Fitosanitarios e tipos: 

A Lei 43/2002, de sanidade vexetal, defíneos como as substancias activas e os preparados que conteñan unha ou máis substancias activas presentados na forma en que se ofrecen para os usuarios.:

-Protexer os vexetais fronte ás pragas.

-Evitar a acción das pragas.

-Mellorar a conservación dos produtos vexetais.

-Destruír os vexetais indesexables ou partes destes (herbicidas).

-Influír no proceso vital dos vexetais de forma distinta a como actúan os nutrientes (fitorreguladores)

Definicións:

Eficacia: Capacidade do produto para controlar os organismos fronte aos que se utilizan.

Acción de choque: Acción inmediata do fitosanitario sobre o axente nocivo que ocasiona o problema.

Acción residual ou persistencia: Indica o tempo despois da aplicación que o produto ten eficacia sobre o organismo nocivo, o período de protección.

Acción secundaria: Hai produtos que, ademais da acción sobre o organismo para o que están desenvolvidos, presentan unha acción polo xeral de freo sobre outros organismos.

Dose de aplicación:  Cantidade total de caldo aplicado por unidade de superficie.

Dosificación: Cantidade de materia activa ou preparado empregada por unidade de superficie.

Fitotoxicidade: Danos e reaccións en certos cultivos ou en estados fenolóxicos concretos dun cultivo.

Miscibilidade de produtos: Compatibilidade dos produtos entre si. .

Prazo de seguridade: Tempo que ten que transcorrer entre a aplicación do produto fitosanitario e a recolleita do cultivo. Aparece reflectido na etiqueta do produto e é fundamental respectalo en tódolos casos. 

Rexistro: É o proceso polo cal a autoridade competente aproba a fabricación, formulación, experimentación, fraccionamento, comercialización e utilización dun produto fitosanitario.

Composición dos produtos fitosanitarios: Os produtos fitosanitarios están compostos pola materia activa, as materias ou ingredientes inertes, os coadxuvantes e os aditivos.

Materia activa (m.a.) É a parte do produto que exerce a súa acción contra os axentes prexudiciais

Poden ser : productos organicos ou inorganicos.

Debe aparecer o porcentaxe de m.activa na etiqueta en % , en peso/ volume, en peso/peso ou en volume/volume

Materias ou ingredientes inertes: Produtos que se engaden ao fitosanitario e que non teñen ningunha acción mais que facilitar dosificación e aplicación, así como mellorar o reparto da substancia activa e diminuíla súa acción tóxica para o usuario ao quedar esta diluída. Poden ser produtos sólidos ou líquidos.

Aditivos: dan maior seguridade aos preparados ( colroantes , odorizantes)

Coadxuvantes: engadese para mellorar as caracteristicas do fito

Tensioactivos: mellor mestura aceite / auga

Adherentes aumentan a viscosidade 

Mollantes: aumentan a superficie das gotas

Dispersantes: aumentan a homoxeinidade do producto

Estabilizantes: protexen a materia activa da degradación por as condiccions climaticas.



Formas de presentación dos fitos:

En forma solida: 

Polvo para esparcir: a materia activa esta moída en polvo , nas etiquetas aparece PE ou DP, non necesitan auga. 10 a 15 micras

Gránulos para esparexer ou localizar (GR): productos preparados para o empreo directo, presentan maior tamaño

Microgránulos: 100 a 600 micras

Comprimidos: formulados en forma de pastilla

En forma solida para diluir:

Polvos mollables (PM WP) : formulados separados para aplicar en auga, non son unha disolución senon unha suspension

Polvos solubles( PS SP): a materia activa e soluble en auga , presentase en forma de polvo .

Gránulos solubles en auga e gránulos dispersables

En forma líquida:

Líquidos ou concentrados solubles (SL): formulado onde a materia activa é un líquido soluble capaz de formar unha verdadeira disolución en auga.

Concentrados emulsionables (CE ou EC): a materia activa non é soluble na auga, co que se forma unha emulsión de aspecto leitoso que non é estable.

