade de poderes entre o goberno provisional e os soviets. A revolución de outubro. Os bolxeviques ao poder Os bolxeviques foron gañando o apoio da maioría dos soviets. O seu líder, Lenin, que regresara a Rusia do exilio, propugnou as Teses de abril, onde marcaba a ruta para seguir: derrogar o goberno provisional e instaurar un goberno de soviets obreiros e campesiños, asinar a paz con Alemaña, repartir as terras entre os campesiños, cederlles a dirección das fábricas aos obreiros, nacionalizar a banca e reconecer as nacionalidades do Imperio. Os bolxeviques, co apoio dos soviets, que crearan as súas propias milicias armadas, a Garda Vermella, prepararon unha insurrección para o dia 25 de outubro de 1917. Os sublevados ocuparon a cidade de Petrogrado, tomaron o Palacio de Inverno e destituiron o goberno provisional. A revolución estendeuse rapidamente por Mos. cova e os núcleos industriais do país O II Congreso dos Soviets de Rusia, que se atopaba reunido en Petrogrado, proclamou un goberno obreiro que foi presidido por Lenin e no que figuraban Trotski e Stalin. En novembro de 1917 tiveron lugar as eleccións para a Asemblea Constituinte, que foran convocadas polo goberno provisional. Os bolxeviques só obtiveron o 25% dos escanos, aínda que a súa forza era maioritaria nas cidades e mais nas zonas industriais. Ante o temor de que os grupos contrarios á revolución se impuxesen na Duma, Lenin disolveu a Asemblea e púxolle fin ao pluralismo político na nova Rusia soviética. Lenin: Lenin foi o líder bolxevique e principal inspirador da revolución de outubro de 1917. En 1897 foi encarcerado e deportado a Siberia polas súas actividades contra a autocracia tsarista. Tras a súa liberación, en 1900, exiliouse a Suíza. Ao triunfar a revolución de febreiro, regresou a Rusia para dirixir a toma do poder polos bolxeviques.
D A COXUNTURA DA PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL En 1914, cando Rusia entro na Primeira Guerra Mundial, evidenciouse que non estaba preparada para unha guerra tan longa, dura e cara: o exército ruso non estaba capacitado, nin os sistemas de transporte eran eficaces, nin a industria de armamento resultaba suficiente. Como os medios económicos do país se dedicaron á guerra, a fame apareceu e estendeuse o malestar entre obreiros, campesiños e soldados. Todo iso desacreditou o tsar Nicolao Il e o se goberno. En plena guerra, os que se opoñían ao tsarismo sabían que era a oportunidade de rematar co réxime e facerse co poder. As primeras medidas da revolución -Expropiación do capital do Estado.-Expropiación da terra dos propietarios e nacionalización da terra. -Expropiación do capital financeiro e nacionalización dos bancos.-Expropiación dos transportes.-Expropiación dos créditos, principalmente os estranxeiros.-Expropiación do capital aos campesiños ricos e creación do Comité do Campesiñado Pobre.-Expropiación do gran capital industrial. 0 poder bolxevique O partido bolxevique, que desde 1918 tomara o nome de Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS), fixose co monopolio do poder, reprimiu todos os que se lle opoñian (tsaristas, liberais, menxeviques, anarquistas, etc.) e organizou unha policía política (Checa) para perseguir as actividades contrarrevolucionarias. No ámbito económico, instaurouse o "comunismo de guerra", polo que se nacionalizou toda a industria, se colectivizaron as terras e se lles obrigou aos campesiños a entregarlle as súas colleitas ao Estado. A URSS era un Estado federal cun Parlamento (Soviet Supremo) e un só partido político, o PUS (Partido Comunista da Unión Soviética). Tratábase dun sistema totalitario que se xustificaba coa teoría da ditadura do proletariado* A guerra e a formacion d URSS: A comezos de 1918, os partidarios da volta do tsarismo (terratenentes, exército, etc.) ou do liberalismo (burguesia) levantáronse en armas contra o goberno dos soviets. O denominado Exército Branco contou coa axuda de tropas francesas, británicas, xaponesas e norteamerica- nas, e enfrontouse ao Exército Vermello, organizado polos bolxevi-ques baixo a dirección de Trotski. Os tres anos de guerra civil foron dunha gran crueldade para a po-boación, tanto pola escaseza de alimentos como polos mortos en combate. En 1921, o Exército Vermello logrou impoñerse militarmente pero o conflito contribuíra ao endurecemento do réxime soviético.
O desastre demográfico e económicoA guerra causou ao redor de dez millóns de soldados mortos en combate. A esta cifra hai que lle engadir as vítimas civis, afectadas pola subalimentación e as enfermidades, e a falta de nacementos durante o conflito, o que provocou un retroceso demográfico xeneralizado. Desde o punto de vista económico, a Primeira Guerra Mundial sig nificou a perda definitiva da hexemonía europea. O conflito empobreceu os países belixerantes. O potencial industrial de Europa reduciuse un 40%, e o agrícola, un 30%. Todos os países europeos estaban endebedados tanto no interior (empréstitos* de guerra) co mo co exterior (préstamos sobre todo cos Estados Unidos). Pola contra, os Estados Unidos foron precisamente uns dos grandes beneficiarios da guerra e a súa economía converteuse en lider das finanzas mundiais. O seu produto nacional bruto duplicouse nos anos da guerra e o dólar substituíu a libra esterlina como a moda forte e hexemónica nas transaccións internacionais A organización da paz En xaneiro de 1919 inaugurouse en París unha conferencia para establecer as condicións de paz. O Tratado de Versalles foi o máis importante e impúxolle as condicións de paz a Alemaña. Outra serie de tratados foron asinados con Austria, Bulgaria, Hungría e o Imperio turco. En conxunto impúxose a desmembración dos imperios e a remodelación das fronteras europeas. O presidente estadounidense, Thomas W. Wilson, achegara a súa visión dunha paz fundada na concordia e na ausencia de desquite (14 puntos de Wilson). Baixo a súa proposta creouse a Sociedade X de Nacións (SDN), unha organización internacional que debía garantir a paz e a cooperación entre os Estados. Pero as condicións impostas polos vencedores levaron a que os vencidos non se integrasen na SDN. Tampoco o fixo a URSS nin, ao final, os EUA e a SDN acabou sen ningunha influencia na política internacional. Novos problemas, novos conflitos As conferencias de paz non cerraron as feridas da guerra, ao co-trario, abriron novas rifas. Os alemáns consideraron as condicións impostas polo Tratado de Versalles como unha humillación que acabaría exacerbando o seu nacionalismo e o desexo de desquite no futuro. Tamén Italia formulou a súa frustración por non recibir as rei. vindicacións territoriais que demandara e medrou un movemento nacionalista. Doutra banda, a Revolución rusa de 1917 formulara en Europa unha nova situación de tensión. A revolución bolxevique animaba as forzas revolucionarias de toda Europa. Producironse levantamentos en Alemaña e Hungría que, anda que foron sufocados, facían evidente a existencia dun novo conflito entre o capitalismo e o comunismo.Os tratados de paz conformaron un novo mapa de Europa. O feito esencial foi a fin dos grandes imperios e a formación de novas nacións, baixo o principio dun Estado para cada nacionalidade.