A Ilustración é o movemento característico do s. XVIII. É unha época da historia do pensamento occidental que se caracteriza pola confianza no poder da razón humana. Preséntase como unha corrente ideolóxica optimista, baseada na confianza na razón e na ciencia. Representa unha ideoloxía e unha cultura elaborada pola burguesía europea na súa loita co absolutismo e a nobreza. Desenvólvese nun período de tempo comprendido entre a Revolución Inglesa (1688) e a francesa (1789). E chámase “século das Luces” ou “século da Ilustración”.Iníciase en Inglaterra, a partir da Revolución Industrial, que é un dos grandes acontecementos (xunto ca Revolución Científica) que marcan o devir do s. XVIII. E xorde tamén a partir da obra de Locke (XVII, empirismo) e de Newton. Gran Bretaña e os novos Estados Unidos foron os modelos dunha nova sociedade.
Na Ilustración inglesa predominan as cuestión de tipo científico, xunto cun talante político abertamente liberal ( por obra de Newton e de Locke).De Inglaterra exténdese máis tarde por Francia e Alemania.O seu acontecemento histórico máis importante é a Revolución Francesa (1789), que se foi preparando grazas ó “novo clima de opinión” que xorde polas discusións nos “salóns” e nas academias científicas. A Revolución Francesa supón o fin do Antigo Réxime e o nacemento dos modernos sistemas parlamentarios.Neste tempo adquiriron novo protagonismo as mulleres, especialmente en Francia. A Ilustración francesa está marcada polas preocupacións sobre problemas sociais e políticos.A Ilustración alemana é algo máis tardía. Céntrase preferentemente nunha análise dos fundamentos da razón. Ten a Kant como principal representante.O “Século das Luces” (como tamén se coñece ó s. XVIII) foi unha nova época 
iluminada pola crítica, o progreso e a loita pola dignidade. Representa unha actitude 
que ten como centro o ser humano independizado das tutelas tradicionais, sociais, 
políticas, relixiosas…, e posuído por unha fe nos seus propios medios.
A Ilustración é a primeira cultura laica da historia de Europa. Unha cultura á marxe do 
cristianismo.O réxime político máis estendido no s. XVII foi o absolutismo, que no XVIII se recicla en despotismo ilustrado. Os “déspotas ilustrados” toman da Ilustración o que lles convén e apóianse nela para introducir nos seus estados unha serie de reformas e melloras importantes: suprimen os restos que quedaban de feudalismo, protexen a agricultura coa construcción de canles e pantanos, urbanizan e modernizan as



KANT: VIDA E OBRA
Podemos dicir que Kant (1724 - 1804) é o filósofo máis importante do século XVIII e, 
polo tanto, filósofo ilustrado. Nace na cidade alemana de Königsberg (Prusia), agora 
rusa (Kaliningrado), no seo dunha familia humilde, que profesaba o pietismo e 
defendía unha moral rigorosa. O pietismo é unha relixión , un movimento protestante 
xurdido trala Reforma de Lutero.
Tras realizar os seus estudos e traballar como titor de familias acomodadas, comezou 
a ensinar na Universidade da súa cidade natal, onde coñeceu a Martin Knutzen, que o 
fixo interesarse nas ciencias da natureza e nas matemáticas. 
Era extremadamente metódico nos seus costumes e sempre estivo atento ós 
acontecementos do seu tempo: independencia dos Estados Unidos e Revolución 
Francesa. Os seus ideais liberais levárono a defender ambos acontecementos. Era 
ademais un pacifista convencido e un antimilitarista.
Coñecedor dos clásicos e da filosofía do seu tempo. Tiña tamén un rigoroso 
coñecemento das matemáticas e da física. Leu e valorou especialmente a Hume, que 
o “espertou do soño dogmático” Rousseau, que lle inculcou os ideais da Ilustración e

Newton, que o levou a preguntarse por que a metafísica non evoluciona coma outras 
ciencias.
Morreu en 1804 e na súa lápida aparece a seguinte inscrición: “Dúas cousas enchen o 
ánimo de admiración e respeto: o ceo estrelado que está sobre min e a lei moral que 
hai en min”
Entre as súas obras destacamos a Crítica da Razón Pura, Prolegómenos a toda 
metafísica futura, Crítica da Razón Práctica, Fundamentación da Metafísica dos 
costumes.