Suspensións concentradas (SC):  suspensión dunha(s) materia(s) activa(s) sólida (s) finamente moída (s) nun líquido, que debe aplicarse despois da súa dilución en auga.

Suspensións de cápsulas (CS): nestes formulados as partículas de materia activa están envoltas nun plástico e forman microcápsulas porosas que se manteñen en suspensión nun líquido.

Formulacións de ultra baixo volume (ULV): formadas por unha materia activa, un disolvente orgánico e coadxuvantes, que permiten a aplicación de volumes de caldo da orde de 1-5 l/ha e reducen o tamaño das gotas.

Outras formas : aerosoles , gas 

Clasificacion dos fitosanitarios:

Segun ambito de aplicación:

Fitosanitarios: os utilizados no ámbito da sanidade vexetal.

De uso gandeiro: os destinados a empregarse no entorno dos animais ou nas  suas actividades .

De uso na industria alimentaria: desinfeccion de alimentos.

De uso ambiental: produtos destinados a operacións de desinfección, desinsectación en locais públicos ou privados.

Para a hixiene persoal: aqueles preparados útiles para a aplicación directa sobre o ser humano.

Para uso doméstico: calquera dos definidos anteriormente e aque poidan ser utilizados  por persoas no cualificadas



Segundo a finalidade:

Insecticidas: actúan sobre os insectos

Acaricidas: Actúan contra os ácaros, se poden clasificar en adulticidas, larvicidas e ovicidas.

Herbicidas: actúan contra as “malas herbas”.

Nematicidas: combaten ós nematodos.

Funxicidas: actúan sobre os fungos que atacan ós cultivos (mildiu, oidio, fusarium...).

Bactericidas: a súa misión é a loita contra as bacterias causantes de enfermidades.

Molusquicidas: substancias químicas que se empregan para a loita contra caracois e limacos

Rodenticidas: productos químicos, de orixen inorgánico ou vexetal, que se empregan na loita contra roedores,

Desinfectantes de solos:  se aplican ao solo e se volatilizan.

Repelentes: repelen os insectos

Atraíntes: Atraen os insectos

Segun o comportamento na planta:

Sistémicos: chegan ao seu zume o que fai penetrar en todas as suas partes

Penetrantes: solo penetran na zona dodne se aplicou

De contacto: quedanse na superficie da planta , se chove malo.

Segun o tempo de actuación:

Acción de choque: productos que actuan sobre a praga inemdiatamente pero non aguantan

Accion residual: a longo prazo son efectivos

Segun o modo de acción contra pragas:

De contacto: actúan o entrar en contacto ca praga ou enfermidade.

De inxestión: actúan ao ser inxeridos pola praga.

De inhalación: actúan sobre a praga a través do seu aparato respiratorio

Segundo a especifidade:

De amplio espectro ou polivalentes: actúan sobre diferentes pragas ou enfermidades, á vez.

Específicos: sólo actúan sobre un tipo de praga ou enfermidade.

Segun ao grupo quimico ao que pertencen: 

Insecticidas inorgánicos: son fitosanitarios cuxa composición carece de átomos de carbono.

Insecticidas orgánicos de síntese: Chamados orgánicos de síntese porque non se atopan de forma natural no medio ambiente. Pódese distinguir entre:



Convencionais:

Organoclorados: produtos orgánicos con varios átomos de Cl na súa molécula. Actúan por contacto e inxestión. Son persistentes nas planta

Organofosforados: derivados dos ésteres de ácidos,Actúan por contacto, inxestión e incluso por inhalación dos seus vapores.

Neurotóxicos, xa que actúan sobre o sistema nervioso pola súa acción sobre as colinesterasas. Non se acumulan nos tecidos animais.

Carbamatos: son derivados do ácido carbámico; posúen boa acción de choque, gran persistencia e incluso

Piretroides:  Actúan por contacto e inxestión, non teñen poder de penetración. Atacan a totalidade do sistema nervioso dos insectos

Neonicotinoides:  O seu modo de acción é mediante o bloqueo irreversible da acetilcolina a nivel do sistema nervioso central do insecto, provocando parálise e morte do mesmo.

