1. Ábsida  Espazo semicircular, poligonal o rectangular, orientado ao leste, que remata a cabeceira dalgunhas igrexas e  na que está o altar. Pode haber 1 ou máis ábsidas, sempre nº impar e a central de maior desenvolvemento. As veces 1 ábsida acolle pequenas ábsidas secundarias (absidiolas).

2. Altorrelevo Relevo que sobresae do fondo máis da metade do seu vulto.

3. Aparello almofadado  Muro de cantería no que os perpiaños presentan as xunturas biseladas ou refundidas de xeito que a súa  parte frontal está en relevo.

4. Arcobotante  Arco exterior rampante con arranques a distinta altura que descarga sobre o muro ou contraforte, os  empuxes laterais das bóvedas. Serve tamén para conducir as augas de choiva ata as gárgolas coa canle no  seu extradorso. Característico da arquitectura gótica.

5. Arco apuntado ou arco  oxival Constituído por 2 segmentos de circunferencia de igual radio e de 2 centros no seu trazado. Forma un  ángulo na clave e o intradorso é cóncavo.

6. Arco de ferradura Aquel de curvatura superior á semicircunferencia. Pode ter maior ou menor frecha (peralte). Na arte califal  presenta un peralte da metade do radio mentres na arte visigoda o peralte é de 1/3.

7. Arco de medio punto  Aquel de curvatura semicircular, de xeito que frecha=semiluz.

8. Arco de faixa  Arco de medio punto que axusta a bóveda de canón para reforzala e se dispón transversalmente ao eixo  lonxitudinal da nave dividíndoa en tramos. Se compre a mesma función e disposición, pero en forma  apuntada, denomínase perpiaño.

9. Arco formeiro  Arco disposto paralelamente ao eixo lonxitudinal da nave, dun soporte a outro, e que a separa da outra  nave.

10. Arco peraltado  É aquel de medio punto que prolonga en recto o seu arranque de xeito que supera a media circunferencia  sendo a frecha maior que o radio ou semiluz. Ou tamén, cando o centro da semicircunferencia está por riba  da liña de impostas.

11. Arco rebaixado  Aquel de curvatura inferior á media circunferencia coa frecha superior á semiluz (cando o centro está por  debaixo da liña de impostas).

12. Arquitrabe  Parte inferior do entaboamento que apoia directamente sobre a columna.

13. Arquivolta  Cada unha das roscas/molduras dispostas de xeito concéntrico en torno dun arco. Conxunto de  arquivoltas=portada abucinada. Son propias da arquitectura románica e gótica presentando decoración  figurada e xeométrica.

14. Baixorrelevo  Relevo que sobresae do seu fondo menos da metade do seu vulto

15. Basa  Parte inferior da columna ou piar sobre a que apoia o fuste. Combina molduras cuadrangulares, cóncavas e  convexas (plinto, escocia, toro, bocel), mais ou menos labradas.

16. Bodegón  Xénero pictórico que representa seres inanimados (animais mortos, vexetais, obxectos e útiles)

17. Bóveda de aresta  Cuberta que se forma cando se cruzan perpendicularmente 2 bóvedas de canón de igual frecha resultando 4 arestas angulares.

18. Bóveda de canón  Cuberta semicilíndrica, orixinada polo desprazamento dun arco de medio punto sobre soportes paralelos ao  longo dun eixo lonxitudinal.

19. Bóveda de cruzaría  Cuberta abovedada que se forma polo cruce (clave) en aspa de arcos/nervios estruturais sobre os que se  apoia a cuberta propiamente dita ou plementería con función de recheo. Os nervios transmiten os empuxes  aos piares polo que non se precisa reforzar o muro como coa bóveda de canón, facilitando así a apertura de  vanos nos muros. A forma máis sinxela é a de 4 nervios e 4 plementos (cuatripartita), pero se os nervios se  multiplican (terceletes) teremos entón bóvedas sexpartitas (1), reticuladas, de abano (3), estreladas (2)...

20. Canon  Norma que regula as relacións de proporcións ideais entre as partes dun edificio ou entre os membros do  corpo humano establecendo un modelo de máxima beleza e harmonía. Canon significa regra ou modelo.

21. Capitel composto  Capitel de creación romana por fusión de elementos dos capiteis gregos: as volutas do xónico e as follas de  acanto do corintio.

22. Capitel corintio  Capitel clásico grego que presenta follas de acanto dispostas en 2 ou máis filas, as inferiores moi curvadas  cara á fora e as superiores enroscadas (caulículos).

23. Capitel dórico  O capitel clásico grego constituído por equino, moldura circular e convexa, e ábaco, peza a modo de taboiña.

