A estrutura da industria española padece na actualidade algúns problemas que lle restan competitividade e dificultan as vendas no mercado exterior.
Estes problemas estruturais son:
A dimensión media das empresas e das industrias é reducida, pois a maioría(99% en 2008) son pequenas( menos de 50 traballadores) ou medianas(de 51 a 250). Teñen as vantaxes de reaccionar con maior axilidade e flexibilidade ante os cambios que caracterizan a industria actual e de presentar menor conflictitividade laboral. En cambio, os seus productos son máis caros, e menos competitivos, porque o seu pequeno tamaño non permite economías de escala nin grandes investimentos en investigación e modernización. Pola súa banda, as grandes empresas(máis de 250) son poucas e están a moita distancia das maiores da Unión Europea.
A investigación einnovación son insuficientes. O investimento en I+D( Investigación e Desenvolvemento) é menor que o dos países europeos máis avanzados. Ademáis aparece moi concentrado desde o punto de vista sectorial nas ramas máis dinámicas como a química, farmacéutica, material de transporte, maquinaria e aeroespacial), empresarial( nas grandes empresas) e territorial( en Madrid e Cataluña).
Non obstante, nos últimos anos, a esixencia de competitividade incrementou a adopción de tendencias innovadoras por parte das pequenas empresas, especialmente nas areas onde se crearon redes de cooperación empresarial.
A creación de tecnoloxía é insuficiente e dependente. España crea pouca tecnoloxía, debido ao insuficiente investimento en investigación e á escasa integración entre a universidade e as empresas (a universidade ocúpase máis da investigación básica, que da súa aplicación práctica para as empresas). Polo tanto, é necesario recorrer á compra de patentes, que resta competitividade aos productos e produce un déficit permantente na balanzá de pagamentos tecnolóxica.
Respecto ás consecuencias da incorporación á Unión Europea en 1986, podemos destacar que supuxo para a industria española novos retos e vantaxes:
Os novos retos foron a integración nun mercado moi competitivo e a adopción da normativa industrial comunitaria: regulacións técnicas e sanitarias dos productos, supresión dos monopolios empresariais, eliminación das axudas estatais ás
empresas, dado que alteran a libre competencia ..
- As vantaxes da integración, foron un aumento do mercado para os productos españois, a desaparición dos aranceis comerciais, unha maior accesibilidade ás innovacións e a entrada de capital.