Biorracionais: 

Análogos da hormona xuvenil: manteñen o insecto en fases xuvenís, evitando que cheguen a converterse en adultos fértiles.

Inhibidores da síntese da quitina: Ao inhibir a síntese da quitina, evítase que os insectos poidan desarrollarse con normalidade.

Análogos da hormona da muda: adiantan o proceso da muda, facendo que os individuos que chegan a adultos, sexan inmaduros e inviables para a vida.

Antagonistas da hormona xuvenil: o insecto é incapaz de mudar, pero empeza a comportarse como si fose a realizar a súa metamorfose, deixando de comer e morrendo.

Acaricidas: produtos tóxicos para os vertebrados e especialmente tóxicos para os peixes,con boa acción de choque e persistencia á vez soen ser mesturas de distintas materias activas.

Especificos (convencionais e biorracionais) e non especificos con mais pooder.

Herbicidas : fitosanitarios que se empregan para eliminar as plantas que medran nas teerras

Herbicidas de contacto: actúan sobre calquera das malas herbas tratadas, polo que, débense aplicar con coidado de non mollar tamén a superficie foliar do cultivo

Herbicidas de translocación interna que actúan a través do zume da planta, entrando nas mesmas a través das súas follas, e chegando, incluso, ata a raíz.

Herbicidas remanentes: son máis persistentes, o seu modo de acción é creando unha capa de produto sobre o solo, de forma que, ao emerxer a “mala herba”, esta entra en contacto co produto

Herbicidas segundo a súa finalidade: Herbicidas selectivos: O seu efecto dáse sobre unhas especies e non en outras. – Herbicidas totais: son aqueles que destrúen todo tipo de plantas.

Herbicidas segundo a forma de actuación sobre as malas herbas:

De contacto , residuais e sistemicos.



UD 6 : TECNICAS DE PREPARACION DE FITOS

1er paso: calcular dose de aplicacion( sae na etiqueta en l/ha se e liquido , kg/ha se e solido)

2o paso: mestura do produto con auga (caldo) a cantidade a utilizar depende do tipo de cultivo, en cultivos leñosos 800 a 100 l/ha e en herbaceos de 300 a 600l/ha

O obxectivo e que o producto quede uniformemente distribuido e que non haxa perdas ou quede escaso.

Para calcular a dose de xeito correcto debemos ter en conta os seguintes datos:

Dose recomendada do produto (reflectida na etiqueta: 2 kg/ha, por exemplo)

Anchura da zona de traballo (5 m, por exemplo)

Lonxitude da zona de traballo (100 m, por exemplo)

Gasto de caldo fitosanitario (10 máquinas, por exemplo)

Para a preparación do caldo teremos en conta as seguintes precaucións:

As manipulacións dos fitosanitario convén facelas ao aire libre, protexidos do vento ou en locais amplos e ben ventilados.

Hai que ler moi ben, antes de facer nada, as indicacións recollidas na etiquetaxe do produto, pois poden axudarnos a facer unha boa mestura e poden reflectir certas limitacións que hai que ter en conta.

Non hai que esquecer que segundo a categoría toxicolóxica de cada produto, é necesario un equipo axeitado para a súa manipulación (máscaras, luvas, gafas, traxe completo, etc.).

É necesario ser o máis exacto posible coa dose recomendada, xa que un exceso ou defecto pode non só facer fracasar o tratamento, senón incluso dar lugar a efectos indesexables.

Do mesmo xeito, debe prepararse unicamente a cantidade de mestura que se calcula que se vai empregar, xa que preparar en exceso pode levar a contaminacións ambientais, ademais de perda económica.

No caso de non ter experiencia nas mesturas, é recomendable pedir asesoramento aos técnicos ou aos vendedores. 

TÉCNICAS DE APLICACIÓN:

Os principais obxectivos da aplicación son os seguintes:

Aproveitar ao máximo os produtos aplicados co fin de reducir tanto os custos como o impacto ambiental.

