Contraposto: Recurso escultórico da Grecia Cl q consiste na oposición harmónica das distintas partes do corpo. A figura disponse balanceada, de xeito q a perna sobre a que descansa o peso do corpo, en tensión, corresponde co repouso do brazo do mesmo flanco; namentres que a perna oposta, en repouso, se complementa nese lado co brazo en tensión, o que proporciona certo movemento e contribúe a romper a lei da frontalidad, a rixidez e o estatismo.

Foi o escultor Policleto quen o puxo en práctica en obras como o Doríforo, influíndo nas esc do Ren  (David). Praxíteles practicou un contraposto mui parti e elegante den“curva praxiteliana”.

Curva praxiteliana: esquema compositivo utilizado para dotar de certo mov ás figuras e consiste nunha acentuada incurvación da cadeira, deb “S” nun dos seus perfís, e creando así un ritmo de liñas e unha sensación de enorme sensualidade. basada no contraposto de Policleto, e debe o seu nome ao xenial escultor grego Praxíteles.

Escultura de vulto redondo ou exenta: Arte de representar as figuras nas tres dimensións reais dos corpos. Aquela que pode ser rodeada polo espectador e contemplada desde calquera punto de vista. Non está encostada a ningún soporte.

Técnica de panos mollados: Téc escu que consiste en presentar as teas completamente adheridas ó corpo humano, como se estivesen molladas, de forma que deixan translucir a anatomía.

Fidias a utilizou no Partenón. O estilo grego dos panos axitados ou tremolantes (430 - 400 a.C.) é a máxima expresión de este tipo de técnica.

Torso: representación (xer escultórica) dun tronco humano, e dicir, sen cabeza nin extremidades. O +  famoso é o torso de Belvedere. Fragmento da estatua dun nú masculino firmado polo escultor Apolonio de Atenas. A retorcida pose e a súa extraordinariamente ben representada musculatura tivo unha gran influencia en posteriores artistas do Renacemento, do Manierismo e do Barroco.

Cúpula: é un elemento arquitectónico, unha bóveda semiesférica que xeralmente cobre un espazo cadrado. A superficie dunha cúpula pode adoptar distintas formas variando en función da forma da planta e o perfil. Para pasar a unha planta circular ou octogonal empréganse as trompas ou pechinas.

Destacan, entre outras, a cúpula do Pateón de Agripa, a de Santa Sofia de Constantinopla, a de santa María das Flores en Florencia e la de San Pedro do Vaticano.

Nártice: Pórtico que se construía á entrada das basílicas paleocristiás e bizantinas, contigua á mesma e reservada ós catecúmenos (non bautizados).

Ábsida: Espazo xer semicircular pero tb poligonal ou rectangular, orientado cara ó leste, que remata a cabeceira dalgunhas igrexas e na q se sitúa o altar. Pode haber unha ou máis ábsidas, sempre número impar e a central de maior desenvolvemento. En ocasións, por exemplo na arte románica e gótica, unha ábsida acolle pequenas ábsidas secundarias que se denominan absidiolas.



Arcobotante: Arco exterior que vai apoiado no arranque da bóveda de cruz e que descarga, sobre o muro ou sobre un contraforte, os empuxes laterais das bóvedas. Característico da arquitectura gótica. Serve tamén para conducir as augas de choiva que baixan do tellado ata as gárgolas a través da canle no seu extradorso.

Arco:Elemento sustentante, que descarga os empuxes, desviándoos lateralmente, e que está destinado a franquear un espazo por medio dun traxecto normalmente curvo.

Doela: Cada unha das pezas en forma de cuña coas que se forma a volta do arco. A central denomínase clave e a primeira, inmediata ó arranque, recibe o nome de salmer.

Clave de arco: A doela central en forma de cuña que pecha o arco. Tamén recibe o nome de clave a peza que pecha as bóvedas de cruzaría (clave de bóveda).

Arco apuntado: Peza arq consti por 2 seg de circunf de igual radio e q forman ángulona clave. Consta de 2 centros no seu trazado. Deno tb arco oxival e xorde polo cruce de 2 arcos de /.

Arco de ferradura: Arco de curvatura superior á semicircunferencia (ultrasemicircular). O centro está por encima da liña de impostas e o peralte é curvilíneo non rectilíneo.

Na arte califal presenta un peralte da metade do radio mentres na arte visigoda o peralte é dun terzo.

Arco de medio punto: Elemento sustentante de traxecto curvo de sección semicircular, de xeito que a frecha é igual á semiluz.  Posiblemente o arco máis usado na har.

Arco faixón: aquel que atravesa perpendicularmente a bóveda e ten como función cinguir da mesma para reforzala. Disponse transversalmente ó eixo da nave.

Normalmente chamáselle así se son arcos de medio punto; se compre a mesma función e disposición, pero en forma apuntada, denomínase perpiaño.

Arco formeiro: Arco q salva o espazo entre 2 soportes (colum, piar ou muros), disposto paral ó eixo lonxitudinal da nave, e q separa nave central das laterais. No romá soen ser /.e no gótico oxival.

Arco peraltado: Arco de medio punto que prolonga en recto o seu arranque de xeito que supera a media circunferencia, sendo a frecha (altura real do arco) maior que o radio ou semiluz (metade da anchura do arco). Tamén se pode definir como aquél no que o centro da semicircunferencia está por riba da liña de impostas.

Arco rebaixado: Arco de medio punto de curvatura inferior á media circunferencia, sendo a frecha (altura real do arco) menor que o radio ou semiluz (metade da anchura do arco).

Tamén se pode definir como aquel no que o centro da semicircunferencia está por debaixo da liña de impostas.

Arquivolta: Cada unha das roscas ou molduras dispostas de xeito concéntrico en torno dun arco. O conxunto de arquivoltas crea unha portada abucinada. propias da arq románica e gótica presentando habitualmente decoración tanto figurada coma xeométrica