Representa a tendencia tradicionalista que se mantivo fiel ao legado decimonónico. É autor dunha soa obra poética, Do ermo (1920), a cal tivo varias edicións (1904, 1910, 1920, 1929 e 1946), cambios de título (inicialmente chamouse Montañesas) e ampliación e supresión de diversos poemas. No seu lirismo, o canto á paisaxe e aos costumes constitúen o eixo principal. Na obra de Noriega distínguense dúas liñas básicas: - A poesía costumista e ruralista. Nun primeiro momento, e tras un frustrado comezo como poeta cívico e combativo, retomou a estética decimonónica, caracterizada polo seu realismo costumista. Esta poesía caracterízase polo dominio da lingua e da métrica popular e por unha temática na que predominan os motivos paisaxísticos e a glosa dos costumes, das tradicións e da vida dos campesiños da montaña luguesa. - A poesía lírica pura. Supera o realismo costumista anterior. Os motivos seguen sendo os mesmos (o campo e a vida montañesa) e tamén o é a lingua que emprega (a fala popular da súa terra); non obstante agora é o propio poeta quen se aproxima á natureza e canta os seus elementos máis sinxelos e humildes, empregando un ton emotivo: é o que se coñece como estética franciscana. Son creacións desta fase os poemas que se acrecentaron na primeira edición co título Do ermo (1920), que inclúen tamén os seus sonetos de inspiración clásica.Esta nova orientación dálle o nome de “Poeta da montaña”. - Noutros poemas, sonetos, aparece a influencia do saudosismo portugués e incorpora á
RECUROS SEMANTICOS: comparacion, metafora, hiperbole : exageración, antitese: dos palabras contrarias, ironia, personificacion ,
RECURSOS FONETICOS: fonosimbolismo: repetición dun son, onomatopeia, paronomasia : dous palabras xuntas parecidas como se escriben,
RECURSOS MORFOSINTACTICOS: epiteto: adxetivo que resalta unha propiedade propia do substantivo, enumeracion: acumulacion de palabras, anafora: repeticion dunha palabra ao principio,
paralelismo: repaticion de mesmas estructuras en diferentes verbos ou estrofas
3. As vangardas en Galicia
Manuel Antonio e Álvaro Cunqueiro rompen coa tradición poética galega e seguen a vangarda con obras como ¡Máis alá! (1922) e revistas como Alfar ou Ronsel. A xeración do 22 ou novecentistas aposta por modernizar a poesía en tres liñas: vangardista (ruptura co ruralismo), neotrobadorista (inspiración medieval) e hilozoísta (paisaxe e cultura popular).
6. 2.1. Tendencia neotrobadorista
O neotrobadorismo é un movemento poético que consiste na recreación das cantigas de amigo cunha estética contemporánea. Xorde polo influxo da lectura dos Cancioneiros medievais, popularizándose despois da edición das cantigas de amigo por parte do erudito portugués José Joaquim Nunes entre 1926-1928. O abraio diante das cantigas medievais leva a algúns poetas novos a introduciren nas súas obras elementos do seu estilo (refrán, paralelismo, leixa-pren... e da súa temática (o amor desolado, o desamor, o protagonismo feminino).
Os dous autores máis emblemáticos desta tendencia no período de preguerra son Álvaro Cunqueiro, con Cantiga nova que se chama ribeira (1933) e Fermín Bouza Brey, que publicou algúns poemas no boletín Nós en 1926 (que logo reúne en 1933 en Nao senlleira).
2.2. Tendencia hilozoísta ou imaxinista
O Hilozoísmo ten como principal figura o escritor e xornalista pontevedrés Luís Amado Carballo, autor dos poemarios Proel (1927) e O galo (póstumo, 1928). Trátase dun tipo de poesía vinculada ao brevidade, a sinxeleza, a permanencia da esgrevia de rima e métrica tradicionais, a frecuente personificación de elementos da natureza (prosopeopa), o dinamismo das imaxes (de a denominada dinamicen Imaxinismo), a concepción plástica e unha linguaxe metafórica. Os hilozoístas non identifican na paisaxe, tema tradicional, máis dende unha visión e cuns recursos de raíz vangardista.
2.3. Tendencia propiamente vangardista
Manuel Antonio e Álvaro Cunqueiro representan unha tendencia que asimila, de forma parcial e ecléctica, diferentes movementos de vangarda europeos. Manuel Antonio, de estilo principalmente creacionista, é un artista rupturista, inconformista e antiautoritario, con ideais nacionalistas galegos e anarquistas. No seu manifesto ¡Máis alá!, expón a súa postura innovadora en contraposición á literatura galega da súa época. A súa obra De catro a catro (1928) é unha introspección poética que, a través da experiencia mariña, explora temas de soidade, reflexión existencial e estancamento........Pola súa parte, Álvaro Cunqueiro destaca pola súa receptividade cara á vangarda, reflectida nas súas obras Mar ao norte (cubista), Poemas do si e do non (surrealista) e Cantiga nova que se chama ribeira (neotrobadorista e neopopulista), publicadas antes da guerra.