24. Capitel xónico  O capitel clásico grego formado por volutas nos 4 ángulos ás que se superpón un pequeno ábaco.

25. Ciborio  Construción elevada sobre o cruceiro dunha igrexa, en forma de torre de planta cadrada, octogonal ou  poligonal, que encerra no interior unha cúpula e que pode rematar por un chapitel.

26. Claroscuro  Técnica pictórica que se serve dun forte contraste de luces e sombras, zonas iluminadas e zonas escuras, a  fin de acentuar os volumes e resaltar a profundidade. Cando o claroscuro é moi marcado para remarcar o  dramatismo, falamos de tenebrismo.

27. Clave dun arco  A doela central en forma de cuña que pecha o arco ou a peza que pecha as bóvedas de cruzaría.

28. Color complementaria  Secundarias que contrastan coa primaria que non entra na súa composición: azul-laranxa, verde-vermella, violeta-amarela…

29. Columna salomónica  Columna que presenta fuste helicoidal.

30. Contraforte  Engadido exterior groso a modo de pilastra que serve para reforzar o muro dunha edificación e  contrarrestar os empuxes das bóvedas.

31. Contraposto  Palabra italiana que serve para expresar a oposición harmónica das partes do corpo da figura humana,  especialmente cando algunha deles está en movemento ou tensión e a súa simétrica en repouso. Unha perna queda afincada no chan mentres a outra dobra e adiantase, o que repercute na cadeira e nos  ombreiros. A mesma oposición tensión-relaxación se mostra nos brazos, ao tempo que a cabeza xira  lixeiramente. Favorece a sensación de movemento e rompe a lei de frontalidade.

32. Cornixa  Na arquitectura clásica, parte que sobresae no alto do entaboamento despois do friso. En xeral, a parte superior e saínte da cuberta que remata un edificio.

33. Cadro de Historia  Xénero pictórico que representa escenas históricas, literarias, bíblicas ou lendarias, e que trata de ser  moralmente edificante ou ter carácter conmemorativo. Son obras de gran formato por necesidades do seu  contido narrativo.

34. Cadro de xénero  Xénero pictórico que representa escenas e temas da vida de acotío. Caracterízase polo realismo.



35. Cúpula  Cuberta semiesférica, xerada pola rotación dun arco. Pode cubrir un espazo circular (bóveda semiesférica),  poligonal ou cadrado. Nos 2 últimos casos precisa apoiar sobre pendentes (pechinas) ou trompa

36. Curva praxiteliana  Contrabalanceo acusado do contraposto, ata adquirir trazo curvilíneo ou en S, que acentúa a sensación de  dinamismo. Caracterizaba a composición das esculturas de Praxíteles.

37. Deambulatorio ou  xirola Corredor que rodea a traseira do altar maior. Adoita ser prolongación das naves laterais nas igrexas de tres  naves. 

38. Doela  Cada unha das pezas en forma de cuña coas que se forma a volta do arco. A central denomínase clave e a  1ª, inmediata ó arranque, chámase salmer.

39. Entaboamento  Estrutura arquitectónica das ordes clásicas, encima dos soportes e constituído por arquitrabe, friso e  cornixa.

40. Éntase  Engrosamento do fuste dunha columna, na súa parte central, para corrixir as desviacións da perspectiva e  conseguir que pareza recta en lugar de cóncava, parecendo de carecer de entáse.

41. Escultura de vulto  redondo ou exenta Aquela que pode ser contemplada desde calquera punto de vista ao seu redor pois non está adosada a nada  e está traballada por todos os lados. 

43. Esfumado/sfumato  Técnica pictórica que esfuma os contornos e os tonos ó tempo que os planos afastados quedan somerxidos  nunha néboa vaporosa. Plasma os efectos atmosféricos para lograr profundidade. É propia da pintura de Leonardo da Vinci.

44. Estatua ecuestre  Escultura de bulto redondo que representa unha figura humana a cabalo. Ten carácter de obra  conmemorativa de personaxes relevantes.

45. Estatua-columna  Estatua de canon xeralmente esvelto, adosada ao fuste dunha columna ou a un muro e aproximadamente  da súa mesma altura.

46. Estilo  Conxunto de trazos orixinais e persistentes dun artista, dunha época, dunha escola ou dunha zona  xeográfica, que permiten identificar as obras como feitas por el ou neles.

47. Friso  Faixa decorativa de desenvolvemento horizontal, situada entre o arquitrabe e a cornixa no entaboamento  das ordes clásicas. Tamén se aplica a calquera faixa decorativa horizontal.

