2. Prosa: A contribución dos novecentistas non alcanzou nos anos 20 e 30 tanta relevancia no campo narrativo como no poético. Intégranse nas canles de difusión creadas pola xeración Nos, coleccións de novela curta, revistas e aceptan en xeral as suas propostas técnicas e temáticas.
2.1. Rafael Dieste: O principal prosista da xeración do 25 no período anterior á guerra foi o rianxeiro Rafael Dieste, considerado como o gran mestre da mocidade renovadora galega, á que deu orientación nas súas colaboracións nos diarios Galicia e El Pueblo Gallego. Despois de varias polémicas cos homes de Nós, a fins dos anos 20 distánciase do galeguismo para asumir un compromiso republicano e de esquerdas. Tras a guerra, sofre o exilio e desenvolve un gran labor cultural e político entre a colectividade galega da Arxentina, ante o seu regreso a Galiza a mediados dos anos 60.
Na narrativa de Dieste destacan fundamentalmente tres trazos:
-Emprega recursos típicos do relato oral: apelacións ao auditorio, autoxus-fificacións do narrador, referencias espazo-temporais concretas, constantes digresións, historias encaixadas dentro do argumento principal etc.
-A preferencia por temas que teñan misterio ou algún matiz extraordinario.
-A orixe popular e folclórica dos argumentos.
2.2. Outros narradores da xeración novecentista
Fermín Bouza Bre foi autor dunha novela titulada Cabalgadas en Salnés. Ambientada a comezos do século XIX é unha novela de aventuras ou conto heroico.
Amado Carballo escribiu as novelas curtas Maliaxe e Os probes de Deus. Esta última, protagonizada polos moradores dun asilo de anciáns, mestura realismo e lirismo.
Manuel Antonio deixou inédita ou espallada en xornais unha obra narrativa de grande orixinalidade e calidade, que se caracteriza pola brevidade intensiva.
Lois Tobío constituiu unha vívida estampa do Viveiro do primero terzo do século XX, coa decadencia fidalga e o auxe da burguesía comercial foránea como pano de fondo.
Na actividade narrativa destacaron tamén Luís Manteiga, Evaristo Correa Calderón, Euxenio Montes, Xulián Magariños Negreira e Xoán Xesús González.