Na etapa de formación ou pregaleguista (1910-1915) publica os seus dous primeiros libros. Atópase na emigración cubana cando saen á luz No desterro (1913) e Vento mareiro (1915), de grande similitude estética e temática. No formal, apreciamos neles a asimilación da tradición poética do Rexurdimento (métrica e rima tradicional). En canto á temática, expresan a nostalxia do desterrado, polo que son predominantemente intimistas. Tamén atopamos un reducido número de poemas que mostran a voz dun poeta civil que denuncia con versos rabiosos e incendiarios os males do foro e a miseria dos labregos e propaga as ansias de redención do campo galego. Poemas como “A Basilio Álvarez”, “Acción gallega” e “Lume no pazo” convértense en auténticas proclamas anticaciquís e marcan nos anos seguintes o perfil literario do autor, que pasa a ser visto como o herdeiro de Curros. Na etapa de posguerra (1949-1959) vemos como Cabanillas inicia unha segunda madurez creadora. A partir de 1931 Cabanillas enmudece como poeta, pero na década dos corenta volve xogar un papel simbólico fundamental, agora na recuperación cultural galega de posguerra. A esta etapa pertence Camiños no tempo (1949). En Antífona da cantiga (1951), presenta unha selección de cantigas populares galegas de case 900 cantigas, publicada por Galaxia. Nestes anos dá a coñecer dous poemarios orixinais. Da miñazanfona (1954) é un libro con ecos machadianos en que o poeta se refire con voz amarga e ton moralizante á tristeza, á mocidade perdida, á vida e á morte. Samos (1958), escrito arredor de1950 no mosteiro do mesmo nome, son poemas de carácter clásico e descritivo, de inspiración relixiosa e maxistral dominio técnico, en que o poeta procura o seu propio equilibrio interior.
Na etapa mítico-saudosista (1921-1930) segue baixo as coordenadas ideolóxicas do galeguismo. Leva a cabo unha reconstrución mitificadora do pasado nacional, dende unha perspectiva saudosista e centrándose en varios momentos clave: a época celta, a época medieval e a crise do século XV. A esta etapa corresponde Na noite estrelecida (1926), composto por tres longos poemas narrativos ou sagas: “A espada Escalibor”, “O cabaleiro do Sant-Grial” e “O sono do rei Artur”. Neles emprende unha actualización da materia de Bretaña para adaptar a complexa lenda medieval a unha mensaxe patriótica e cristiá, empregando unha linguaxe fortemente simbólica, cargada de misticismo. A lingua poética que emprega é máis elaborada que en épocas anteriores, ateigada de referencias eruditas e de símbolos cultos e de elementos formais do Modernismo: versatilidade métrica, elementos sensoriais e sensualidade, musicalidade e preciosismo verbal, alén de introducir ambientes aristocráticos e exotismo. Nesta década dá tamén a coñecer dúas obras de temática distinta ás anteriores: O bendito San Amaro (1925), con ilustracións de Castelao, onde trata de forma narrativa e en versos populares a lenda creada arredor do citado santo, e A rosa de cen follas (1927). Nesta última retoma a liña intimista e amorosa, en clave modernista, herdada de Rosalía de Castro e Bécquer.
Na etapa galeguista (1916-1920) publica Da terra asoballada (1917). Cabanillas asume o papel do poeta civil e Galiza pasa a ser o suxeito da súa poesía. Obsérvase unha das súas liñas temáticas fundamentais, como herdeiro de Curros: a cívico-social. Transmite as ideas centrais que caracterizan o ideario das Irmandades da Fala: o papel fundamental do idioma, o celtismo, Portugal como prolongación cultural de Galiza, etc. Adopta unha actitude didáctica, de cara a lograr unha aproximación do pobo ao galeguismo, ao mesmo tempo que chama aos galegos a recuperaren o seu orgullo nacional. A oposición labrego (+) / fidalgo, cacique () e aldea (+) / vila () da fase agrarista, transfórmanse agora no conflito Galiza (+) / Castela (), dentro das coordenadas de relacións oprimido / opresor coas que analiza a realidade social.
