Denomínase reformismo borbónico aos cambios introducidos pola nova dinastía a partir de 1700 baseados, tanto no establecemento dunha monarquía absoluta e dunha centralización administrativa, como, a partirda segunda metade do século XVIII, na aplicación do despotismo ilustrado coa intención de elevar o nivel
cultural, económico e científico-técnico do país.
A situación estratéxica de Galicia permitía rexeitar os ataques de frotas estranxeiras, especialmente inglesas,
que saqueaban as poboacións da costa española e capturaban os barcos cargados de mercadorías
procedentes de América; de aí que se reforzasen fortalezas ao longo da costa galega, pois Galicia tiña unha posición de baluarte na defensa do Imperio colonial. Isto levou aos Borbóns a promover unha serie de reformas:-A Matrícula do Mar é un sistema de recrutamento ideado para dotar aos buques da Armada de tripulacións competentes e eficientes. Obrigaba a matricularse a tódolos mariñeiros indicando as súas habilidades concretas, sobre este rexistro realizábase un sorteo para cumprir o servizo obrigatorio, quedando exentos do sorteo das quintas. Os primeiros intentos de instaurar un sistema similar remóntanse ao Conde-Duque de Olivares; non será ata a chegada do absolutismo borbónico cando sexa posible a súa implantación,primeiro, con Felipe V e, posteriormente, con Fernando VI e o seu ministro, o marqués da Ensenada. Esta reforma non tivo o éxito esperado debido a falta de pagos á tripulación, xunto ao grande impacto nos núcleos pesqueiros polo seu carácter forzoso. Galicia, debido extensión del litoral, aportaba a cuarta parte da matrícula das flotas españolas na segunda metade do XVIII.-Filipe V de Borbón creou a Real Armada unificando as numerosas armadas da época dos Austrias e, en 1726,o seu ministro Xosé Patiño estableceu a división das costas españolas en tres departamentos marítimos:
Ferrol, Cádiz e Cartaxena. O nomeamento de Ferrol como sede do Departamento Marítimo do Norteimplicou o establecemento dun arsenal da Real Armada e, seguindo o modelo francés de instalacións combinadas de estaleiros e almacéns de armas, fomentáronse a construción naval e o incremento de buques de guerra. Estas políticas terán continuidade co Fernando VI que prestará atención prioritaria amodernización da Armada a mans do marqués da Ensenada (novas instalacións do Arsenal de Ferrol).Ademais decidiuse crear unha Escola de Garda Mariñas para a formación dos mandos militares da Armada.A designación de Ferrol fixo que a pequena poboación mariñeira se transformase nunha cidade e
experimentase cambios urbanísticos: os novos barrios de Esteiro, para acoller aos traballadores, e o da
Magdalena, ocupado polos oficiais; no seu deseño seguíronse trazados urbanísticos a base de cuadrículas
moi do gusto dos ilustrados. Grazas a Ferrol, a economía galega esencialmente agraria, contou co seu
primeiro núcleo industrial por este desenvolvemento da construción naval.-Durante o reinado Carlos III e baixo o contexto das políticas reformistas ilustradas, destaca a liberalización do comercio con América que suprimiu o monopolio comercial de Cádiz e permitiu comerciar directamente con América a varios portos españois, especialmente á Coruña. Ademais o goberno de Carlos III taménestablecera na Coruña o Servizo de Correos Marítimos. Esta era unha compañía estatal de buques encargada de levar a correspondencia oficial e privada cara ao porto da Habana e a Bos Aires, xunto co transporte de persoas e de mercadorías. Ambas concesións contribuíron a favorecer o crecemento comercial da Coruña e a renovación urbanística e portuaria da cidade (restauración da Torre de Hércules).
Pese a todo, o impacto da Ilustración foi bastante limitado.