•A caída do tsarismo

Foi a participación na Gran Guerra o factor decisivo que propiciou a caída do tsarismo e o triunfo da revolución, pois puxo de manifesto a incapacidade e as carencias do sistema. As continuas derrotas aumen- taron o descontento entre os soldados mal equipados, que desertaban en masa. Ademais, a poboación civil sufría a insuficiencia e carestía dos produtos básicos. A impopularidade da guerra ía parella á do propio tsar Nicolás II.

En febreiro de 1917, a poboación de Petrogrado (nome de San Peters-

burgo desde 1914) protestou pola falta de alimentos. As sucesivas ma- nifestacións non foron reprimidas polos soldados, que se incorporaron ás protestas. Falto de apoio, o tsar Nicolás II abdicou, proclamándose a República. Estableceuse un goberno provisional, dirixido pola burguesía e presidido por Kerenski, que pretendía instaurar un réxime liberal e elaborar unha Constitución. O novo goberno decidiu continuar a guerra, pero foi incapaz de controlar a situación.



O triunfo da Revolución bolxevique Desde o comezo das protestas, as organizacións de esquerda crearon

Consellos obreiros ou soviets, formados por delegados de fábricas, sindicatos e partidos que repre- sentaban a obreiros, soldados e campesiños partidarios da revolución. Neles foi crecendo influencia dos bolxeviques (socialistas marxistas revolucio- narios ou comunistas) dirixidos por Lenin, que defendía a con- signa de paz, terra e todo o poder para os soviets, é dicir: poñer fin á guerra (porque só servía aos in- tereses da burguesía), confiscar toda a propiedade privada (que debía pasar a mans do Estado), e converter os soviets na única autoridade que debía exercer o poder (eliminando o goberno provisional).

•En outubro de 1917, Lenin e os bolxeviques levaron á práctica a idea marxista da conquista do poder pola clase obreira. O medio para con- seguilo foi a insurrección armada. O 25 de outubro, a garda vermella bolxevique, baixo as ordes de Lenin e Trotski, asaltaron o palacio de inverno de Petrogrado, sede do goberno provisional, e detiveron os seus membros. Paralelamente reuníase un Congreso dos Soviets, que asumiu o poder e creou un goberno obreiro (Consello de Comisarios do Pobo) presidido por Lenin e do que 



formaban parte, entre outros, Trotski e Stalin. A situación era moi confusa, formándose numerosos gobernos autónomos ou revolucionarios, controlados polas distintas forzas existentes, que se enfrontaban entre si para facerse co poder. Os bolxeviques só controlaban, de momento, a Rusia central.

A época de Lenin e o nacemento da URSS

Tras a conquista do poder, os bolxeviques dirixidos por Lenin tomaron

diversas medidas para transformar Rusia e facer fronte os seus inimigos:

A imposición do socialismo, mediante os decretos de outubro de 1917 que impoñían a socialización dos medios de produción. Polo decreto sobre a terra, esta deixaba de ser propiedade privada e pasaba a mans do Estado, que a cedía en usufruto aos campesiños para que a traballasen. Tamén se decretou o control da produción industrial en cada fábrica polos propios obreiros, e a nacionalización da banca e do comercio exterior.

• A paz con Alemaña. A impopularidade da guerra, o avance alemán e a necesidade de consolidar a súa posición obrigaron a Lenin a asinar, en marzo de 1918, o Tratado de Brest-Litovsk polo que Rusia



obtiña a paz a cambio de grandes perdas territoriais (Finlandia, Estonia, Leto- nia, Lituania, Ucraina, Polonia, Besarabia e a Transcaucasia).

• Esmagamento da oposición interior. A comezos de 1918, os bolxe- viques só controlaban unha parte de Rusia, pero grazas á creación por Trotski dun exército disciplinado e revolucionario (o exército verme- llo), venceron na guerra civil (1918-21) contra os antibolxeviques (o exército branco, formado por antigos oficiais tsaristas e apoiado polas potencias occidentais). Tamén avanzaron cara a Ucraina



e a Transcau- casia, establecendo gobernos bolxeviques. Ao mesmo tempo, elimina- ron toda oposición contraria ás súas directrices.

A moderación das transformacións. Os trastornos da guerra civil e a escaseza obrigaron a Lenin, en 1921, a impoñer unha Nova Política Económica que permitía algunhas formas capitalistas para incentivar a produción, de modo que os campesiños podían quedarse con parte da produción para vendela e ter pequenas empresas e cooperativas.

■ Creación da URSS. En 1918 Rusia foi transformada nunha República Federativa Soviética. Posteriormente, coa incorporación de Ucraina, Bielorrusia e Transcaucasia, creouse en 1922 a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas. Organizada como unha federación de repú- blicas, o poder estaba en mans dos soviets controlados polo Partido Comunista.

■ Fundación da Terceira Internacional ou Internacional Comunista (Moscova, 1919) co obxectivo de derrocar definitivamente o capitalis- mo. So podían pertencer a ela os partidos que aceptasen denominarse comunistas e seguir as directrices do Partido Comunista da Unión So- viética (PCUS).