Maximizar o rendemento do traballo.

Conseguir a máxima eficacia posible, dende os puntos de vista económico e agronómico.

METODOS DE APLICACIÓN:

-Espolvoreo: metodo rapido e sinxelo , distribucion en forma de po mediante unha corrente de aire.

Vantaxes: sencillez , mayor rapidez de aplicacion, permite tratamentos en lugares con escasez de auga, equipos sencillos e economicos.



Inconvenientes: maior gasto de materia activa por superficie , maior influencia das condiccions climaticas, maiores riscos para o aplicador, menor persistencia, pouca adherencia a planta, incontrolado en dias de vento.

-Pulverizacion: en forma liquida mediante gotas , 2 tipos:

Pulverizacion con recubrimento total dos organos: tipica dos praguizidas de contacto que deben cubrir a superficie

Pulverizacion mollante: adecuada para praguizidas sistemicos

Factores que inciden na calidade de aplicacion:

a) Tamaño das gotas ( canto menor tamaño mais fino e mais cubre)

Mollar a planta (sistemicos) , gotas grandes para que poden secar mais rapido para que a planta absorba materia activa.

b) Cobertura : num impactos por cm2

c)Alcance gotas e penetración: debido a presion poden penetrar mais na planta

d) Penetración: Capacidade das gotas para introducirse na vexetación e asi chegar aos organos da planta.

e)Deriva: parte da pulverizacion que non chega a planta

f) Movemento de gotas: 

g)Presión:  maior presion menor tamaño de gotas, tamen maior caudal e veelocidade das gotas (mas alcance , mas penetracion)

h) Boquillas: a eleccion vai sobre a natureza do tratamento , cobertura requirida, eficacia do tratamento, menos contaminacion

Metodos de pulverizacion:

Chorro proxectado:  o chorro sae da boquilla gracias a presion sometida polao bomba, as gotas proxectanse pola sua propia enerxia cinetica.

Chorro transportado:  as gotas saen mediante unha corrente de aire.

   Transportado mecanico: gotas formanse nas boquillas

   Transportado neumatico: a corrente de aire forma as gotas

Fumigación: aplicacion en forma de vapor , As mais utilizadas son: 

Fumigantes: son produtos fitosanitarios que a temperatura ambiente son gases ou líquidos con baixo punto de ebullición.

Tiras impregnadas: son de papeis impregnados cun produto que se evapora lentamente.

Sublimables: son formulacións que en contacto coa calor pasan da forma sólida-líquida a gaseosa.

Aerosois: Son formulados envasados a presión, non se usan na agricultura e teñen uso doméstico.

Gases: Consiste na aplicación do produto en forma de gas e require a intervención de persoal especializado.

Outros metodos de aplicacion: 

Aplicación de gránulos:  de 0,3 a 1 mm , non lles afecta o vento pero cuibren menos a planta

Aplicacion de cebos: preparados para atraer ou repeler insectos

Tratamentos vía rego: mediante a via de rego

Aplicacions no solo: enterranse os granulos que logo emitiran gases q se mezclan co aire do solo.



UD 7: MAQUINARIA DE APLICACION DE FITOSANITARIOS

Espolvoreo: 

Espolvoreadores manuais ,  accionados polo operario. (de fuelle ou mochila)

Espolvoreadores de traccion mecanica ( por toma de fuerza) con tolva, boquilla , toma de fuerza e enganche a 3p.

Podense clasificar : de ventilador ou de fuelle mecanico

Espalladores: para aplicacion de polvosç

Pulverizacion: 

De chorro proxectado : por presion hidraulica ( mochial de toda a vida)

De chorro transportado: efecto venturi

Equipos mecanicos (atomizadores) : xeran unha nube de gotas finas 

Equipos neumaticos:  unha corrente de aire na que se desposita unha lamina de caldo e o que xenera unha nube en forma de niebla.

Tipos de bombas: 

De pistón