O texto é unha banda deseñada de Luís Davila que representa unha conversa entre dúas persoas interrompida por unha terceira. O obxecto da conversa das dúas primeiras é alguén galego-falante, que suscita a sorpresa delas -ou talvez indignación- pola lingua que fala: “Habla siempre en Gallego! E tamén desperta nelas a curiosidade e a especulación sobre que tipo de persoa será alguén que sen parecer rural e sen cultura académica, se expresa en galego con naturalidade. Tentan entón atribuírlle outras características: “Debe ser nacionalista galego” –di unha delas- “O es maestro de Galego” –di a outra. É entón cando intervén a terceira personaxe –unha moza que traballa co computador na mesa próximadicindo: “Ou galego E PUNTO!”, en que “E punto” aparece enfatizado en maiúscula para expresar o ton irritado. A intención comunicativa de Davila é evidenciar os prexuízos lingüísticos que existen sobre a nosa lingua. O tipo de prexuízo que percibimos no texto é dos novos, daqueles que xurdiron cando o galego comezou a estenderse por todas as capas sociais e todos os ámbitos académicos e profisionais e que provocou a readaptación dos perfís galego-falantes que non responden ao esquema de “galegofalante, rural e con baixa formación académica”; polo que procuran argumentos na ideoloxía (nacionalista) ou na actividade profisional (profesorado de LeLG). Trátase dunha reformulación do vello prexuízo: “galegofalante = rural, vello e con baixo nivel académico” ao concepto “galegofalante = “urbano, novo, con nivel académico” que, ao non cadrar cos esquemas ideolóxico-sociais, encamíñase a outras atribucións pretensamente descalificadoras: radicalismo ideolóxico, pose intelectual ou afán de notoriedade (como por exemplo: “Ahora se le dá por hablar Gallego”).
CONCLUSION
Os prexuízos son valoracións baseadas en ideas falsas ou no descoñecemento, que xeran actitudes e comportamentos negativos. Aínda que todas as linguas poden ser obxecto de prexuízos, as linguas minorizadas, como o galego, sofren máis debido á súa situación fronte á lingua hexemónica. Isto crea un conflito lingüístico, onde os falantes adoitan usar a lingua dominante en contextos formais e a lingua minorizada en ámbitos informais. ....Esta situación só se pode resolver a través dun proceso de normalización lingüística; isto é a súa recuperación en todos os ámbitos de uso para que teña un desenvolvemento normalizado. - A través da substitución lingüística, cando a propia comunidade lingüística abandona a lingua B e asimila a lingua A, dominante.
Para concluír, o estímulo reflicte os prexuízos contra o Galego que aínda se dan na nosa sociedade e evidencia o conflito lingüístico entre as dúas linguas do noso territorio.
Prexuízos estéticos : Basados en la percepción subxectiva de la sonoridad del idioma, con expresiones como “O galego é unha lingua bruta” o “A gheada soa mal”. También existen prexuízos falsamente positivos, como “O galego é doce”. Sin embargo, todas las lenguas pueden ser melódicas y expresivas en distintos contextos.
Prexuízos socioeconómicos : Asocian o galego con clases sociais ou económicas desfavorecidas, con ideas como “O galego é a lingua dos pobres” ou “Co galego non se vai a ningunha parte”. Esta percepción ignora que el galego no está limitado a una clase social específica y que su conocimiento puede ser útil en el ámbito laboral, especialmente en conexión con el portugués.
Prexuízos socioculturalis : Aínda que cada vez son menos frecuentes, persisten opiniones como que “É de mala educación contestar en galego” o que “Algunhas materias son más difíciles en galego”. Estos prexuízos asocian el uso del galego con falta de educación y limitan a su aceptación en ciertos contextos.
Prexuízos cara á recuperación de lenguas minorizadas : A promoción do galego pode verse como unha ameaza para o castelán, normalizando o su dominio y presentando a recuperación do galego como una "agresión" á orde establecida.
Prexuízos cara aos galegofalantes que non encaixan no perfil tradicional : As persoas novas, urbanitas ou cultas que falan galego enfróntanse a estereotipos como o radicalismo ou a notoriedade, en contraste co estereotipo tradicional do galegofalante rural ou de menor educación.
Prexuízos sobre a competencia en galego : Moitas persoas non usan galego por inseguridade no seu dominio do idioma, especialmente a xente nova que non ten contextos suficientes de uso. A falta de oportunidades de práctica no sistema educativo tamén contribúe a este prexuízo.
Prexuízos cara á estandarización : Existe una resistencia á variedade estándar do galego, vista como “artificial” y afastada da lingua “auténtica”. Por eso, toda lengua necesita una norma para el uso formal y académico, algo también necesario no galego para fomentar a su aprendizaxe.