A XUSTIZA POLA MAN: escrito por Rosalía de Castro e incluído na súa obra "Folla Novas". Esta escritora está caracterizada pola súa visión feminista, posicionándose como clara defensora da situación das mulleres da clase traballadora, senda así unha grande reivindicadora social. Na composición Rosalía desenvolve unha da temática máis senlleiras de Follas Novas, as inxustizas e hipocresías sociais. nestes versos Rosalía invita á rebeldía e á vinganza ante as inxustizas. A voz poética expón no segundo verso o roubo da " brancura", vinculado á clase social , representando a unha lubrega que comezaa traballar no campo perdendo así a brancura da súa pel e vivindo un desafuzamento. Como consecuencia desta situación os fillos desta muller morren vida, son considerados como "raposos" no poema, o que se corresponde cunha reivindicación social. A muller busca amparo na xustiza civil e divina, pero non a atopa. En consecuencia, decide tomar a xustiza pola man, representada na fisura da loba que loita polas súas crías. De noite escura diríxese cara a casa do cacique e os asasina, facendo cumplir a lei e alegrándose do final. Dun xeito claro observamos a continuidade que supón Follas Novas na actitude de denuncia fronte as aldraxes introducida en Cantares Gallegos, sendos unha poesía rítmica debido a vinculación da `poesía rosaliana coa música, con abundancia de recursos repetitivos. finalmente, tamén se caracteriza pola sinxeleza na forma.
O MAIO: pertenece a Curros Enriquez e á obra "Aires da Miña Terra". Como ben observamos nesta composicións, Curras e un forte reivindicador social cuxa obra xira en torno a dous eixes temáticos: o anticlericalismo e ao seu sentimento de ira e inconformismo. Neste poema hai unha clara posición de curros en prol da función social do poeta, permanecendo ao lado do pobo co obxectivo da explicación da situación de inxustiza social. o maio é unha celebraciónancestral galega na que se realizan pirámides con plantas que neste poema representa ao tempo novo, de libertade e progreso. Porén , para a voz poética continúa a haber unha situación adversa, o inverno, non ten nada que darlles aos rapaciños para construiren o seu maio. Dende o seu punto de vista, cando sexan libres de caciques, e cando a situación social se iguale, representado polo florecemento dos eides, chegará o maio desexado. Na última estrofa do poema observamos tamén dou eixes temáticos currosianos sumamente importantes: o anticlericalismo e a aposta decidida polo progreso material, cando non haxa cregos, foros, quintas, etc, o maio será chegado. esta composición identifícase claramente coa poesía do autor de Celanova, claramente vehemente e en prol da liberdade e progreso, relacionado co social-realismo da súa obra
OS PINOS: escrito por Eduardo Pondal e pertence á súa obra " Queixumes dos Pinos" , Pondal, foi o poeta máis diferente do Rexurdimento , debido á súa clase social alta que determina a súa obra. Escribiu poemas nos que o home desenvolve o seu rol tradicional con unha linguaxe agresiva e simboliso bélico. O poema comeza con referencias á natureza, neste caso ós pinos , os rumorosos, acompañados de simboloxía viril moi característica en Pondal. Este exército alto (as altas copas) e coas súas follas en forma de frecha (arume arpado) móvese e fai ruido co vento. Esta simboloxía utilizada en base a elementos de naturaleza é típica en Pondal xunto cos elementos virís que continúan no poema relacionados co universo épico que crea Pondal na súa obra no que é imporante destacar que a muller ocupa un papel secundario. A composición continúa con referencias ao Celtismo , o eixe temático principal, representado na figura de Breogán ( xigante pai de Galicia) e en toda a simboloxía da natureza anterior, derivada de relixiosidade celta. Pondal trata de recordar aos galegos que " os tempos son chegados" é dicir, é a hora de iniciar a loita pola liberación da terra oprimida, insultando a aqueles que non entenden esta misión. o último concepto introducido no poema é o bardismo , Pondal considérase como o vate visionario encargado de guiar e instruír ao pobo buscándose na estirpe celta. Todo o conxunto dos eixes temáticos presentes no poema, cuxos versos conforman a letra do himno galego son sumamente característicos de Pondal cos que lembra a nobreza da terra, a estirpe galega e que chega a hora de loitar.