48. Fuste  Parte da columna ou puiar que constitúe o seu "pé dereito", entre o capitel e a basa. Pode ser liso,  sogueado, estriado, salomónico ...

49. Iconografía.  Estuda a orixe, formación e desenvolvemento dos temas figurados e dos atributos cos que se poden  identificar e dos que adoitan acompañarse.

50. Imposta  Fiada de pedra ou ladrillo, a miúdo sobresaínte, sobre a que se asentan un arco ou unha bóveda.

51. Liña serpentinata.  Liña compositiva en serpentina. Conforma un xiro violento sobre si mesma de modo que as figuras  contrabalancean cabeza, ombreiros e cadeiras. É propia do Manierismo.

52. Ménsula  Peza ornamental en beiral e voada para soster elementos arquitectónicos (balcóns, arcos…).

53. Métopa  Espazo rectangular que media entre 2 triglifos no friso da orde dórica. Ornaméntase con relevos ou cor.

54. Nártice  Espazo das basílicas paleocristiáns e bizantinas situado na entrada principal e aberto ao patio porticado,  reservado aos catecúmenos (adultos non bautizados).

55. Natureza morta ou  bodegón Xénero pictórico que representa seres inanimados (animais mortos, vexetais, obxectos e útiles).

56. Parteluz  Elemento vertical en forma de columna ou piar, que divide a anchura ou luz dun vano (fiestra ou porta).  Pode portar unha estatua como elemento ornamental.

57. Perspectiva xerárquica  Modo de representación que amosa con maior tamaño as personaxes que pola súa importancia queren ser  resaltados.

58. Perspectiva aérea  Modo de conseguir plasmar no plano a 3ª dimensión ó representar a atmosfera que envolve os obxectos,  debuxando os fondos e contornos das formas máis esvaídos. Toma en consideración a gradación dos tons e  a imprecisión das liñas producida pola intermediación da atmosfera.

59. Perspectiva lineal  Modo de conseguir plasmar no plano a 3ª dimensión dispoñendo as figuras ó longo de liñas imaxinarias ou  reais (liñas de fuga), que converxen nun punto de fuga e son cada vez máis pequenas a medida que se  desexa presentalas máis lonxe do espectador.

60. Piar  Soporte vertical exento de sección cadrada, rectangular ou poligonal.

61. Pilastra  Cando se adosa ao muro sen sobresaír demasiado, denomínase pilastra.

62. Plan central  Aquela na que os muros exteriores equidistan aproximadamente dun punto central.

63. Planta basilical  Planta lonxitudinal de forma rectangular. Adoita estar dividida en naves separadas por columnas e  rematadas nunha ou máis ábsidas.

64. Planta cruz grega Planta centralizada en forma de cruz cos catro brazos iguais.

65. Planta cruz latina  Planta lonxitudinal en forma de cruz cun travesaño máis curto que o outro. Brazo menor= transepto; lugar  no que ambos se cruzan=cruceiro.

66. Presbiterio  Espazo na cabeceira das igrexas que circunda o altar maior ou o antecede, normalmente separado da nave  por uns banzos, e que se reserva aos sacerdotes.

67. Retrato  Reprodución artística pictórica, escultórica ou fotográfica, dunha persoa. Pode ser individual ou de grupo;  de corpo enteiro, de medio corpo ou de busto

68. Rosetón  Vano circular calado con decoración de tracería e ás veces pechado con vidreiras de cores, que aparece na  arte medieval gótica.

69. Técnica de panos mollados Técnica escultórica de modelado plástico, conseguido por medio dos panos da roupa, tratados como se  estiveran mollados de xeito que se pegan ao corpo e acusan as súas formas.

70. Tímpano  Espazo delimitado polo lintel e as arquivoltas nas portadas románicas e góticas ou o espazo triangular no  interior dun frontón.

71. Tribuna  Galería sobre as naves lateras e da súa mesma anchura que se abre á nave central dun templo e onde  poden acomodarse os fieis. É característica das igrexas de peregrinación Inspirado no matroneum das  basílicas paleocristianas.

72. Triforio ou ándito  Pequeno pasadizo de circulación aberto en ventanais de carácter ornamental por riba das arcadas das  naves. Propio da arquitectura gótica.

73. Triglifo Elemento arquitectónico con forma de rectángulo saínte e surcado por tres acanaladuras verticais (glifos),  que serve de decoración.

74. Trompa  Estrutura triangular rematada en forma de bovediña que serve para achaflanar as esquinas e máis  concretamente para sustentar a bóveda semiesférica que se levanta sobre base poligonal.