A era de Stalin

Tras a morte de Lenin en 1924, desatouse na URSS unha dura loita polo poder. O país estivo dirixido por unha troika ou triunvirato da que for- maba parte Stalin, que logrou facerse con todo o poder en 1927; desde entón e ata a da súa morte en 1953, gobernou con man de ferro, desta cando os seguintes aspectos:

A concentración do poder na persoa de Stalin, que o exerceu de for- ma ditatorial; era o xefe do Estado e o secretario xeral do PCUS, dous cargos que lle outorgaban o control total do país. Non estaba permi- tida ningunha crítica ou disidencia; a persecución e eliminación dos opositores foi unha práctica habitual (procesos coñecidos como purgas stalinistas). Individuos e pobos enteiros foron internados en campos de concentración ou deportados en masa a Siberia. Miles de carteis de propaganda e de estatuas lembraban permanentemente os soviéticos quen exercía o poder na URSS.

■ A planificación económica. A partir de 1928 a economía soviética estivo dirixida e planificada desde o Estado, que establecía as prio- ridades e os volumes a alcanzar en cada unha das ramas produtivas para un período de cinco anos (Plans 



quinquenais). Tiña prioridade a industria de base e de armamento, así como as fontes de enerxía. deixando nun segundo plano ás industrias de bens de consumo. Con estas medidas a economía soviética experimentou un gran crecemento e a URSS converteuse nunha gran potencia industrial e militar.

-A colectivización agraria. Os campesiños foron obrigados a reunir a súas terras e gando en granxas colectivas (kolkhoz), traballando de forma comunitaria, e debían alcanzar as cotas de produción marcadas polo Goberno; unicamente conservaban a propiedade da súa casa e un pequeno horto. Ademais creáronse granxas estatais de carácter experi- mental (sovkhoz), e para aproveitar ao máximo o emprego da maquinaria agrícola establecéronse as MTS (estacións de maquinaria e tractores). As protestas campesiñas contra estas medidas foron numerosas e tive- ron un alto custo en vidas humanas, pero o Estado conseguiu aumentar considerablemente a produción, aínda que cunha baixa produtividade.



Características do fascismo

•O fascismo foi creado por Benito Mussolini en 1919 en Italia. É unha ideoloxía totalitaria que aspira a exercer un control absoluto sobre a sociedade e os individuos que a compoñen, buscando a creación dun novo sistema político e novos valores para as masas populares. Presén tase como alternativa, pero nun sentido contrario, tanto da democracia liberal capitalista como da ditadura do proletariado socialista. Como principais trazos destacan:

•A primacia dos intereses xerais do Estado e da nación fronte aos dereitos dos individuos e grupos. Todo debe estar supeditado e servir para conseguir a grandeza do Estado, que se identifica coa nación e a patria (exaltación nacionalista). A liberdade e a vontade individual quedan restrinxidas e sometidas á vontade do Estado, que intervén en todos os ámbitos da vida, regulamentando todas as actividades; nada escapa ao seu control.

•A concentración do poder en mans dun único líder, considerado a encarnación da vontade da nación, o único capaz de conducir o pobo para que alcance o destino que a Historia lle ten reservado. Todas as institucións (políticas, sociais, militares...) están



supeditadas aos mandatos do líder (ditadura unipersoal), que é obxecto de veneración polo pobo (culto á personalidade).

•Encadramento e mobilización das masas nun único partido de carácter nacional, estando prohibidos e perseguidos todos os demais.

Os cadros dirixentes dese partido deben ser, ao mesmo tempo, as autoridades que exerzan o goberno nas institucións do Estado.

•Rexeitamento da igualdade das persoas e os pobos, defendendo a supremacía duns individuos sobre outros, dos homes sobre as mulle- res, dun pobo ou país sobre outro. Unha minoría, a elite masculina, considerada a mellor preparada, debe tomar as decisións en beneficio da sociedade, mentres que as masas deben obedecer e cumprir as or- des que se promulgan. As mulleres deben coidar especialmente o seu papel de nais e compañeiras dos homes.

•Forte control ideolóxico e policial, empregando a propaganda para

a exaltación dos valores fascistas e a violencia para eliminar calquera critica ou oposición. Os medios de comunicación (prensa, radio, cine) así como as escolas e organizacións xuvenís, deben estar 



ao servizo da causa fascista. As ameazas, as malleiras, o cárcere, as execucións, os campos de traballo, serviron para suprimir a oposición, especialmente a dos partidos de esquerda. O novo Estado impón a orde e a disciplina. eliminando as liberdades individuais.

•Intervención do Estado na economía, tratando de incrementar a riqueza e produción propia e conseguir a autosuficiencia fronte aos estranxeiros (autarquía). A propiedade privada é respectada, pero as actividades económicas deben estar sometidas á política e aos intere- ses do Estado, que controla o mercado, fixa prezos e salarios, realiza obras públicas e crea ou nacionaliza empresas. Os sindicatos son suprimidos e as folgas prohibidas; obreiros e patróns deben formar unha única organización corporativa sometida ao Estado. Calquera intento de revolución ou reivindicación social debe ser perseguido, pero o Estado debe procurar que se introduzan melloras nas con- dicións de vida dos obreiros (traballo, vivenda, saúde); por iso, o fascismo contou co apoio de parte da burguesia, pero tamén de parte dos obreiros.



ESTADO CORPORATIVO: Estado q se organiza a partir das corporacións coas q se pretende lograr a harmonía social e evitar o enfrontamiento das clases.

MUSSOLINI, XEFE DO GOBERNO: Contando coa pasividade das autorida des e co agrado de empresarios e terratenentes, en outubro de 1922 Mussolini organizou a marcha sobre Roma para forzar o establece mento dun goberno forte dirixido por el. Ante esta demostración de forza, o rei Vítor Manuel III no apoiou o goberno liberal establecido, senón que nomeou a Mussolini xefe do goberno; pouco despois o Par- lamento concedeulle plenos poderes para aplicar medidas excepcio- nais.